Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 30 de Xuño de 2006
Os manifestantes pretendían protestar polo canon que establece a Lei de Propiedade Intelectual.

Armados con caretas de Ramoncín e con fotocopias de billetes de 100 euros unhas 50 persoas entraron onte na sede da SGAE en Madrid.
Despois do intento infructuoso dos gardas xurado de conter ós manifestantes, estes comezaron a pegar pancartas nos arredores da sede ó tempo que deixaban polas paredes moedas de 10 centimos e empapelaban o chan con fotocopias de billetes de 100 euros.
A protesta veu propiciada pola recente aprobación por parte do Parlamento español dun novo canon dixital que se inclue no marco da Lei de Propiedade Intelectual e que obriga a pagar polos dispositivos de almacenamento dixital, léase reproductores de Mp3, Ipod´s...
Á súa vez, a Plataforma "Todos contra el canon" xa presentara uns días antes no Congreso case que 250 mil firmas contra a nova Lei de Propiedade Intelectual que xa fora tramitada ó Senado. Unha Lei que foi finalmente aprobada pese a que a SGAE ven de ser expedientada por Bruxelas uns meses atrás.
A acción de onte foi reibindicada pola asociación Rompamos el silencio que agrupa a varios colectivos internautas así como distintos movementos de caracter social.
Os manifestantes berraron consignas como "Luchar, crear, cultura popular" ó igual que distintos berros contra o excantante Ramoncín (este) que non hai tanto chegaba ó extremo de criticar a Joaquín Sabina (este outro) por bautizar á súa nova xira co "polémico" título "Carretera y top manta" que está claro que pode ferir a sensibilidade de moitos intelectuales concienciados.
Os membros de "Rompamos el silencio" inclúen esta protesta no que eles denominan "Semana de acción social" na que teñen prevista levar a cabo distintas actividades en favor da cultura libre, do traballo digno, ou mesmo unha campaña para apostatar da igrexa católica (esto xa o fixemos nos antes)
O acto que podedes ler pormenorizado na páxina Kaosenlared chegou a un dos momentos culminates cando se substituiu o texto das siglas da SGAE pola de "Siempre Ganamos Algunos Euros" unha definición que xa é mítica dentro do mundiño de Internet, xa que foi a causante do peche da Frikipedia (que xa volveu abrir) e de levar ó seu responsable ante os tribunais por presuntos delictos contra o honor e a vulneración da propia imaxe.
Por: Fagot | Institucións | Comentarios (0) | Referencias (0)