Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 04 de Setembro de 2006

Buenas noches y buena suerte.

Ética para tempos de demagoxia.



Título Orixinal: Good night, and good luck
Ano: 2005
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: George Clooney
Guión: George Clooney, Grant Heslov
Interpretes: David Strathairn (Edward R. Murrow), Robert Downey Jr. (Joe Wershba), Patricia Clarkson (Shirley Wershba), Ray Wise (Don Hollenbeck), Frank Langella (William Paley), Jeff Daniels (Sigfried "Sig" Mickelson), George Clooney (Fred Friendly), Tate Donovan (Jesse Zousmer), Tom McCarthy (Palmer Williams), Matt Ross (Eddie Scott).
Producción: Grant Heslov.
Producción Executiva: Marc Butan, Ben Cosgrove, Mark Cuban, Jennifer Fox, Chris Salvaterra, Jeff Skoll, Steven Soderbergh, Todd Wagner
Fotografía: Robert Elswit.
Dirección Artística: Christa Munro.
Deseño de Producción: Jim Bissell.
Son: Randall L. Johnson, John Joseph Thomas, Curt Schulkey, Aaron Glascock
Montaxe: Stephen Mirrione
Vestiario: Louise Frogley

Sinopse:
En plena caza de bruxas contra o comunismo nos EE.UU. un xornalista da CBS está disposto a xerar un debate na opinión pública sobre a legalidade dos métodos empregados polo senador McCarthy co fin de preservar a seguridade nacional.

Comentario:
Dos filmes que nos quedaron atrás nos Oscar deste ano (a maioría xa que se estrearon con moi pouca antelación con respecto á cerimonia) este era un dos que nos parecía máis atractivo, a priori. Primeiro porque supón o debut de George Clooney na dirección, despois porque o número de productores executivos, entre os que se atopa Steven Soderbergh, por fotograma é unha animalada e terceiro porque foron moitos os xornalistas de distintos medios de comunicación que fixeron interesantes reflexións sobre a deontoloxía profesional despois de ver o filme.
Máis alá de consideracións frívolas como dicir que está moi ben presumir de “rojo” cando se ataca a alguén que non che pode devolver os golpes, o filme cremos que se queda en correcto.
O filme nárranos a historia de Edward R. Murrow, un xornalista que arriscando a súa posición toma partido na caza de bruxas para denunciar as inxustizas cometidas polo senador McCarthy. Como base parece unha boa historia, sen embargo o guión do propio Clooney e do productor Grant Heslov remata perdéndose nunha estructura reiterativa coa que se constrúe o filme e que non é outra que unha sucesión de programas de televisión. Sumado a esto, a caza de bruxas está tratada dun xeito bastante superficial como intentando non molestar a ninguén e eludindo polémicas como as importantes repercusións que tivo no cinema de Hollywood, por exemplo. Ó final, a película remata convertíndose nunha especie de moralina que nos convida a reflexionar sobre o valor da televisión como instrumento de información ou de transmisión de coñecementos e do mal uso que se está a facer da mesma. Sen embargo, o caracter puramente discursivo dunha tese que, non deixa de ser unha obviedade, e a excesiva corrección coa que se plantexa fai que nos quede a sensación de que se frivolizou cun tema que realmente dá para abrir un debate social (senón pensemos na nosa “Galega”).
Outro dos puntos negativos é que parece que o filme non rematou de desenvolverse completamente. Remata de xeito prematuro deixando moitas frontes abertas nas que non podes tirar moitas conclusións. Ademais non consegue unha evolución crible e semella que moitas cousas pasan porque teñen que pasar.
No que respecta ó Clooney director pouco se pode dicir. Fai un traballo correcto, sen alardes e que tampouco chama a atención. Quizais a única crítica que se lle poida facer é que por momentos o filme está algo carente de ritmo e igual demandaba outra montaxe en varias partes da fita.
Do mellor do filme quedámonos coa excelente foto en branco e negro de Robert Elswit que lle valeu a nominación ó Oscar. Outro dos nominados foi o protagonista David Strathairn que fai un gran traballo aínda que no campo da interpretación nós nos quedamos con Ray Wise, ó que coñecemos por ser o pai chalado de Laura Palmer en Twin Peaks, e que pese a ser dado á sobreactuación interpreta a unha das personaxes máis interesantes do filme.
Recordar tamén que o filme estivo nominado a Mellor dirección, Mellor película e Mellor guión orixinal pero atopouse con Crash que arrasou con todo. De tódolos xeitos tampouco se pode dicir (salvo na foto) que este filme fose merecedor real dalgún deses premios.

Nota: 5,5

Web oficial

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009