Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Mércores, 28 de Xuño de 2006
O derradeiro partido da selección española no mundial de Alemania produce unha considerable mellora nas cifras de audiencia da Sexta.
As audiencias é un fenómeno que eu nunca cheguei a entender. Especialmente porque o reparto dos audímetros cos que se miden as cuotas de pantalla é algo desfasado e que claramente nos amosa uns resultados falsos sobre os televidentes.
A outra lectura sobre a metodoloxía é que os "Erros" existentes na medición de audiencias son os mesmos para todos e por consecuencia, xa que tódalas cifras parten co mesmo marxe de erro os resultados poden considerarse xustos.
Ultimamente cando penso nesta xustificación, non podo evitar pensar no futbol. Ten coña pero é así. Concretamente nas arbitraxes, un ente no que a priori todo o mundo parte co mesmo marxe de erro pero que finalmente nunca existe equidade no reparto de equivocacións. Este mundial vai deixar cousas curiosas nese sentido, e unhas cantas víctimas dos resultados. A min pareceume indignante, persoalmente, os 3 penaltis que non lle pitaron a Costa de Marfil contra Holanda e que deixaron ós africanos fora do mundial, e non é indignante polo erro senón pola situación. Unha situación que se repetía onte en Dormund, Adriano marcaba o 2-0 para Brasil en fora de xogo ante Ghana e mentres o árbitro concedía o tanto, 6 videomarcadores enormes no estadio lle esinaban ós 50 mil presentes que o árbitro se estaba a equivocar mentres o colexiado levaba o balón ó medio campo mirando para outro lado. Non hai excusa neste sentido, no presente mundial cada erro que cometeu o árbitro pudo ser presenciado por el mesmo en repetidas ocasións, ningún árbitro rectificou.
Coas audiencias pasa tres cuartos do mesmo. Cando comezou o mundial falábamos da aplastante superioridade de Cuatro sobre a Sexta. Despois de varios días de campionato e aínda que as cifras parezan dicir o contrario, esta superioridade xa non é tal.
No referente ó partido de onte, Francia-España, que foi visto por 12.199.000 espectadores de media. As cuotas de pantalla se repartiron do seguinte xeito. Cuatro fixo un 51,1% de share, traducido as espectadores: 8.917.000 espectadores de media. La Sexta conseguiu un 19,3%, traducido a espectadores: 3.282.000.
Sobre o papel, Cuatro volveulle dar un repaso á Sexta: Falso.
A realidade é que existe un erro grave de apreciación cando se outorganon as porcentaxes. Cuatro emite en aberto e analóxico logo o seu publico potencial é toda a poboación española, logo o share de Cuatro está sacado da cantidade de espectadores que vían tv analóxica. Polo contrario La Sexta emite en TDT en aberto, logo o seu público potencial non é o total senón o dos usuarios da TDT, logo os datos de audiencia non corresponden á realidade xa que se atendemos ó publico de TDT, La Sexta superou con creces o 50% de share.
Pensemos por exemplo na TVG, a cuota de pantalla da Televisión de Galicia está medida a partires dos espectadores galegos. Non tería sentido calcular o share sobre o espectador español que non recibe a emisión.
Aínda así, e aceptado o erro, as cifras da Sexta rexistraron un avance espectacular. Desde que abreu a canle, a Sexta estábase movendo nunhas cifras en torno ó 1,3% ou 1,5% de share, sempre pensando en publico de tv en aberto (que como dixemos non é real). Onte, a cadea rexistrou unha audiencia media diaria dun 8% de share, algo realmente espectacular.
No referente a Cuatro, onte optivo unha audiencia media diaria dun 16,7% que non está nada mal, xa que supón a súa consolidación como canle nas preferencias dos espectadores.
Conclusións de todo esto.
A primeira é loxica. Tele 5 e Antena 3 danlle gracias ó ceo e a Zidane pola eliminación de España do mundial e agardan ó 9 de xullo con esperanzas de que todo volva á normalidade. Como dato anécdotico hai que dicir que tanto as accións de A3 e T5 subiron na bolsa desde a eliminación de España.
A segunda. Os números de audiencia son cousa de auténticos tabeiróns e igual que acontece coas arbitraxes de futbol poderíanse dar datos con moi pouco marxe de erro, pero sempre hai máis de un interesado en que o erro siga a existir.
A terceira. O público sobrepásame. Despois de moitos anos vendo televisión nunca vira unha canle tan chabacana e nalgúns casos paleta como é a Sexta e sen embargo ás súas cifras aumentan a velocidade vertixinosa. Queda claro que España é o país onde o seu filme máis taquilleiro é Torrente.
Por: Fagot | Televisión | Comentarios (6) | Referencias (0)
Moi boa reflexión. Eu non caira no dato de que o universo da audiencia estudado perxudicaba os datos da Sexta.
E concordo totalmente ca terceira das conclusións, pero iso non era novidade (desgrazadamente)
Ghanito | 28-06-2006 15:58:33
Home, eso é unha opinión moi subxetiva (a miña digo) pero é que eu vexo cousas na Sexta que me dan vergoña allea, xa non algúns "cazurros" que comentan o mundial, senon as propias promos dalgúns programas, o de SMS debe ser..., por non falar do "Pocholo Ibiza 2006" estamos en pleno apocalipsis :)
Fagot | 29-06-2006 00:23:52
JairoIglesias | 29-06-2006 14:33:54
Pois..., uf.
Supoño que ela pode estar contenta polo que pode supoñer para a súa carreira dar o salto a unha serie que se vai ver no territorio español.
Fora desto as promos dan algo de "repelús" porque ten un tufo a tópico tras tópico que tira para atrás pero non me atrevo a facer un xuizo máis profundo sen tela visto antes.
Fagot | 29-06-2006 16:58:12
Pd: Quería aclarar unha cousa con respecto ó meu comentario anterior que igual leva a malos entendidos.
Non se trata de que traballen nel galegos ou non. Se un producto é bo, pois é bo e viceversa. Por outra banda, indepencientemente da calidade dun producto, para un profesional sexa técnico ou artístico sempre é bo participar nunha producción que vai ter gran difusión (e senón que llo digan a Elsa Pataki) e neste sentido SMS pode ser un viveiro de profesionais sempre e cando a audiencia non lles peche o chiringo ós dous días. Neste sentido, se a serie sirve para promocionar a unha profesional galega, pois a nosa noraboa para ela. A percepción que nós imos ter do producto non vai mudar por eso.
Aclarado queda.
Fagot | 29-06-2006 19:25:35
Outra cousa Jairo.
Que saibas que calquera novidade sobre rodaxes, estreas ou calquera cousa que queiras nos podes mandar a información ó noso mail.
Nos estamos encantados de poder publicar cousas e de paso tamén axudamos aínda que só sexa un pouco a difundir o traballo da xente.
Fagot | 29-06-2006 23:29:04