Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Domingo, 04 de Xuño de 2006

Serenity

Nada novo sobre as estrelas



Título Orixinal: Serenity
Ano: 2005
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Joss Whedon
Guión: Joss Whedon
Interpretes: Nathan Fillion (Mal Reynolds), Gina Torres (Zoe Alleyne), Adam Baldwin (Jayne Cobb), Alan Tudyk (Hoban Washburn "Wash"), Jewel Staite (Kaylee), Morena Baccarin (Inara), Summer Glau (River Tam), Sean Maher (Simon Tam), Ron Glass (Shepherd Book), David Krumholtz (Sr. Universo), Chiwetel Ejiofor (O Axente).
Producción: Barry Mendel
Producción Executiva: David V. Lester, Alisa Tager, Christopher Buchanan
Fotografía: Jack Green
Deseño de Producción: Barry Chusid
Música: David Newman
Son: Tom Ozanich, Scott Wolf
Montaxe: Lisa Lassek
Vestiario: Ruth Carter

Sinopse: Mal, un excombatente da guerra civil intergaláctica sobrevive coa súa peculiar tripulación facendo pequenos traballos á marxe da lei. A súa situación vaise complicar cando recolle na súa nave a unha psíquica buscada polo goberno da Alianza intergaláctica.

Comentario:
Buscando entre as novas produccións, de máis ou menos recente estrea en dvd, atopamos este “Serenity”, un deses títulos polos que non imos ó cine, nin de coña (falo personalmente) pero que non importa ver en momentos de aburrimento entre o España vs Egipto e os monográficos da morte de Rocío Jurado. Son estes grandes momentos para ver películas xa que o raseiro de esixencias está literalmente polo chan. E foi así como vimos “Serenity” un filme dirixido por Joss Whedon, director mítico gracias a facer “Buffy, cazavampiros” e a súa secuela metida con calzador “Angel”.
“Serenity” é un filme baseado noutra serie que tamén dirixiu o propio Wheldon, “Firefly” que se foi ó traste antes de rematar a emisión da súa primeira tempada, aínda que dí algún entendido que contaba con un publico fiel. Esto foi o que usou como excusa Wheldon para meterse con “Serenity”, os seus seguidores non conseguiran ver como remataba a historia.
Aquí, lonxe dos EE.UU. como comeza ou como remata a historia de “Firefly” é algo que nos da bastante igual e “Serenity” e un filme de ciencia-ficción máis que francamente deixa moitísimo que desexar.
A primeira lectura é que a Wheldon quedoulle grande o proxecto de facer un filme. Acostumado ó ritmo televisivo, non foi capaz de manter a intensidade do filme e os 120 minutos fixéronselle demasiado longos. O arranque da película é moi interesante, a presentación das persanaxes está ben feita e crea a curiosidade necesaria como para que enganche e queiras saber máis. Todo parece indicar que o desenvolvemento vai ser o dunha road-movie intergaláctica pero esta primeira intuición pronto queda superada cando descubrimos a forza da “psíquica” en cuestión. Nese momento os problemas pasan a ser outros, pero este é tamén o preludio da perda de sentido do filme. A partires do minuto 40 (máis ou menos) o filme é un barullo de conflictos abertos que camiñan nunha dirección irregular e o forte ritmo televisivo que se lle impuxo ó filme nos primeiros instantes desenvoca nunha sucesión de explicacións idiotas que entorpecen a película. O final é todavía peor. Despois de perder toda a coerencia que existía, chegamos a unha situación final intrascendente que non ten nen un ápice de tensión e que resulta aburrida ademáis de totalmente incrible se atendemos ás propias normas da película. Para intentar arreglar esto se nos adereza o filme cun par de interminables batalliñas entre o bo e o malo e os malos e os peores. Ten especial coña esta última porque só se poden distinguir un barullo de naves que non sabes a quen pertencen.
Mención a parte merecen as personaxes. Neste senso tamén mandou a televisión e impúxose a paridade de chachondas e tios buenos como en “Pasión de gavilanes” para servir de gancho ó espectador pajillero. A selección de personaxes corresponde a tódolos clichés habidos e por haber, aínda que paradoxicamente esto é do mellor xa que contan cun sentido do humor persoal, que rí dos propios tópicos e que resulta do máis interesante do filme. Dentro deste apartado tamén hai que falar da personaxe de Inara, unha “cortesana” da que está namorado Mal, o protagonista, e que en circunstancias normais só formaría parte do propio background da personaxe pero que aquí, Wheldon, se empeñou en metela na película de forma ramplona e sen que aporte nada ó filme salvo contribuir á xa mencionada paridade de cachondos.
E para redondear a sesión, xornada de refritos de secuencias de outros filmes galácticos. Os últimos 30 minutos teñen un tufo a copia que tira para atrás. Dicían os productores da Universal que “Serenity” ía contribuir a encher o baleiro que deixaron as sagas de Star Wars e Star Trek, ten coña o asunto, debe estar a temblar o record guiness de morro.
En fin, que cada un faga o que vexa e se lle apetece ver “Serenity” alá el.

Nota: 3,7

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Risto mejide