Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 25 de Maio de 2006
Información de Vieiros
O Festival de Cannes serviu esta semana como escenario dun importante paso para o impulso do cinema a través de internet. Hai un ano que a Comisión Europea lles puxera ás empresas cinematográficas unha proposta sobre o futuro dese negocio. Baixo esas recomendacións, representantes da industria europeos e estadounidenses consensuaron un documento para o desenvolvemento do cinema na arañeira.
A Eurocomisión propúxolle aos representantes da industria cinematográfica un documento con recomendacións básicas cara ao estímulo de internet como ámbito de negocio para a distribución e venda de filmes.
O texto propón unha oferta de servizos en liña que privilexien a facilidade de acceso para os internautas, pide estremar o coidado na protección dos dereitos de autor e a colaboración contra a piratería e o desenvolvemento dunha ampla e atrativa oferta de películas. Xigantes como Tiem Warner, Vivendi, EMI ou a BBC asinaron xa a carta. En palabras da eurocomisaria para a Sociedade da Información, Viviane Reding, este chanzo servirá para a promoción do cinema europeo, estimulando o seu consumo e "será un paso clave adiante no desenvolvemento da economía electrónica europea e para a industria de contidos da UE".
Ademais, e coincidindo coa celebración do Día de Europa que acolle o Festival, houbo un acto onde participaron xunto á comisaria Reding diversos ministros europeos vencellados á área audiovisual, coincidindo no destaque da creación neste campo como instrumento para o reforzo "das identidades nacionais e da riqueza das culturas". Todos eles estiveron de acordo na necesidade de priorizar estratexias para axudarlle á difusión do audiovisual europeo.
Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)