Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Mércores, 30 de Agosto de 2006
Carnaza contra o fútbol.

Desde a chegada das cadeas privadas, alá polo ano 90, existe unha palabra que non só cambiou as nosas vidas senón que ademais foi capaz de alterar considerablemente a morfoloxía de varias xeracións dentro da nosa sociedade. Por se alguén non o sabe esa palabra é: “Reality”.
A traducción do termo por estes lares foi o de “Telerealidade”, nome co que se designa a todo formato televisivo consistente en manipular deliberadamente a realidade co propósito de simplificala e facela dixerible a ollos do espectador máis primario.
Claro está que baixo esta definición caben todo tipo de productos, desde os pioneiros como Julián Lago coa súa “Maquina de la verdad” reconvertida recentemente por Alicia Senovilla (ou é Senobilla?) nunha máquina telépata, ata a xenialidade de John de Mol que fixo que algunhas televisións derivasen nun escaparate do Barrio Vermello de Amsterdam.
Como todo, o termo foi evolucionando cos anos. De cotillear vidas alleas pasouse ó formato do “arranxo” moi de moda nos países saxóns e no que gracias a distintos programas che van arranxando todo. Arránxanche o xardín, a casa, o cuarto, o coche, as tetas..., pero eso aquí non funciona porque para un latino (enténdase como todo pobo romanizado durante séculos) o sentido da vida resúmese en ser rico e famoso.
Así o que está de moda en España son os Realities que consisten en crear famosos de 2 pesos, léase material funxible, de rendibilidade rápida, independientemente de que resulten perniciosos para algunhas industrias (como a 1ª Tempada de OT).
A última novidade foi a que estreou Cuatro o pasado domingo e que deron en chamala “Supermodelo 2006”. Xa polo nome un se pode imaxinar moitas cousas. Confírmanse.
O primeiro programa non tivo desperdicio. Como cabía esperar pura carnaza para saídos. 20 “tías buenas”. Todas entre 17 e creo que 23 anos. Competencia digna ós resumos da Liga que ofrecía La Sexta. A presentación de rigor e a continuación sesión de metro para coñecer ás medidas das concursantes. Primeiro momento de delirio: as concursantes menten nas súas medidas e éntralles unha histeria colectiva cando lle din as súas medidas reais. Bágoas a man salva, berridos, mosqueos, se repartisen peinetas negras aquelo era a Semana Santa de Ferrol. Había unha que afirmaba medir 1 metro 75 cm. e cando lle dixeron que medía 1,72 quería ensinar o papeliño do metro da farmacia para “demostrarle a España que no miento”. Seguen as medidas e o delirio, todas poñen tetas de máis e cadeiras de menos e despois morros porque a cinta métrica debe andar mal. E para concluír unha secuencia gloriosa digna dos Monty Python a noticia bomba: 7 concursantes deberán marchar ese mesmo día.
O que veu a continuación recordoume a outro “Reality”, a “Private Reality” pero en plan eufemístico. 20 tías falando de xeito individualizado e dicindo que “están dispuestas a todo por triunfar”. Así fora de contexto pode parecer que son eu un malpensado, ou directamente un pervertido, porque se me pasen pola cabeza determinados favores sexuais ante ese tipo de declaracións. Nada máis lonxe da realidade, eses pensamentos estaban directamente inducidos pola canción que escolleron de banda sonora para o momento: “White horse” de Wonderland Avenue e da que reproducimos a letra:
If you gonna ride
Don't ride the white horse
If you gonna ride
Don't ride the white horse
White horse (4x)
If you wanna be rich
You've got to be a bitch
If you wanna be rich
You've got to be a bitch
I said rich, bitch
Rich, bitch (4x)
If you gonna ride
Don't ride the white horse
If you gonna ride
Don't ride the white horse
White horse (4x)
If you gonna ride
Don't ride the white poney
If you gonna ride
Don't ride the white poney
If you gonna ride
Don't ride the white poney
If you gonna ride
Don't ride the white poney
Pois eso, rapazas feitiñas dicindo que farían de todo por triunfar, mentres escoltamos que “se queres ser rica tes que ser unha puta”. Está ben, para próximos programas eu recomendaría “Blow my whistle” de Dj Aligator que tamén sería moi propia.
Unha vez que comprobamos que as candidatas a Supermodelo se expresaban ben e tiñan as ideas claras, deron paso ás horribles e sacrificadas probas que serían dignas de “Humor Amarillo”. A primeira delas consistía en correr con roupa de inverno nunha cinta transportadora mentres lles sacaban fotos. Dramático. Máis choros, algún ostión e ata houbo unha que tivo que parar porque “se bloqueaba”. Pero o máis duro aínda estaba por vir. Na seguinte proba as fotos tiñan que ser submarinas. Ata que vin o programa nunca chegara a imaxinar o traumático que pode chegar a ser meterse nunha piscina con catro fanecas e un par de maragotas. “Tengo miedo”, “es mi punto debil”, máis choros, “yo para esto no valgo” e un longo etc que non me sae reproducir porque na vida vira tanta estupidez xunta.
Fora das trangalladas. O programa preséntao Judith Mascó que está horrorosa, fala de xeito lento evitando saltarse ningunha coma do guión, tesa como unha vara, fría, artificial e terriblemente encorsetada. E andiveron tamén por alí, Laura Ponte con cara de resacosa e Victorio y Luccino que non se perden unha festa.
