Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 13 de Xuño de 2006
Onte estivemos "nalgo así" como a "premier" da curtametraxe "The Wrong glasses" dirixida por Alberto Rodriguez. A verdade é que nos quedamos como estábamos (máis ou menos).
Fundación Caixa Galicia, 20 horas. Unha sala da planta -3 ten bastante público. En principio na sala ían poñer unha película: "Sucedió una noche" de Frank Capra, en versión orixinal subtitulada en español.
De súpeto entran na sala un grupo de unhas 50 persoas de entre 25 e 35 anos, algo insólito, parecía que a miña xeración volvía ter interese por Capra, pero non foi así. Unha voz de megafonía nos comunica que antes de ver "Sucedió una noche" vai ser a estrea da curta "The Wrong glasses". Ah!, vale.
E puxeron "The Wrong glasses". Dirixe Alberto Rodriguez. Está feita en animación CGI e vendo algunhas caras é posible que exista algunha vinculación con Dygra (non sei, pode ser). A curta en cuestión dura uns 5 minutos, escasos (boa duración).
Mal fario da nestes casos ver o título en inglés. Cando esto ocorre antes de que comece o filme xa sabes dúas cousas, a primeira é que se trata dunha curta sen diálogos, a segunda que pretenden aforrarse traduccións para mandar a festivais.
Feita a aclaración o que é a curta non é que decepcione pero te quedas como estabas. A historia é basicamente un gag dun vello que se equivoca de gafas. Xa está eso é todo. Parecía máis unha producción do Master en Creación Dixital da Coruña (Con todolos respetos) ca unha obra profesional que pretende ter un percorrido.
Rematou a curta e rematou a velada. Os 50 que se sentaran na sala desapareceron e Capra quedouse cunha sala semibaleira na que para máis coña algunha lumbrera colleu o seu filme, filmado en 4/3 e pasouno a formato panorámico recortándolle un cacho substancial de imaxe. Igual foi que se confundeu tamén de gafas.
Irónico?
Non sei, o mundo do audiovisual ten estas cousas.
Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)