Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 17 de Xuño de 2006
Chega un superheroe para adultos

Título Orixinal: Orgazmo
Ano: 1997
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Trey Parker
Guión: Trey Parker, Matt Stone
Interpretes: Trey Parker, Dian Bachar, Robyn Lynne Raab, Michael Dean Jacobs, Ron Jeremy, Andrew Kemler, David Dunn, Matt Stone, Toddy Walters, Chasey Lain, Juli Ashton, Masao Maki, Joseph Arsenault, Jeff Schubert, Desi Singh,
Producción: Fran Rubel Kuzui, Jason McHugh, Matt Stone, Trey Parker
Producción Executiva: Mark Damon, Kaz Kuzui, Noriaki Nakagawa
Fotografía: Kenny Grosetti
Dirección Artística: Angel Acosta
Deseño de Producción: Tristan Paris Bourne
Música: Varios
Son: Daniel Colman, Colin Hudson
Montaxe: Michael R. Miller, Trey Parker
Vestiario: Kristen Anacker
Sinopse: Un mormón acepta viaxar como misioneiro á cidade dos Ánxeles e remata convertido nunha importante estrella do porno.
Comentario:
Cando alguén fai un filme como Orgazmo, basta que pasen dous segundos despois da primeira proxección para que os críticos de medio mundo, eses que evalúan os filmes pola inversión publicitaria que fixeron as distribuidoras nos seus respectivos medios, a poñan a parir. Sen ir máis lonxe fíxome grancia ler no diario El País, o mesmo diario que dicía que Cargo era un fantástico filme, "Es como un tebeo insolente hecho para público fácil de satisfacer" (M. Torreiro: Diario El País)
Ten gracia, máis se cabe porque Trey Parker, que ás veces está por riba das faladurías chega a actuar como unha especie de Charlie Kauffman deixando os chistes para o que acontece fora da pantalla, é dicir para as reaccións que certos iluminados teñen despois de ver os seus filmes, algo que en momentos é moito máis gracioso do que acontece no filme en sí.
Pode estar algo manido poñer a Trey Parker como un tributo á irreverencia, especialmente despois de “South Park”, pero o que está claro é que é un home con moi poucos complexos e que sabe parodiar como moi poucos os tópicos, especialmente cinematográficos, da sociedade americana.
Neste filme, interpreta a un superheroe mormón que é capaz de reducir ós malos a base de orgasmos. Un plantexamento xa de por sí delirante que está arroupado por estética de comic e influencias do cinema de artes marciales que marcou época nos anos 70.
Xunto a Parker, o seu colega Matt Stone, co-creador de South Park e que sempre aparece como o home na sombra pero que é en gran medida responsable dos delirios que Parker nos presenta en pantalla.
É un filme que está feito directamente para provocar. Mesturar sexo e relixión, humor e artes marciais..., é un ataque ós tabús e ós tópicos, e por esta razón ten o seu encanto. Ten gags excelentes e moitos guiños ó espectador próximo ós 30 como pode ser incluir no reparto a dúas divas do porno como son Chasey Lain e Juli Ashton, dúas mulleres que estou seguro que moita xente coñece, aínda que descoñeza o seu nome, e que van acompañadas do mundialmente aclamado Rom Jeremy quen pese a estar algo sobreactuado demostra dotes interpretativas.
A sensación que me deu Orgazmo, máis que outra cousa, é a de certa envexa. Envexa porque nos EE.UU. se xuntan catro colegas e producen un filme que finalmente acaba tendo unha distribución mundial. Aquí xuntámonos catro colegas e ó máximo que podemos aspirar e a producir unha curta en super 8, como os que fixeron “Antonio, Jorge y Luis” e que nos botemos unhas risas os da casa.
Desde logo é un filme altamente recomendable porque é divertido. É fácil de ver e ten momentos moi moi graciosos. A miña debilidade é a cancion de DVDA “Now you´re man” escrita por Trey Parker e que sempre me pareceu graciosísima.
O peor do filme é que nalgúns momentos se fai un pouco repetitivo, en sitonía cos filmes de artes marciales e remata cansando un pouco aínda que conta con suficientes puntos de inflexión para levantar novamente o interese.
En canto ó tema da crítica, se se tratase dun filme da universal que lle pagara unha pasta ó Fotogramas, probablemente sería máis dificil de criticar e incluso se podería chegar a eloxiar a actitude desenfadada coa que está afrontado. Que lle imos facer, é que o público non sabe apreciar as cousas, ten pouca sensibilidade.
Nota: 7
E a web Orgazmo
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)