Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Domingo, 03 de Setembro de 2006

Hoosiers: Más que ídolos.

Dedicada a tres seleccións que xogaron ó baloncesto: España, Grecia e Arxentina..., e a outra que gañou o bronce.



Título Orixinal: Hoosiers
Ano: 1986
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: David Anspaugh
Guión: Angelo Pizzo
Interpretes: Gene Hackman, Barbara Hershey, Dennis Hopper, Sheb Wooley, Fern Persons, Chelcie Ross, Robert Swan, Michael O’Guinne, Wil Dewitt, John Robert Thompson, Michael Sassone, Gloria Dorson, Mike Dalzell, Calvert L. Welker, Eric Gilliom
Producción: Carter DeHaven, Angelo Pizzo
Producción Executiva: John Daly, Derek Gibson
Fotografía: Fred Murphy
Dirección Artística: David Lubin
Deseño de Producción: David Nichols
Música: Jerry Goldsmith
Son: Peter F. Kurland, Kenneth Hall, Pieter Hubbard
Montaxe: Carroll Timothy O'Meara
Vestiario: Jane Anderson

Sinopse:
Á pequena vila de Hickory chega un novo adestrador para o equipo de baloncesto local. Norman Dale está en horas baixas e a súa única motivación é adestrar, pero la mentalidade pechada da vila vaille por as cousas difíciles.

Comentario:
Hai unhas horas que España se acaba de proclamar campiona do mundo de básquet e como esto é noticia, hoxe tocaba comentar algún filme sobre tan ilustre deporte. A primeira opción que se nos pasou pola cabeza foi “Los blancos no las saben meter” un título que hoxe ten especial coña porque do quinteto ideal do mundial o único “negro” que hai é fillo dun venezolano e unha portoriqueña. Pero deixando as ironías do destino a un lado, pola que nos decidimos foi por esta “Hoosiers” un filme mítico dos 80 que tivo un notable éxito comercial e que en definitiva é unha peli resultona coa que pasar o rato.
“Hoosiers” é unha historia de basquet mesturada con tintes melodramáticos que a fan parecerse máis a un telefilme ben feito que a unha historia de celuloide. O filme cóntanos a historia dos habitantes dunha pequena vila de Indiana poboada por granxeiros aillados do mundo e para os cales o baloncesto é unha das poucas saídas que ven para que os seus fillos poidan cambiar o futuro que lles agarda. Con estas bases o argumento do filme céntrase na loita entre personaxes de orixe humilde con outras que tiveron máis oportunidades simplemente por nacer noutro lugar. Para completar o asunto, o guionista e productor Angelo Pizzo mestura o campionato de baloncesto, fio conductor do filme, con historias propias de melodrama como un pasado escuro e a necesidade de redención, as carencias afectivas, o alcoholismo, ou o rexeitamento dos aldeáns de calquera elemento que lles resulta alleo. Unhas tramas que nalgún momento semellan algo forzadas pero que son o suficientemente efectistas como para enganchar a espectadores ós cales o deporte lles tira dun pe. De feito, hai que sinalar de modo anecdótico que o filme tivo 2 nominacións ós Oscar e que unha delas foi para Dennis Hopper como mellor secundario no seu papel de borracho solitario que consegue vencer á bebida gracias a verse involucrado no corpo técnico do equipo. A outra das nominacións foi para a B.S.O. de Jerry Goldsmith, un clásico da música para filmes.
O máis destacable e o máis entretido do filme e a visión do compañeirismo e a amizade que se ensina no filme. A defensa dos valores nos que se cre, a importancia da colectividade e o significado da palabra “equipo” non exenta de certa visión épica son algúns dos motivos que fan que esteas enganchado ó filme e á viaxe destes heroes de camisa sen mangas desde a súa aldea de Hickory ata o estadio de Indianápolis.
Este argumento contrasta hoxe coa actuación da selección estadounidense de baloncesto, a cal, nunca foi un equipo, xogaron cada un polo seu lado, non se sacrificaron en ningún momento, desprezaron ós seus rivais e para colmo nin se dignaron a presenciar a final do torneo nin saudaron ós seus contrincantes cando foron derrotados. A dignidade e a forte personalidade do adestrador protagonista de “Hoosiers” capaz de levar á victoria ós máis humildes evidencia a pobreza dun homólogo seu na realidade, o mitificado Mike Krzyzewski, unha lenda do baloncesto universitario que marcha co rabo entre as pernas despois de dirixir a unha banda de saltimbanquis entre os que repartiu minutos de xogo igual que se reparten algunhas subvencións da Xunta.
Que se lle vai facer? Esta visto que nos EE.UU. non sempre fan o mesmo que predican.

Nota: 5,8

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos