Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 25 de Maio de 2006
Información de Galicia Hoxe
A directora xeral de Radio Televisión de España (RTVE) Carmen Caffarell aceptou onte as críticas do deputado do BNG Francisco Rodríguez e pediulle desculpas porque os informativos e telexornais de TVE e RNE no ámbito estatal non emitiron ningunha noticia o pasado 17 de maio sobre o Día das Letras Galegas.
Caffarell argumentou que ese día se xogou a final da Copa de Europa de Fútbol, polo que a segunda edición do telexornal só durou 7 minutos. Para a directora de RTVE, "a actualidade nacional" estaba marcada por moitos temas que facían difícil a inclusión do Día das Letras Galegas.
Ó seu xuízo, todo o relativo á lingua galega tivo cobertura no ámbito autonómico de TVE e RNE, tanto no que se refiré ao acto oficial da Real Academia Galega en Sada como á manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística.
Rodríguez manifestou a importancia que tiña este ano a conmemoración deste día pola reivindicación dun novo estatus para a lingua no próximo Estatuto, e neste sentido, contrastou a ausencia de novas de ámbito estatal coa abundante información da que, ao seu xuízo, goza o Día de Sant Jordi. Non obstante, Francisco Rodríguez si recoñeceu que a información ofrecida polo centro territorial de TVE en Galicia foi moi ampla e boa, incluso mellor que a dada pola TVG, asegurou.
A voltas coa emisión do Mundial de Alemaña
Por outra banda a directora xeral RTVE asegurou que TVE é a cadea que "garante a mellor emisión a favor do interese xeral" das retransmisión do Campionato Mundial de Fútbol que se disputa en Alemaña a partir do 9 de xuño, pero mostrouse pesimista sobre a posibilidade de que TVE se fixese cos dereitos desta competición, debido a "prezos inabordables" para a compra dos mesmos.
Na súa comparecencia na Comisión de Control Parlamentario do ente público, Caffarell dixo "temer" que "a lóxica do máximo beneficio e a prevalencia de prezos inabordables para unha cadea pública con limitacións orzamentarias" se imporán sobre "a experiencia, calidade e cobertura" da oferta de RTVE.
Durante a súa comparecencia, tamén foi interrogada pola marcha do proxecto de saneamento e futuro de RTVE actualmente en fase de negociación cos sindicatos. A este respecto dixo sentirse "con confianza" pola marcha normal das negociacións, pero admitiu que estas "van ser duras". "Estamos na fase decisiva, na que todas as partes debemos despregar un grande esforzo de negociación", dixo Caffarel.
Pola súa parte, Montesinos (portavoz do PP) denunciou o proxecto de saneamento, que vincula coa "cesión" de espazo a "certas produtoras".
Por: Fagot | Institucións | Comentarios (0) | Referencias (0)