Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 03 de Xuño de 2006
Dedicada a Rafa e ós "Coprofilms"

Título Orixinal: Two thousand maniacs!
Ano: 1964
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Herschell Gordon Lewis
Guión: Herschell Gordon Lewis
Interpretes: William Kerwin, Connie Mason, Jeffrey Allen, Ben Moore, Gary Bakeman, Jerome Eden, Shelby Livingston, Michael Korb, Yvonne Gilbert, Mark Douglas, Linda Cochran, Vincent Santo
Producción: David F. Friedman
Fotografía: Herschell Gordon Lewis
Dirección Artística: Lorin D. Hall
Deseño de Producción: David F. Friedman
Música: Larry Wellington, Herschell Gordon Lewis
Son: David F. Friedman, Henry Lieberg
Montaxe: Robert L. Sinise
Sinopse: Un grupo de viaxantes chegan a unha pequena vila sureña que celebra o seu centenario. Pronto descubrirán en que consiste o papel protagonista que lles foi destinado na celebración.
Comentario:
Hai uns días que nos pegaban un pequeno tirón de orellas por falar de splatter prematuro na Sombra de Lester e non falar de H.G. Lewis, así que nos vamos sacar a espiniña :)
Lamentablemente non vimos "Blood Feast" filme dirixido por Lewis un ano antes, sen embargo, son moitas as fontes que sinalan como primeiro filme gore da historia este "2000 maníacos".
A producción en cuestión é desas que teñen o seu punto. O productor, David F. Friedman, foi o que fixo o deseño de producción ademáis de ser sonidista e non se sabe cantas cousas máis. Tres cuartos do mesmo fixo Lewis que escribiu, dirixiu, fixo a música e a fotografía do filme. O que se chama economizar medios (unha pena que se perdera este romanticismo actualmente).
O resultado é algo que che deixa un pouco a medias. Por un lado ten o valor arqueolóxico de que se comece a falar de "gore" con este filme. Por outro ten un desenvolvemento reiterativo que fai que a historia perda peso á media hora de película.
Por dicilo dunha maneira común, é desas pelis que teñen "puntos", e xa está. Un deles é o arranque do filme no que se nos presenta unha vila sureña dos EE.UU. poboada por auténticos dementes que están de festa. Cando rematan os créditos o espectador máis inocente xa sabe de que vai ir o filme e eso fala moi ben da capacidade de narración de Lewis. O inicio é bastante chocante pola personalidade desfasada dos sureños. Sen embargo, a medida que avanza o filme, esa curiosidade que producía a "locura" dos habitantes da vila, pasa a convertirse en tedio pola enorme esaxeración e sobreactuación (ademáis do gore, Lewis é o pai dos Tonechos).
Xunto a esto está o humor, negro, negrísimo, aínda que en ocasións demasiado burdo e incluso de mal gusto. E acompañando ó humor unha sucesión de animaladas. A miña favorita creo que é a que máis lle gustou ó público en xeral e que foi bautizada como o "Barril herrante". A historia consiste en meter a un tipo dentro dun barril de viño, clavarlle cravos por todo o barril e tiralo por unha pendente abaixo. Non hai palabras.
E como non a sangue que corre a raudales e que hai que recoñecer que Lewis soubo usar bastante ben. Neste filme os litros de sangue son os que marcan os tempos do filme e desde logo eso é algo que non aprenderon moitos directores de cine de xénero posteriores.
Resumindo, o filme non é gran cousa, é para momentos de aburrimento nos que necesitas ver mortos. Por outra banda ten o seu punto histórico.
Nota: 5,5
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (2) | Referencias (0)
Subscribo todiño o que dis
(gracias, jeje)
Por certo, teño unha copia remasterizada de "Blood Feast" recén saída do forno Está en V.O. a pelo, pero sei que non che ía importar votarlle un ollo curioso, desde logo os diálogos no son de Mankiewicz :D. Ademáis... ¿poderías resistirte a ver unha peli no que o psicópata protagonista (que é Exipcio, disque) chámase FUAD RAMSES (sic!!!!) xD xD xD
Vémonos!
Rafa | 26-06-2006 14:36:30
Quero ver ese material xa!!!!!!
A Bill Plympton tamén o tiven que ver a pelo, espero que neste caso a comprensión sexa parecida.
Fagot | 26-06-2006 15:59:55