Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Luns, 10 de Xullo de 2006
Despois dunha semana no limbo estamos de volta coas novas do verán.
En fin, retornamos despois dunha semana "sabática" na que despois de 12 cortes de luz (contados) o meu disco duro se negou a continuar e demandou un formateo porque Windows deixou de atopar eses arquivos "indispensables" e tan sensibles ó maltrato doméstico. Claro está que como estamos no primeiro mundo e Galiza non se parece en nada a unha Republica Bananeira, Fenosa non se fai responsable das cagadas que comete sempre atribuídas a avarías alleas ó seu funcionamento e por moita reclamación que se faga ó final sempre é un o que ten que pagar polo seu funcionamento calamitoso, tanto cada dous meses como en especias cando lle dá o punto de sodomizarte.
Moitas gracias a Fenosa e ó seu Conde, desexolles unha pronta OPA dalgún xigante alemán.
Gracias tamén ás consellerías de industria e consumo que tanto velan polos intereses dos seus votantes consumidores.
Fora desto, as dificultades técnicas fixeron que deixásemos varias novas atrasadas. A máis importante é unha noticia tráxica: A morte de Fabián Bielinsky da que estamos a preparar unha pequena reportaxe facendo un repaso da súa carreira no mundo do cinema (desde aquí o noso pesame, moi sentido)
Outra das novas é que xa está aberto o prazo para mandar traballos ó que será a 6ª edición do Festibérico, un Festival que se organiza anualmente en Holanda e que supón unha magnífica oportunicade para que traballos descoñecidos para moita xente poidan cruzar as nosas fronteiras e do que xa demos conta na súa 5ª edición.
Calquera persoa que queira mandar o seu traballo para que sexa visto no festival pode porse en contacto coa organización na seguinte dirección de correo: festibericoteam-owner@yahoogroups.com
En principio proxéctanse traballos en español e portugués, aínda que supoño que os proxectos realizados en galego non van ter ningún problema para a súa admisión.
Esto é todo polo momento.
Volveremos con máis novas se lle peta ó señor conde :(
Por: Fagot | Xeral | Comentarios (0) | Referencias (0)