Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 06 de Xuño de 2006

A canle dos bispos emite pornografía por interferencias

Información de Galicia Hoxe

Tmt-Popular Tv, a cadea de televisión local participada pola Conferencia Episcopal, emitiu un comunicado no que asegura que a súa emisión rexistra interferencias nalgunhas zonas de Madrid debido a unha canle que usa a súa frecuencia.
Por esta razón, a emisora asegura que se están a ver na súa sintonía espazos de quiromancia e pornografía.
A cadea sinala que as interferencias se producen desde o pasado 1 de xuño, que son "alleas á empresa" e que non ten "responsabilidade ningunha na programación que interfire".

Popular Tv atribúe as anomalías a "unha canle estranxeira".

A televisión insiste en que "non se responsabiliza das irregularidades en que están a incorrer os responsables desas interferencias" e engade que "espera que as autoridades obriguen a pechar as súas emisións o antes posible" e se lles apliquen "as sancións pertinentes".
A cadena Popular Tv dispón de licenza de TDT en Madrid e leva máis de cinco anos emitindo na Canle 56 de UHF. Tamén se pode sintonizar a través da Canle 39 da TDT (Televisión Dixital Terrestre) e a través do operador de cable denominado ONO pola Canle 72.

Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos