Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Domingo, 18 de Xuño de 2006
O Consorcio audiovisual de Galicia ven de lanzar unha convocatoria de axudas coa que se pretende favorecer ás coproduccións con productoras independentes de Arxentina e Cataluña.
Desde o pasado mércores 14 de Xuño, data na que a convocatoria saiu publicada no D.O.G. e ata o próximo 17 de Xullo están abertas as bases para presentar proxectos para coproducir dentro do acordo “Raíces” entre o Consorcio Audiovisual de Galicia (Consorcio), o Institut Català de les Indústries Culturals (ICIC) e o Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales (INCAA) de Arxentina.
O importe máximo por proxecto será de 50.000 euros e para a avaliación de cada proxecto haberá unha comisión composta por membros das institucións antes nomeadas que se reunirán en Donostia con motivo do Festival Internacional de Cine.
A comisión avaliará a orixinalidade e interese do proxecto, calidade de estructura e diálogos, así como o historial profesional do equipo técnico e artístico.
Para máis información podedes consultar a páxina do Consorcio
Bases da convocatoria
Por: Fagot | Institucións | Comentarios (0) | Referencias (0)