Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Domingo, 11 de Xuño de 2006
Aplastante superioridade de Cuatro que deixa á Sexta en cifras ridículas no partido inaugural do mundial de futbol.

Esta semana satánica que está a piques de finalizar foi tamén unha semana de futbol. Tódalas cadeas quentaban motores para o partido do pasado venres (menos a TVG que pasou dos dereitos de emisión do mundial), que se ía convertir nunha proba de lume para dúas cadenas de recente creación que ata o momento se caracterizaron polas baixas audiencias.
E entre o sen fin de encontros amistosos, unha semana movidiña, marcada tamén pola demanda de Antena 3 que consideraba que o acordo chegado entre Cuatro e La Sexta para ver o mundial vulneraba a lei de competencia ó non existir "réxime de pública conrurrencia" na cesión de emisión dos partidos. A demanda foi desestimada.
E con este tema solucionado, arrancaba o mundial case que oficialmente. O mércores a primeira poñía o España-Croacia e o xoves La Sexta poñía o Ucrania-Luxemburgo con vistas ó plato forte do día seguinte.
En La Sexta entraron a cuchillo cunha campaña promocional que ten o lema: "Vas a conformarte con solo "cuatro" partidos?". Xunto a esto, un despligue de medios como nunca se viu, cun inmenso plató que parece máis propicio para un concurso que para un programa de futbol e con tropecentosmil convidados encargados de narrar o mundial.
En Cuatro puxeronse as pilas e Prisa tirou de maquinaria para ofrecer un mundial centrado na formula do seu "Carrusel deportivo" (o personal), Angels Barceló (unha todoterreo) e Maradona, a gran aposta.
Con estes contendentes arrancou o Alemania-Costa Rica e tamén o Cuatro-La Sexta, os alemáns venceron 4-2 e os resultados das televisións fixeronse agardar ata o día seguinte. Ó final, Cuatro 23,8% de share, La Sexta 6,4%. Aplastante.
Retransmisión
Gran parte da culpa pode estar en "Maldini" e Maradona, moito máis feitos nos comentarios de futbol, sobrios e informativos e coa dose de colegueo xusta como para que non se nos faga pasteloso o asunto. En La Sexta, por contra, Andrés Montes, a gran fichaxe, eclipsa en moitos momentos o partido con actitudes de Showman que contaxian ó resto dos colaboradores facendo que acaben todos falando a berridos. Onte pasoulle a Julio Salinas ó que lembrábamos como un comentarista serio ó lado de José Angel de la Casa e que no medio do partido acabou dicindo cousas como: "ya sabes que en Galicia preguntas donde vas? y te responden lo que quieren" referíndose a "facerse o sueco" nun Suecia-Trinidad. En fin, moita gracia non é que teña. As gracias xa as poñía Montes. Durante o Suecia-Trinidad soubemos que un "Vaníaco" era un seguidor de Van Morrison, que se un inglés se cruza cunha nativa de Trinidad o resultante é "alguén do corpo diplomático" e que Linderoth, medio centro sueco, ten o "encefalograma plano". Esto que podería considerarse un insulto pode pasarselle por alto a Andrés Montes nas súas particulares análises, especialmente cando falando de sí mesmo se define como: "vestido, un señor, desnudo, un chimpancé". Sobran as palabras.
Os Platós
No referente á cobertura do mundial, é imposible empeorar o mundial de Korea pero está claro que este ano todos queren andar cerca. Os espacios de plató son cada cal máis tristes. Cuatro e La Sexta compiten tamén pola cantidade de erros técnicos posibles. A esto hai que sumarlle o comportamento neandertal que amosan algúns dos enviados especiais tanto de unha como outra canle nas súas reportaxes por Alemania. Ós membros de "Carrusel", Paco González e compañía, facer televisión quédalles grande, e a súa fórmula de indiscutible éxito na radio, dentro da pantalla é ramplona e sen a gracia que pretenden transmitir. En La Sexta non melloran o asunto o presentador, Patxi (non sei o apelido), fala máis que o resto dos convidados xuntos, os comentarios son torpes e aburridos e o programa pese a ter tódolos medios do mundo, está falto de ritmo, de axilidade e en definitiva de dirección.
Resumindo, tanto "Maracana 06" como o "Sportcenter" son a resposta a porque en España non triunfan os programas de televisión sobre futbol, pois porque son unha merda.
A selección española.
Falar da selección española merece un comentario. Neste aspecto, Cuatro vence por goleada. Dí o manual do políticamente correcto que hai que apoiar ó equipo..., Cuatro ségueo ó pe da letra e faino coa dose de cordura e de respeto ós rivais xusta para incentivar ó espectador.
Na Sexta o apartado da selección española ven aderezado coa infame versión do Koala "Opá vamo a por el mundiá" que fala por si soa. Sumado a esto están os comentarios prepotentes e o menosprezo ós rivais que fas que estexas desexando que a España lle metan 5 só por joder ó comentarista de turno. Durante o Ucrania-Luxemburgo (3-0) viñeron a dicir que Ucrania era Shvechenko e 10 merdas, que lle ganaban a Luxemburgo porque eran amateurs, e que con España ía ser outro cantar. Este forofismo, aínda que poida ser unha visión compartida por moita xente, dá bastante noxo.
En fin, a ver se co paso dos días vai mellorando todo.
Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)