Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 23 de Maio de 2006

Galiza?... de cine?

Asdo.
Nem Tele Nem Gaitas

Se a TVG fosse um espelho da cultura galega, calquera televidente que a semana passada lhe botasse umha olhada teria a sensaçom de que o distinguido com o Dia das Letras Galegas em 2006 nom foi outro que… Xabier Villaverde. Por que? Por que a programaçom “especial” dessa semana na canle autonómica consistiu em emitir tres días seguidos as tres fitas asinados polo director corunhes (13 Campanadas, Finisterre e Continental, dobradas ao galego). Questiom aparte é debater que nom se emitam estes dias longametrages RODADAS em galego (impossivel encher umha semana), mas o que si volve é a discussom, tam de moda meses atrás, de que é (se é que existe) o Cinema Galego.

Coincidindo tamem (como nom) com as Letras Galegas, o jornal La Voz de Galicia começou a entrega os domingos da série de dvds que deu em chamar “Galicia de Cine”, seguindo a lógica dos jornais espanhois segundo a qual El Mundo distribúe cinema universal (é dicir, ianqui) e El Pais cinema espanhol (e agora tamén “en espanhol”). Claro, á Voz tocava-lhe o cinema “enxebre”.

E polo visto esta “escolma” vem a reproducir, com o patrocínio da Conselharia de Cultura, os erros de conceito que venhem acompanhando ao audiovisual galego nesta súa primeira década de vida “professional”. Para comezar, o título. Um pensa que “Galicia de Cine” recolherá LONGAMETRAGES estreadas en salas de cinema e feitas por empresas e/ou persoas GALEGAS. Pero nem umha cousa nem outra. Trata-se, coma nos anuais prémios do audivisual, dumha mestura de longas, curtas, documentais (até aquí, aceitamos barco), telefilmes e… séries! (esso si, só as produzidas pola própria Voz).

E diremos, coma quando esto se discute (cada ano) com motivo dos prémios: é que se nom, nom se dá feito umha coleiçom, só com produto nacional. Pero esto é duplamente incorrecto: si que se pode acadar um número de 10 ou 12 pelis dignas rodadas por galegos; e nom todas as que inclúe a Voz o som. Se nom, por que inclúe “La lengua de las mariposas”. Das pelis feitas aquí, é das que menos equipa galega tiverom. Cuerda é de Albacete… por que esta si e outras (Mar Adentro, Los lunes al sol) nom? Porque co-produzia o grupo Voz?

E para que pensam que serve o formato DVD? Para rematar de fastidiar, as pelis rodadas em espanhol (por exigências no seu dia das distribuidoras) venhem só en versom dobrada ao galego. E assi vemo-nos obrigados a ver a Fernan Gomez ou a Juan D Botto com outra voz. E os técnicos de audio galegos que trabalharom nessas pelis nom podem ver (perdom, escoitar) o seu trabalho. E ja postos a aproveitar o contido dos discos, podiam repartir as curtametrages (que teram menos demanda) acompanhando às longas, e nom num único dvd.

Total, que queda para outra a possibilidade de ter um anaco da estanteria adicado ao cinema galego.

Por: Fagot | A Debate | Comentarios (7) | Referencias (0)

Comentarios

En canto a este artigo a min gustaríame puntualizar algunhas cousas sen entrar a valorar nin a lexitimar nin deslexitimar ningunha das posturas.
Primeiro: A selección das coleccións de dvd están fortemente marcadas pola cesión de dereitos que algunhas productoras queiran facer dos seus productos (hai algunhas que non ceden nada pagues co que pagues, léase "Sogecable"). Logo as seleccións non son tales senón "unha escolma de posibles".
Segundo: A propietaria dos dereitos das series non é a Voz senón a TVG que pusúe tódolos dereitos sobre a producción externa.
Terceiro: Con respecto ás curtas non me atrevo a dicir se é mellor que acompañen ós filmes ou que vaian por separado, o que está claro é que por primeira vez o espectador galego vai ter a oportunidade de mercar curtas e eso parece positivo.

En resumo, si, imaxínome que queda para outra a posibilidade do anaco de estantería, pero igual dá para un anaquiño ;)

Fagot | 23-05-2006 03:04:34

¿por primeira vez o espectador galego vai ter a oportunidade de mercar curtas galegas?.

http://www.culturagalega.org/noticia_arquivo.php?i...

Nova | 24-05-2006 18:26:43

Gracias polo apuntamento. Si, falar de "primeira vez" é algo excesivo. O que esta claro é que non é común.
Pero si que houbo casos, eu teño "Mamasunción" e "Esperanza" en VHS de "El Correo gallego". Tamén podemos falar de "Hai que botalos" que tivo unha distribución bastante potente.
Aínda así non temos tantas oportunidades como para poder queixarnos das que saen ¿non?

Fagot | 25-05-2006 01:11:35

É certo, calquera ocasion é boa para disfrutar/promocionar os traballos audiovisais galegos ou feitos por galegos.

Nova | 25-05-2006 23:07:02

Eu creo que lamentablemente con este tipo de cousas non nos queda outra que ser conformistas. Evidentemente as cousas nunca se fan como deberan, pero "algo" e sempre mellor que nada e aínda que soe triste, no referente á distribución audiovisual estamos aínda nese nivel.

Fagot | 27-05-2006 14:36:08

Cando lin o título pensei que era unha proposta para unha campaña publicitaria ("Galiza? De cine!!").

Nilde | 06-06-2006 12:24:51

A min sóame máis a programa da TVG :)
Galiza de cine, Martes ás 12.30 horas presentado por Chete Lera ;)

Fagot | 14-06-2006 11:21:15

Comentar


Recordar datos