Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 01 de Setembro de 2006
Hai cousa dun mes marchábamos de vacacións coa estrea de "Cicatrices" ó noso regreso atopámonos con que se vai iniciar a rodaxe de "Rosa dos ventos" a que será a terceira curtametraxe de Jairo Igleias.
A productividade non lle gaña ninguén e Jairo Iglesias (este) ten xa un novo proxecto. Neste caso, o realizador santiagués adentrase nos recordos da viuda dun mariñeiro. Tedes tódolos detalles no diario de rodaxe da producción.
____________________________________________________________
O luns 4 de setembro na vila de Malpica de Bergantiños comezará a rodaxe da nova curta do realizador santiagués Jairo Iglesias.
Belén Constenla protagoniza xunto a Miguel Borines, María Castro e Fernando Morán unha historia de amor e soidade na costa da morte. ‘Ó marido de Rosa levouno o mar fai tempo e intenta vivir dos recordos, pero descobre que non son suficientes para calmar o baleiro de tantos anos de soidade’ en palabras do director.
Supón a primeira curta en galego do realizador santiagués ‘porque esta historia non tería sentido noutra lingua, é unha historia galega, próxima e real’.
A curta conta co apoio da Xunta de Galicia, producida por produccionesRETRATO e coproducida por Formatoriginal. Tamén contan coa colaboración do Concello de Malpica, PousadaSon e Dobleclic.info.
Na páxina web www.rosadosventos.es pódese ler un diario de rodaxe do director mentres está sendo deseñada outra páxina web especial para a promoción.
Tamar Novas foi o director de cásting da curta, facendo un traballo espléndido, e o equipo que traballou con Iglesias nos seus anteriores traballos mantense practicamente igual.
A curta terá unha duración aproximada de 17 minutos e gravarase en Alta Definición.
Por: Fagot | Cinema | Comentarios (0) | Referencias (0)