Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 23 de Maio de 2006

Axudas á producción audiovisual

Acábase de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de Axudas para a producción audiovisual. A partires de hoxe iníciase un prazo de 30 días para presentar os proxectos.

Sen tempo non era, pero por fin chegou a primeira convocatoria de axudas do novo goberno. Se esto acontecese noutro ano os productores estarían botando chispas porque o tempo para a realización dos proxectos sería mínimo, sen embargo por primeira vez se inclúe na orden de subvencións a plurianualidade das mesmas, un punto lóxico, necesario e máis que demandando pero que se atopaba coas trabas de "non ser compatible" coas partidas orzamentarias políticas que se aproban ano a ano, algo que nas películas, non se pode facer.
Fora deste aspecto. As axudas á producción deste ano deixaronnos algo descolocados. É certo que se poñen de manifesto importantes cambios e que nos gusta o texto en moitas das súas resolucións, sen embargo e no referente á "nacionalidade dos filmes" e á "lingua da rodaxe" dos mesmos non rematamos de estar convencidos.
A modo de resumo, a convocatoria de axudas á producción audiovisual 2006 conta coas seguintes características:

Tipos de proxectos que optan ás axudas

Longametraxes de ficción
Longametraxes de ficción escritas ou dirixidas por galegos con custe inferior a 1.200.000 Euros.
Longametraxes de animación
Longametraxes documentais
Documentais de creación
Documentais de difusión cultural vencellados á cultura galega, memoria histórica ou patrimonio.
Peliculas para Televisión.
Capitulos piloto de series de animación.
Contidos interactivos.

Neste senso queda patente o peso que esta a coller a Animación dentro das axudas que saiu moi reforzada de tódalas convocatorias deste ano.

Partida Orzamentaria
Para estas axudas hai destinados algo máis de 4.700.000 Euros que serán repartidos en 3 anualidades. 2.600.000 o primeiro ano, 1.100.000 o segundo e 1.000.000 o terceiro.

Modelos de producción
Produccións ou coproduccións maioritarias galegas: Entendese por esto, os filmes rodados en galego que conten con máis dun 50% de capital galego. Tamén as coproduccións non rodadas en galego que conten cun 51% de capital galego nunha coproducción bipartita, un 34% nunha tripartita ou un 26% nunha cuatripartita.

Produccións minoritarias galegas: Produccións que conten cunha participación de capital galego superior ó 10% e inferior ó 51%. Estes proxectos optarán a unha axuda máxima de 200.000 Euros, 100.000 ou 200.000 (dependendo do proxecto) menos que o modelo anterior.

E neste punto nos gustaría facer un inciso. É a primeira vez que se fai unha distinción deste tipo nas subvencións. En principio hai un punto positivo que é que a distinción implica unha axuda máxima menor que pode ser avaliada como máis ou menos importante e que cando menos evitará que se fale de filme galego cando a producción non chega ó 10% algo que pasaba ata o momento.
Por outra banda, esta distinción non nos deixa "contentos". É certo que por primeira vez se establece un baremo para decidir que é galego e que non, o interminable tema que sempre está no debate. Desde aquí consideramos que o debate sobre a nacionalidade dos filmes ten pouco sentido, está obsoleto e está a ser utilizado en beneficio de varias empresas. Falar de que queremos filmes galegos é un puro eufemismo, o que queremos son películas rodadas e distribuidas en galego, e hai que comezar a chamarlle ás cousas polo seu nome. Non importa o capital, nin o equipo técnico que xa estamos afeitos a que veña de fora, a principal demanda é que os galegos teñamos a posibilidade de ver filmes que foron feitos en galego e mentres se desvíe a atención sobre outros temas como a tan abstracta "nacionalidade" nunha obra colectiva, o único que imos conseguir é que se cumplan uns mínimos desa nacionalidade para respetar ordes pero nunca unha cinematografía que sexa "galega" desde o seu idioma. É probable que esto sexa unha utopía e que dependa en grande parte das opcións persoais dos propios autores, sen embargo non nos parece xusto etiquetar con xentilicios productos que so coñecen a orixe do seu capital. Neste senso preferiríamos a honestidade de saber que non hai profesionais interesados en facer filmes en galego e asumir a situación. En todo caso, se eses profesionais existisen merecen máis ca unha limosna de 20.000 (que se otorga ós filmes rodados en galego) e habería que facer distinción porque non temos que esquecer que estas axudas son concedidas polo goberno galego.

Fora desto e para non liarnos máis, a Contía das subvencións otorgarase nos seguintes termos:

Nas longametraxes ata o 20% do orzamento total sen que este supere os 300.000 euros.

Se se trata de Opera Prima ou segundo filme poderá chegar ós 325.000

Nos filmes para TV o 20% sempre inferior a 120.000 Euros.

Longametraxes de animación, ata un máximo de 400.000 Euros.

Os filmes rodados en galego terán unha bonificación de 20.000 euros.

Os documentais poderán optar ó 30% do seu orzamento sempre que non exceda os 60.000 euros.

Os pilotos das series de animación ata 50.000 Euros.

Os contidos interactivos ata o 30% do importe subvencionable.

Se se trata de produccións minoritarias a contía das axudas non poderá superar os 200.000 Euros.

Máis información sobre os requisitos para presentarse e o material necesario para presentarse, nesta orde. Para as longametraxes de animación hai unha folla de inscripción aquí.

Por: Fagot | Monográficos | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009