Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Domingo, 18 de Xuño de 2006
Máis ca unha película, unha experiencia.

Título Orixinal: Shi mian mai fu
Ano: 2004
Nacionalidade: China, Hong Kong
Dirección: Zhang Yimou
Guión: Zhang Yimou, Li Feng, Wang Bin.
Interpretes: Takeshi Kaneshiro (Jin), Andy Lau Tak Wah (Leo), Zhang Ziyi (Mei), Song Dandan (Yee).
Producción: Zhang Yimou, Bill Kong
Producción Executiva: Weiping Zhang
Fotografía: Zhao Xiaoding
Dirección Artística: Han Zhong.
Deseño de Producción: Huo Tingxiao
Música: Shigeru Umebayashi
Son: Jing Tao
Montaxe: Cheng Long
Vestiario: Emi Wada
Sinopse: No declive da dinastía Tang surxen grupos de insurxentes que acosan ó goberno con continuas escaramuzas. O máis famoso grupo rebelde é A casa das dagas voadoras, un grupo que se fixo con gran popularidade ó roubar o diñeiro dos ricos e entregarllo ós pobres. Decididos a rematar cos insurxentes, dous capitáns do condado deciden infiltrarse no grupo axudando a Mei, a filla cega do falecido lider da Casa. Pronto descubrirán que non todo é o que parece.
Comentario:
“Shi mian mai fu” é o título orixinal aínda que para a distribución internacional se usou comunmente o título en inglés, “House of flying daggers”. Dificil é comentar unha obra tan redonda e tan grandiosa. Trátase dun filme enmarcado no xamado xénero “Wuxia” que sería algo así como o xénero de espadas e cabaleirías e que se popularizou nos anos 60 e 70 especialmente gracias á figura de King Hu, un polifacético actor e director que chegou a facer filmes de orzamento elevado que deron a volta ó mundo. Vaise sentir con forza en Zhang Yimou a influencia de Hu. Sen embargo a proposta de Yimou vai ir máis lonxe propoñendo case unha completa reformulación do xénero Wuxia e contando nos seus filmes historias que se ben comparten as leis básicas do Wuxia derivan nun trasfondo intimista que ten tintes de traxedia grega.
Non é este o primeiro filme no que Yimou se adentra no Wuxia. A revitalización do xénero foi posible gracias ó seu anterior filme, “Hero”, unha aposta que deixou abraiado a medio mundo tanto pola profundidade interior das personaxes como pola espectacular posta en escea ou a concepción estética posta ó servicio da historia que se nos está a contar.
Neste sentido, esta “Casa de las dagas voladoras” é un filme de consolidación dun estilo e dun xénero que Yimou se encargou de facer propio e de exportalo cun espectacular éxito a todo o mundo. Pese a tratarse dun filme repleto de acción e con espectaculares batallas que destacan especialmente pola vistosidade e a axilidade de montaxe, Yimou non se define como un director de acción. E o certo, é que por riba de todo, “A casa” é un filme de amor. De feito, todo o ideario romántico está presente neste filme, os sentimentos, as motivacións, os actos das personaxes están marcados por ese ideario.
Fora das xa mencionadas secuencias de acción, que son absolutamente incribles, cabe destacar a marabillosa fotografía, herdeira do cine orieltal clásico e que constitúe unha explosión de cores que inunda de beleza a pantalla. Cada plano é unha postal preciosista que leva ó espectador de secuencia en secuencia sen que poidas apartar os ollos da pantalla.
En canto á interpretación, igualmente sobresainte, hai que dicir que nos encandilou Zhang Ziyi, a rapaza que interpreta a Xiao Mei. Desde a secuencia dos tambores, unha das primeiras do filme, Zhang Ziyi deixate absolutamente cautivado.
Por destacar, a verdade é que se pode destacar todo, a dirección de arte é tremenda, o vestiario idem, o son un espectaculo ..., a sensación que dá é a de atoparte cunha película absolutamente equilibrada en tódolos seus aspectos, feito que non é común actualmente.
Por poñer un punto negativo, pero que tampouco ten demasiada importancia, o filme deixa algunhas frontes abertas no seu final o que fai que te quedes algo picado pola curiosidade. De feito se durase media hora máis seguiríamos todos igual de contentos.
Recomendada non, obrigatoria.
Nota: 9
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)