Resumindo para non gastar moitas máis letras. Todo acaba cun desfile e con dúas novas nominadas ( o normal). A lectura que saco eu como hipocondríaco confeso é que actualmente a nosa sociedade conta cunha cantas xeracións con problemas mentais serios. Pero como me dixo hoxe un colega que dá a casualidade que se casa en 15 días, “si, son parvas pero hai cada cachonda...” Por outra banda, chama a atención que sexa Cuatro, teoricamente unha tele “progre”, a que emita o programa que máis denigra a imaxe da muller. Si señor, superámonos a diario. Para próximas tempadas eu suxírolles “Superpolla 2007” e “Miss camiseta mojada” que teñen clara vocación de servicio público.
Pd: Por se non nos enteráramos a primeira vez, a canción do desfile final volveu ser “White horse”.
Por: Fagot | Televisión | Comentarios (8) | Referencias (0)
A min todo esto lémbrame unha das películas máis deprimentes (non por que estivera mal feita, ó contrario): "They Shoot Horses, Don't They?" http://www.imdb.com/title/tt0065088/
Ambientada nos anos 30, cando nin tele había, ó cabo a xente daquela non era tan diferente a como é agora.
Martins | 31-08-2006 13:02:51
unha modelo | 31-08-2006 16:04:05
Moi certo, o dese filme si que é tratar á xente como se fose gando. A verdade é que representa moi ben todo ese espectáculo en plan "circo romano" no que se convertiu a televisión actualmente. Neste mesmo sentido eu tiña pensado escribir algo sobre "Network" de Sidney Lumet que fala da televisión directamente e da que tamén podemos sacar lecturas actuais.
Pd: Por se alguén non identificaba o filme: "They Shoot Horses, Don't They?", foi traducida ó español como "Danzad, danzad malditos".
Fagot | 31-08-2006 16:05:21
Re unha modelo:
Pois arguméntoo.
Por se quedaba algunha dúbida cando falo de "denigrar" non me refiro á profesión de modelo. Aclarado esto, explícome:
O programa xira en torno a un grupo de xóvenes, das cales algunhas delas non chegaron a unha madurez mental, ás que se manipula deliberadamente para provocar determinadas reaccións que satisfagan a unha audiencia. Así, se incide con distintas artimañas na inseguridade das rapazas que rematan maioritariamente chorando.
Esto paréceme triste, aínda que non sexa denigrante.
Pero se temos que falar de denigrar, non se me ocurre outro verbo para calificar o feito de que se potencie e se faga asumir determinados parámetros físicos para considerar a validez dunha persoa para unha determinada profesión. A estas rapazas incúlcaselle a necesidade de ter un determinado corpo e esa imposición non só me parece denigrante senon ademais perniciosa para elas e para o espectador que se deixe influenciar.
Sen ir máis lonxe, no programa de onte, no que por certo resultou expulsada a rapaza que máis pesaba, sometéronas a un horripilante xuízo na que as concursantes unha a unha debían ser criticadas na súa forma de vestir polas súas compañeiras. Como pretexto se trataba dunha clase de "estilismo". Esto basicamente é anular o libre albedrío de cada persoa e supeditala a uns cánones que non se sabe moi ben quen marca pero que hai que seguilos para "exercer ben" a profesión de modelo. E por se esto non fora suficiente remataron a xogada cun falso simulacro no que as nenas concursantes criticaban os corpos e as formas das súas compañeiras non se sabe moi ben con que criterio pero si o fin: ofrecerlle ó público pequenos conflictos entre nenas.
Resumo: Paréceme denigrante para a muller que se lle impoñan canones físicos. Paréceme denigrante que se entromentan no seu ser diario para marcarlle unha conducta mecánica. Paréceme denigrante que se explote diante do público a inocencia de rapazas de instituto.
Eso por non extenderme máis. Á marxe desto (e espero que nesto coíncida vostede comigo), paréceme mal, xa non neste programa senón noutros do seu estilo, que se venda a imaxe de que se pode facer un profesional en tres meses. Esa forma de frivolizar determinados traballos é absolutamente perniciosa para todo o mundo. Os rapaces medran coa crenza de que se poden facer famosos da noite para a mañá e vivir do conto o resto da vida. Vostede firma como "unha modelo", imaxino que o seu traballo e as súas loitas e desgustos debería de pasar, non? A min dáme a impresión de que este programa non pasa de ser un curso CCC intensivo no que non se crean profesionais, fanse churros cortados polo mesmo patrón e esto é un menosprezo xa non só da profesión senón de toda a xente que tivo que traballar duro para facerse un sitio.
Espero que quedara argumentado.
Fagot | 31-08-2006 16:49:36
Vin o outro día un anaco deste programa e quedei estupefacta pola cutrez da realización. A presentadora é unha nulidade e ainda que eu son unha come-tele que soporta case todo, en conxunto pareceume un aburrimento total.
Nilde | 10-09-2006 13:29:11
Benvida de novo Nilde!!!
A verdade non me quedei coa realización pero dame a impresión de que é 3 cuartos do mesmo no rollo reality. E sí coincido en que Judith Mascó como presentadora... uf.
Fagot | 12-09-2006 17:17:13
es un programa entretenido y diferenta a la mayoria de los reality shows! no denigra en absoluto la imagen de la mujer y si creeis que es así explicad por qué
ñ | 12-11-2006 13:34:24
Fagot | 12-11-2006 20:18:12