Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 17 de Xuño de 2006
Que mal tratamos ós xenios da literatura.

Título Orixinal: The turn of the Screw
Ano: 1994
Nacionalidade: Francia-Reino Unido
Dirección: Rusty Lemorande
Guión: Rusty Lemorande
Interpretes: Stéphane Audran, Marianne Faithfull, Patsy Kensit, Julian Sands, Olivier Debray, Bryony Brind, Thomas Krygier, Doreen Mantle, Peter Whitman, Mickey Monroe, Anna Bolt, Laura Cox, Sara Newman, Albert Sasson, Tony O'Leary
Producción: Jeremy Bolt, Michael White
Producción Executiva: Pierre Spengler
Fotografía: Witold Stok
Dirección Artística: Tom Hannam
Deseño de Producción: Max Gottlieb
Música: Simon Boswell
Son: Otto Snel
Montaxe: David Spiers
Vestiario: Amy Roberts
Sinopse: Un aristócrata contrata a unha neneira para coidar dos seus sobriños nunha mansión aillada. A neneira pronto vai descubrir que os nenos están poseídos e intentará desesperadamente liberalos.
Comentario:
Entre o mundial e que andamos polo mes de xuño, estamos un pelín vagos ultimamente. Tanto é así que incluso vemos títulos que só a desidia nos invitan a ver. Este que comentamos "Otra vuelta de tuerca" é unha máis das adaptacións audiovisuais que se fixeron da novela homónima de Henry James. As miñas lembranzas da novela son que me resultou dura, ás veces incomprensible e que en moitas fases do relato non sabía moi ben onde me atopaba. En fin, é só unha apreciación, está claro que Henry James é un deses literatos que xa teñen a súa parcela na historia.
Nesta versión, da que existe moi pouca información en internet, aparece entre outras caras coñecidas a de Patsy Kensit. Os ochenteros coma min lembrámola por ser a cantante dun grupo infame chamado Eight Wonder que saía ó rebufo de Trasvision Vamp e que se foi ó tacho rapidamente. Foi así que a rapaza rematou de actriz, participando en papeis como o de amamte viciosa de Mel Gibson, e de vida reducida en "Arma Letal II".
Tamén está Julian Sands, un mito do cine guarro e que como na malloría dos casos aparece facendo de Julian Sands.
Con estes mimbres, rescatando a novela, non é que se poida esperar moito, así que, efectivamente, o filme é malo con avaricia. É un intento de adaptación fiel que remata caendo en erros de comprensión unhas veces e pecando de aleatoriedade outras, como se o feito de ser unha adaptación dese libertade para poñer todo tipo de incoerencias ou feitos sen trascendencia.
A historia, que fala directamente da evolución dun transtorno obsesivo, non está lograda e non chegamos a apreciar a evolución desa obsesión como sí vemos noutros filmes de características semellantes como "El Resplandor".
Ó filme fáltalle dirección e fáltalle saber cara onde tende. O guión danos información imprecisa e narrativamente mal colocada o que provoca momentos de tedio e de aburrrimento en moitas partes do filme.
Pouco máis que sinalar, a recomendación é directamente: pasar.
Nota: 1
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)