Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Mércores, 31 de Maio de 2006

Remata "A cultura circula"

Información de La Voz de Galicia

A circulación vaise acabar. Esta fin de semana, a proposta cultural participativa baixo carpa terá un fin de festa que, seguindo o lema circense, tentará ser o máis difícil aínda, con máis superficie de lona, máis días de presenza, máis actuacións e máis teatro.
O paseo marítimo do Burgo será o último solar no que a carpa azul que tanto lembra ao País de Nunca Máis deixe ver a silueta tentacular despois de ter descentralizado algúns itinerarios culturais para achegarse ás capitais do interior e percorrer algunhas vilas costeiras menos favorecidas pola programación de espectáculos.
Con desiguais resultados de público, o percorrido que esta fin de semana remata en Culleredo comezou con pouca capacidade de convocatoria na súa estrea en Poio e Lugo, seguiu por baixo das expectativas en Ourense, e mellorou nas restantes citas da xeografía galega, cunha resposta de público que encheu as carpas cando acamparon en Boiro ou en Porriño. No desenvolvemento da xira circular os espectadores responderon mellor nas vilas que nas cidades, cunha asistencia similar para os concertos e o teatro.
As dúas carpas que se repartiron de norte a sur a xeografía galega se refundirán desde hoxe en Culleredo nunha soa con capacidade para 4.500 persoas de pé ou 2.700 sentadas e cunha superficie cuberta de 3.000 metros cadrados.
O esquema fundamental da carpa será o mesmo que nas citas anteriores en Poio, Lugo, Ourense, Ribadeo, Boiro e Porriño. Hoxe e mañá o protagonismo será para os obradoiros e os pasarrúas circenses polas poboacións do contorno.
O venres, día musical; e o sábado, día teatral. A ultranoite móbil producida por Chévere para circular por Galicia, terá ademais dos números fixos que fían o espectáculo producido por Chévere, os acróbatas de Pistacatro máis os músicos da Banda Baliza, como invitados estrela para esta praza a Magical Brothers, trío formado por Luís Tosar, César Martínez Goldi e o músico Piti Sanz.
Os outros números para a noite do sábado foron probados nas outras localidades da xira. Cantará Ugia Pedreira e aos trapecios estarán Merchita Prendida e Raquel Stress. Carlos Meixide ofrecerá o seu memorístico número como O sobrado de Abadín.
Por máis que proceda da alternancia, a carpa segue respectando o carácter familiar dos domingos. Unha sesión para público de todas as idades, pais e nais incluídos coa súa ración de pallasos, a súa dose de maxia e mesmo algo de cultura popular para repartir entre todos completan o cartel no que participarán Berrobambán e que inclúe a música rapeira de Dios ke te crew para pechar sesión.

Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Conciertos en barcelona