Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 22 de Xuño de 2006
O Festival internacional de documentais que se celebra en Tui prepara xa a súa terceira edición.
Aqui tedes a nota de prensa facilitada pola organización:
Tralo espectacular éxito obtido na segunda edición, na que ao redor de 6.000 (seis mil) espectadores puideron gozar do mellor cine documental do momento, Play-Doc abre unha vez máis a convocatoria para participar na terceira edición deste evento que en tan só dous anos conseguiu ocupar un lugar destacado entre os festivales de documentales máis prestixiosos da península.
Con sede en Galicia e dedicado exclusivamente ao xénero documental de creación, Play-Doc ten como principais obxectivos crear un espazo de encontro e á vez plataforma de exhibición, para público, profesionais e realizadores de todo o mundo. Play-Doc quere contribuír así á promoción e difusión dun dos xéneros máis vivos e creativos do momento, que pese ao crecente interese que xera, aínda atopa serias dificultades para abrirse camiño nos circuítos habituais de exhibición.
O festival contará novamente cunha Sección Oficial Competitiva con tres categorías a concurso (longametraxes documentais, Curtametraxes documentais, e Atlántico, para documentais producidos en lingua galega ou portuguesa e/ou producións galegas) e unha Sección Informativa, na que cabe destacar o ciclo de documentais de música, o ciclo dedicado aos documentais galegos e unha referencia ao chamado ‘Falso Documental’.
Play-Doc, que terá lugar en marzo de 2007 na cidade fronteriza de Tui, contará ademais cunha serie de eventos paralelos, como concertos, charlas, talleres e sesións de vídeo e música.
A convocatoria está aberta para todas as categorías e seccións do festival. O prazo para inscribir as películas para a preselección finalizará o próximo 15 de novembro de 2006. (para máis información www.play-doc.com )
A organización de Play-Doc espera que o número de documentais que se reciban nesta nova edición, supere aos 353 (trescentos cincuenta e tres), que se presentaron o ano pasado, provenientes de máis de corenta países de todo o mundo, cantidade que case triplicou ás presentadas no primeiro certamen. Estas cifras dan unha idea da gran dimensión internacional que foi adquirindo o prometedor festival tudense malia a súa curta vida.
Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)