Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 03 de Xuño de 2006
Humor esquivando a censura.

Título Orixinal: Atraco a las tres
Ano: 1962
Nacionalidade: España
Dirección: José María Forqué
Guión: Pedro Masó, Vicente Coello, Rafael J. Salvia
Interpretes: José Luis López Vázquez, Cassen, Gracita Morales, Manuel Alexandre, Alfredo Landa, Katia Loritz, Manuel Díaz González, Agustín González, José Orjas, Lola Gaos, Rafaela Aparicio
Producción: José Alted
Fotografía: Alejandro Ulloa
Deseño de Producción: Antonio Simont
Música: Adolfo Waitzman
Montaxe: Pedro del Rey
Sinopse: Galindo, un empregado dunha sucursal bancaria, canso do seu traballo, decide atracar coa axuda dos seus compañeiros a sucursal na que traballan. Ó principio todos poñen reticencias, sen embargo a situación laboral e económica que viven fará que se replantexen a idea e que poñan en marcha o plan.
Comentario:
Non é a primeira vez que teño escoitado a mítica sentencia: "o cine español é unha merda". Ten pelotas a cousa. De feito é moi fácil calificar toda unha cinematografía de mala cando as referencias coas que se contan son filmes que se popularizaron precisamente porque ó público lles gustaban. O certo é que en España se fixeron filmes que eran unha auténtica maravilla e que probablemente pasarían a moitos libros de historia do mundo de non ser pola política de aillamento á que se vía sometida o réxime franquista e que tiña a súa repercusión en creadores que estaban obrigados a facer productos que con sorte (a censura tamén conta) só servían para consumo propio.
Así, entre a censura interna e a indiferencia do resto do mundo, veu a luz este "Atraco a las 3" unha comedia ácida co trasfondo represor do franquismo e que ven de ser homenaxeada hai poucos anos cun infame remake.
De feito, e sendo un pouco atrevidos, poderíamos calificar este tipo de filmes, igual que algún de Berlanga..., como unha especie de "neorealismo español" no que a falta de poder dicir as cousas con total libertade, se optaba polo envoltorio do humor para falar públicamente dunha situación, a vida no franquismo, que tiña bastantes problemas para facerse pública.
Contaba Pedro Masó, fantástico guionista, que o filme foi escrito en unha semana. Só esto, xa é un feito ó alcance de moi poucas persoas, despois, escribilo que sexa rodado está ó alcance de menos, e escribilo, rodalo e que este sexa o resultado só está ó alcance dos grandes.
Para quenes non a coñeza dicir que é unha das comedias indispensables do cine español que retrata moi ben a realidade dos anos 60 e que explota tanto a tradición picaresca como a figura dos antiheroes, o loitador cotidiano, os homes e mulleres que deben pelexar diariamente contra a súa propia vida e contra unha situación adversa.
José María Forqué, o director, é deses profesionais dos que rara vez se dirá que é un artista, sen embargo e destes homes con oficio que sabe levar á pantalla situacións cómicas ó tempo que nos ensina pequenos retazos de realidade subxacente e que deixan en evidencia certas conductas do réxime e da realidade española.
E como non, José Luís López Vázquez, tremendo, probablemente nunha das súas mellores interpretacións e con momentos deses que son símbolo para o cine español de tódolos tempos.
Nota: 7
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)