Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Domingo, 25 de Xuño de 2006
Enésimo cambio de rexistro de Boyle.

Título Orixinal: Millions
Ano: 2004
Nacionalidade: Reino Unido, EE.UU.
Dirección: Danny Boyle
Guión: Frank Cottrel Boyce
Interpretes: James Nesbitt (Ronnie), Daisy Donovan (Dorothy), Lewis McGibbon (Anthony), Alex Etel (Damian), Christopher Fulford (Home pobre), Pearce Quigley (Policía), Jane Hogarth (Nai), Alun Armstrong (San Pedro), Enzo Cilenti (San Francisco), Nasser Memarzia (San José), Kathryn Pogson (Santa Clara), Harry Kirkham (San Nicolás), Kolade Agboke (Ambrosio)
Producción: Andrew Hauptman, Graham Broadbent, Damian Jones.
Producción Executiva: Cameron McCracken, David M. Thompson, François Ivernel, Duncan Reid
Fotografía: Anthony Dod Mantle
Dirección Artística: Denis Schnegg
Deseño de Producción: Mark Tildesley
Música: John Murphy
Son: Richard Jay, Tom Sayers
Montaxe: Chris Hill
Vestiario: Susannah Buxton
Sinopse: Un rapaz de 9 anos moi influenciado por toda a mitoloxía relixiosa cristiana, ve como cae do ceo un maletin cheo de libras esterlinas nos días previos ó cambio ó euro. O neno está decidido a facer milagres con eses millóns pese a que o seu irmán, dous anos maior, ten ideas completamente distintas.
Comentario:
Ecléptico é o único calificativo a Danny Boyle e á súa cinematografía. Mirando só os ultimos filmes vemos que vai dende os desastres de tipo apocaliptico (28 días después) á visión romantica, utópica, e nalgúns momentos pastelosa desta “Millones”. Boyle, pertenece a esa xeración de directores xurdidos da televisión e que creceron como profesionais acostumados a ser técnicos todoterreo. Este feito acaba derivando nunha obra heteroxénea que está marcada, especialmente neste caso, pola libertade e a capacidade de apostar por novas propostas visuais marcadas polo dominio da técnica e que Boyle sabe poñer ó servicio da película.
Así, neste filme podemos atopar secuencias feitas en animación CGI ou mesmo en stop motion que están perfectamente integradas no discurrir do filme e que aportan axilidade e frescura á narración que se nos está a contar. Hai que dicir a modo anecdótico que unha das secuencias do filme serviu de referencia (por non falar de que a copiaron) para facer un spot de “Gas Natural” onde unha casa se vai construíndo soa despois de que dous nenos se deiten a imaxinar nun solar baleiro.
O filme en sí é entretido. O conflicto xa é clásico, que che caian cartos do ceo nunhas circunstancias determinadas e que non saibas que facer con eles. O protagonista é o xoven Alex Etel que, persoalmente, non me gustou demasiado, pero a verdade é que o neno é creible.
Escrito a modo de fábula e cargado de aparicións de santos, a historia é unha especie de moralina sobre o altruismo onde a inocencia infantil cobra protagonismo para convidarnos a unha visión esperanzadora da vida na que se nos incita da devaluar o materialismo e que cobren máis sentido os sentimentos. O problema é que este plantexamento romántico-infantil que en ningún momento renuncia á utopía, remata caendo en cursilerías que non benefician á película.
As principales virtudes do filme son a posta en escea e as apostas visuais de Boyle que fai que o filme cobre unha axilidade e unha velocidade extraordinaria en moitos momentos pero que remeta decaendo conforme nos achegamos a un final tosco pese a ser unha áceda paródia de “Que bello es vivir”.
Estes puntos ácedos son tamén do mellor do filme e boa parte de culpa deles tena Frank Cottrel Boyce, do que xa falamos nesta páxina por tratarse do guionista responsable de filmes como Codigo 46 de Winterbotton.
En resumidas contas, filme pasable para momentos nos que apetece ver algo “light” que non requira demasiado esforzo. Non se pode dicir que sexa unha mala película, digamos que se queda en correcta, fácil de ver e sen moita máis volta que darlle.
Nota: 5,7
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (2) | Referencias (0)
Meu ben querido Fagot, entro rápidamente para deixar dúas cousas anotadas aquí (e perdoa que non teñan que ver ca peli de Boyle, que ademáis non a vin)
1- Aínda que semelle que me estou poñendo cursi: Un millón de gracias (ou grazas, jeje)por facer este blog con tanto ahínco e asiduidade. Non creo esaxerar nadiña se che digo que desde o meu parvo encerro de crise creativa, esta web vai sendo a miña ventá para enterarme rápido e claro do que se coce no noso ámbito predilecto. Só voto en falta: as noticias sobre "JEDN", que as vou seguindo por outras fontes e non poden ser más estimulantes. O malo é que así queda coxo este completo repaso que sempre fas ó día a día do que se coce.
2- Recorda que Fran vive aquí e é o meu corresponsal fiable. Eres o puto amo! :)
Vémonos pronto.
Rafa | 26-06-2006 14:41:54
Fagot | 26-06-2006 16:08:50