Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 26 de Maio de 2006
Ponse en marcha unha iniciativa para facer un filme que deununcie os escándalos urbanísticos que afectan á costa galega.
Desde principios de esta semana no foro de Arredemo a rede de acción sociocultural, se está a debatir a posibilidade de facer un filme de denuncia sobre os distintos escandalos urbanísticos que afectan á costa galega con vistas ás próximas eleccións municipais.
O filme, herdeiro de Hai que botalos, película composta por varias curtametraxes de distintos autores que denunciaban a situación política existente en Galiza, prentende facerse coa mesma estructura. As persoas interesadas en participar deben aportar as súas ideas ou traballos sobre o tema para despois facer unha proxección expansiva.
A intención do filme é sacar á luz pública a urbanización ilegal de moitos puntos da costa galega e facelo público antes das eleccións municipais que se celebran no 2007.
De momento, trátase dun proxecto en cernes que naceu co título provisorio de "Hai que evitalos" en referencia á producción anterior pero que actualmente baralla a posibilidade de titularse como "A toda costa".
Podedes aportar as vosas ideas ou poñervos ó tanto de como vai evolucionando o proxecto no Foro de Arredemo
Por: Fagot | Cinema | Comentarios (5) | Referencias (0)
a conto desta historia, acabo de crear unha sección no meu blog dedicada á reflexión/novas sobre a vivenda, presión urbanística na costa, especulación e demáis "motores da economía". Porque non basta cun videofilme, hai qeu artellar un debate ó redor do que ocorre.
Por suposto, canta máis xente se una mellor.
andrés | 02-06-2006 15:06:08
Fagot | 02-06-2006 19:29:12
http://obazardenes.blogaliza.org
as veces falla o servidor blogaliza e non carga o blog, trátao un pouco máis tarde e listo.
A propostas segue en pé. Con todo o que está a pasar en Nigrán co PXOM, co que xa pasou en Vigo, parece xusto que o contemos e artellemos un debate en torno á situació da especulación e presión da costa. Non quero unha Galicia chea de ladrillos no litoral, creo que podemos obter progreso -e sen renunciar ó turismo- pero de xeito máis limpo para o litoral. Deso hai que falar.
andrés | 03-06-2006 20:17:51
boas, no nosa bitácora tamén estamos a denunciar todos os atentados que se están levando a cabo contra o patrimonio e os nosos recursos naturais. Agradecemos toda a información que a xente nos poda facilitar.
Por certo, somos unha asociación cultural de As Pontes
Ismael | 20-06-2006 13:33:43
Noraboa polos blogs, a ver se hai sorte e se consegue que a xente comece a interesarse por tódolos movementos culturais e de defensa do patriomonio que temos en Galiza, xa que actualmente o problema non creo que sexa a falta de movento senon que todos andamos moi dispersos pola nosa xeografía.
Fagot | 21-06-2006 14:00:40