Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 11 de Xullo de 2006
Aínda non rematamos coa nosa nota sobre Bielinsky cando nos atopamos co falecemento de June Allyson, unha desas grandes actrices inxustamente tratadas e das que só quedou a constancia dun fermoso rostro.
Creo que dentro de pouco teremos que emular ó "Pereira" de Tabucchi e abrir unha sección de esquelas.
De momento aí vos vai a información recollida de "La Voz de Galicia":
A actriz June Allyson, coñecida en Hollywood como «a esposa perfecta» do cine da década dos anos 40 e 50, faleceu aos 88 anos por problemas respiratorios, informaron hoxe os seus familiares.
Segundo Pamela Allyson Powell, a súa nai morreu o sábado na súa casa de Ojai, ao norte dos Angeles, cando se atopaba xunto ao seu esposo de case tres décadas, David Ashrow.
Ao longo da súa carreira, Allyson contou con maridos de película como James Stewart ou Van Johnson, entre outros dos que traballaron xunto a esta actriz miúda e loura especializada en papeis de esposa perfecta.
Filla de pais divorciados, esta moza neoiorquina comezou a súa carreira en Broadway e chegou ao mundo do cine grazas á era de ouro das películas musicais.
Na vida real Allyson contraeu matrimonio en 1945 co actor e director Dick Powell, xunto ao que traballou en ocasións. Tras enviudar en 1963, retirouse case por completo do mundo do cine.
A Segunda Guerra Mundial coincidiu co maior momento de fama desta actriz que protagonizou, entre outras, «Mujercitas» (1949), «A historia de Glenn Miller» (1953) ou «Música e bágoas» (1954).
A diferenza da despampanante beleza de estrelas como Rita Hayworth ou Betty Grable, convertidas en fantasías sexuais na mente dos soldados, Allyson era descrita como a moza que os recrutas preferían que lles esperase en casa.
Por: Fagot | Cinema | Comentarios (0) | Referencias (0)