Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Xoves, 07 de Setembro de 2006
O regreso do mellor Cronenberg

Título Orixinal: A history of violence
Ano: 2005
Nacionalidade: EE.UU., Canada
Dirección: David Cronenberg.
Guión: Josh Olson; baseado na novela gráfica de John Wagner e Vince Locke.
Interpretes: Viggo Mortensen (Tom Stall), Maria Bello (Edie Stall), Ed Harris (Carl Fogarty), William Hurt (Richie Cusack), Ashton Holmes (Jack Stall), Stephen McHattie (Leland Jones), Heidi Hayes (Sarah Stall), Greg Bryk (William "Billy" Orser), Peter McNeill (Sheriff Sam Carney).
Producción: Chris Bender, J.C. Spink
Producción Executiva: Kent Alterman, Cale Boyter, Josh Braun, Toby Emmerich, Justis Greene, Roger Kass.
Fotografía: Peter Suschitzky
Dirección Artística: James McAteer
Deseño de Producción: Carol Spier
Música: Howard Shore
Son: Steve Switzer, Rob Bertola
Montaxe: Ronald Sanders
Vestiario: Denise Cronenberg
Sinopse:
Tom Stall vive tranquilamente coa súa familia unha solitaria vila cando un violento atraco ó bar da súa propiedade remata coa morte en defensa propia dos asaltantes. Tom vai ser aclamado pola súa actuación polos habitantes da vila e os medios de comunicación. Sen embargo cando intente volver á normalidade vaise atopar coa chegada á vila dun home misterioso que pretende medirse a el.
Comentario:
Os videoclubes seguen a encherse coas produccións dos pasados Oscar así que nos seguimos a súa estela e vamos completando esas horas de visionado que nos perdemos. A última fita que vimos das que deixamos atrás foi esta “Historia de violencia” que supoñía o retorno de Cronenberg á dirección nunha historia moi do seu tipo e marcada polo que xa podemos chamar o “ideario Cronenberg” que se caracteriza fundamentalmente pola violencia e o sexo.
Un feito que marca decisivamente o filme é que se trata dunha adaptación (outra máis) dun cómic. Neste caso, o feito de que se trate dunha adaptación leva ó filme a ser simple e directo alonxado da complexidade e, ás veces, inexplicables actitudes que teñen algunhas das personaxes creadas por Cronenberg. Esta simplicidade é un dos acertos do filme xa que o espectador sabe en todo momento cara onde camiña e pese á profundidade non explícita da personaxe de Viggo Mortensen podemos interpretar á perfección cales son as súas motivacións e que sentimentos moven en cada momento os seus actos.
Neste senso podemos dicir que case se trata dun filme “monotrama” onde a historia de Tom Stall absorbe toda a atención e onde o que acontece colateralmente queda diluído entre a incertidume que nos provoca o protagonista. De feito, as que poderíamos chamar tramas secundarias, como a historia do seu fillo, quedan relegadas a un plano moi secundario e chegan a parecer fora de sitio. Este feito é subsanado rapidamente polo guionista Josh Olson que optará por cortalas de raíz e centrarse no que realmente atrapa e produce curiosidade no espectador que é por un lado a volta á normalidade e por outro a redención de Tom Stall.
Tratase dun filme entretido, sen moita complicación e co que pasar un bo rato, especialmente os amantes da “estética Cronenberg” que disfruten con eses planos medio asquerosos que o realizador nos regala en cada un dos seus filmes ademais das súas fantasías sexuais que nunca poden quedar atrás.
Dicir tamén que o filme tivo unha nominación ó Oscar a mellor actor de reparto polo papel de Willian Hurt, algo que nos fixo especial gracia ó comprobar que non só nos Mestre Mateo se nomina a mellor secundario ós figurantes con frase. De tódolos xeitos e pese ó ínfimo papel, hai que recoñecer que Hurt está soberbio e que dá pe a un dos momentos máis tensos do filme.
Resumindo, non defrauda.
Nota: 6,5
Web oficial
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (2) | Referencias (0)
Este Cronemberg é o de Crash, aquel filme estraño de accidentes con sexo, ou sexo con accidentes, non si?
mendinho | 07-09-2006 19:53:54
Ese mesmo. Crash tamén a temos comentada:
http://apelidodia.bitacoras.com/archivos/2006/02/1...
E o mesmo de outras coñecidisimas como o remake de "La mosca" dos anos 80 con Gena Davis ou de auténticas paranoias como "Nacked Lunch" ou "Vinieron dentro de..."
Fagot | 07-09-2006 20:10:47