Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 29 de Xuño de 2006

Soldados de Salamina

Unha reviravolta ó xénero documental.




Título Orixinal: Soldados de Salamina
Ano: 2002
Nacionalidade: España
Dirección: David Trueba
Guión: David Trueba; baseado na novela de Javier Cercas.
Interpretes: Ariadna Gil (Lola), Ramón Fontserè (Rafael Sánchez Mazas), Joan Dalmau (Miralles), María Botto (Conchi), Diego Luna (Gastón), Alberto Ferreiro (Xoven miliciano), Luis Cuenca (Pai de Lola), Lluis Villanueva (Miguel Aguirre), Ana Labordeta (Empregada residencia), Julio Manrique (Pere Figueras), Eric Caravaca (Camareiro).
Producción: Andrés Vicente Gómez, Cristina Huete.
Fotografía: Javier Aguirresarobe
Dirección Artística: Salvador Parra
Deseño de Producción: Salvador Parra
Música: Varios
Son: Álvaro Aguirre, Raul Lasvignes, Jorge Ruiz
Montaxe: David Trueba
Vestiario: Lala Huete

Sinopse: Unha escritora frustrada que colabora cun xornal recibe o encargo de escribir un artigo sobre a Guerra Civil. A reaccións que provoca nalgúns lectores o seu artigo fai que a xornalista comece un traballo de investigación no que terá que debatirse entre as ganas de chegar ó final da investigación e os seus sentimentos de escritora frustrada.

Comentario:
Están de moda nos últimos anos os chamados "falsos documentais". Témolos de tódolos tipos, cores e sabores e incluso algúns que poderían selo pero que non foron catalogados como tales. O certo é que o que se entende por falso documental e facer unha recreación dunha situación real a partires de mimbres que non se corresponde coa situación retratada (lease ficcionar) ou outras veces facelo á inversa partir dunha situación ficticia e darlle apariencia de real usando metodos de documentación que se ven son ficticios contribúen a describir unha situcación real determinada. A min todo esto sempre me pareceu unha palla mental, especialmente porque falar dun "falso documental" é falar dun híbrido e como tal só pode explicarse desde o campo da ficción. En caso contrario e se nos fixamos na cantidade de infromación ou de fidelidade do que se retrata, poderíamos considerar como documental 24 hours party people de Winterbotton ou tamén esta Soldados de Salamina que se ben se podería considerar un documental pobre, o certo é que a sensación que dá é a de ser unha ficción enriquecedora.
O filme, cuberto cun envoltorio de trama de redención no que unha escritora intenta atoparse a sí mesma, relatanos a historia do presunto fusilamento de Rafael Sánchez Mazas, intelectual ideólogo de Falange e que tivo os seus particulares dramas durante os últimos coletazos da guerra civil.
Narrada a partires de 2 liñas temporales, o filme adentrase nos últimos momentos da guerra, cando estaba a piques de caer Cataluña, e fai fincapé nos sentimentos dos partidarios de un e outro bando nun intento por xonstatar a irracionalidade da guerra en moitos momentos.
Haberá algúns "puristas" ou "puretas" que consideren que o filme está falto de documentación e que non explica a realidade tal e como foi. E que máis dará? Soldados de Salamina é un filme que propón unha reflexión sobre os heroes individuais, sobre quenes levaron o peso da guerra independentemente das súas cores. Atendendo a este punto de vista David Trueba fainos un paraleismo entre o heroísmo presente enmarcado nunha redención persoal, e outro tipo de redención, a que tivo lugar no pasado e da que depende, neste caso, a vida dunha persoa.
Con esta base, o filme está contado a partires de imaxes documentais entremezcladas coa ficción e testemuños (que nunca chegamos a saber se son reales ou ficticios) de tipo documental que otorgan veracidade á historia e que che meten a curiosidade no corpo sobre o sucedido co ideólogo da Falange.
O filme estivo na sección oficial de Cannes e nominado a 8 premios Goya, dos cales só recibiu 1 o da mellor fotografía. Pero xa se sabe que a Academia española premia como premia.
Ademáis da fotografía que é especialmente boa porque é capaz de mesturar con gran fineza ás cores da narración presente, da pasada e da documental, destacan igualmente dous aspectos fundamentais no filme. Un deles é a montaxe, feita polo propio David Trueba e que nalgúns momentos dá unha lección de ritmo, facéndonos asimilar o plantexamento do filme en moi poucos minutos e deixando as pausas necesarias para que sintamos interese por un feito que a priori non ten porque ser especilamente interesante.
O outro punto destacable é o guión. Está moi ben construído porque provoca os xiros necesarios para que te enganches unha e outra vez á historia. Ademáis consigue unha evolución complexa xa que é capaz de saltar dunha vivencia persoal do acontecido con Sánchez Mazas a facer unha reflexión sobre o heroísmo. Esta transición, dotada de grande naturalidade, e a que fai que este guión funcione extraordinariamente ben.
No referente ás interpretacións, persoalmente quédome con María Botto, espectacular. Cómese todo o que hai na pantalla, incluso a Ariadna Gil coa que rivaliza en protagonismo cada vez que aparecen xuntas.
O peor é quizais un arranque bastante frouxo que fai que tardes un pouco en meterte no filme. A esto podemos engadir que pese ó gran guión hai momentos que se fan reiterativos e que moitos dos problemas que plantexa o filme se resolven por azar.

En todo caso recomendada.

Nota: 7

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos