Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Sábado, 20 de Maio de 2006

Benigno Sánchez anuncia unha segunda canle da TVG

Información de Galicia Hoxe

O director xeral da Compañía Radio Televisión de Galicia, Benigno Sánchez, anunciou onte no Parlamento que a televisión autonómica terá unha segunda canle antes de que finalice este ano. Tamén asegurou que "o maior proceso de cambio nas grellas" na historia da radio e a televisión galegas vivido nos últimos sete meses "non está a ter custos en termos de audiencia".
Considerou ademais un "razoable bo comportamento" o total de audiencia diaria da TVG, cunha perda de algo máis dun punto no último medio ano, que relacionou coa retirada das telenovelas que ocupaban 5 horas e coa aparición de novas cadeas como Cuatro e laSexta. Así eloxiou o cambio cualitativo na programación, especialmente a eliminación das telenovelas, a pesar de que supuxo unha redución na cota de pantalla na tarde do 22 ó 6,8%.
"A perda de audiencia de algo máis dun punto no total do día ten para nós un valor ben escaso", enfatizou, para denunciar que 20.000 nenos galegos vían diariamente a telenovela Paixón de gabiáns, no horario que actualmente ocupa o programa infantil Xabarín Club.
No mesmo sentido, explicou que a citada telenovela "convocaba" a un de cada dous nenos que vían a televisión en Galicia e que o grupo de idade entre os 4 e os 12 anos era o máis fiel seguidor da serie, polo que se preguntou "onde quedaron agachadas ata hai uns meses as normativas de protección da infancia".
En canto á Radio Galega, subliñou que "algo está a cambiar en positivo" e apuntou que a primeira onda do EGM da que foron responsables os novos xestores, a terceira de 2005, "deu os mellores resultados na historia" da radio autonómica.
Pola súa banda o deputado do PPdeG Diego Calvo non compartiu a valoración do director xeral da compañía e denunciou que "a manipulación chega a tal extremo que se usan os datos como convén".
Así, pediulle a Benigno Sánchez que comparase datos das mesmas ondas do EGM e indicou que a Radio Galega perdeu un 7,6% de oíntes entre o primeiro trimestre do 2005 e o mesmo período de 2006, deixando fóra a audiencia da fin de semana.

"Os peores datos de audiencia da historia"

No caso da televisión, asegurou que rexistra "os peores datos de audiencia da súa historia", caendo por debaixo do 14% de audiencia media. "E supérase mes a mes", asegurou Diego Calvo, que afirmou que entre o ano pasado e o presente exercicio, a TVG rexistrou baixadas na audiencia do 11% en febreiro, do 19% en marzo, do 21% en abril e dun 31% no que vai do mes de maio.
Ademais, acusou o director xeral da CRTVG de "sacar peito" coa nova programación, a pesar de que "non hai ningunha novidade na grella" nos 25 programas máis vistos durante o mes pasado de abril. "Como ten a cara de mentir desa maneira?", espetoulle finalmente.
"Déixame vostede perplexo", replicoulle Sánchez, que á súa vez tamén acusou o "popular" de "torcer a realidade" e de "impaciencia" á hora de valorar a actuación dos novos xestores da CRTVG.

As citas

Benigno Sánchez

"Xa é constatable un claro cambio no perfil da audiencia porque as persoas de entre 25 e 44 anos representan dous puntos porcentuais máis na audiencia"

"Paixón de Gabiáns reunía a un de cada dous nenos que vían a televisión en Galicia. ¿Onde quedaron agachadas ata hai uns meses as normativas de protección da infancia?"

"A TVG está desempeñando un importante papel como transmisor cultural, en concreto, a TVG incrementou nun 41% a súa programación cultural, e triplicou a programación infantil"

Diego Calvo (PP)

"Non estamos oprimidos respecto ó pasado só maltratados respecto ó presente xa que os medios públicos galegos se encontran en caída libre"

"O director xeral da CRTVG está a sacar peito coa nova programación, a pesar de que non hai ningunha novidade na grella nos 25 programas máis vistos durante o pasado mes de abril"

"A televisión de Galicia rexistra os peores datos de audiencia da súa historia, caendo por debaixo do 14 por cento de audiencia media. E estase a superar mes a mes con baixadas na audiencia do 11 por cento en febreiro"

Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Sida