Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 08 de Setembro de 2006
Adoro a Michel Gondry

Título Orixinal: Human Nature
Ano: 2001
Nacionalidade: EE.UU., Francia
Dirección: Michel Gondry
Guión: Charlie Kaufman
Interpretes: Tim Robbins (Nathan Bronfman), Patricia Arquette (Lila Jute), Rhys Ifans (Puff), Miranda Otto (Gabrielle), Rosie Pérez (Louise), Hilary Duff (Lila Jute xoven), Stanley DeSantis (Doctor), Peter Dinklage (Frank), Toby Huss (Padre de Puff), Bobby Pyle (Puff xoven).
Producción: Anthony Bregman, Ted Hope, Spike Jonze, Charlie Kaufman.
Fotografía: Tim Maurice-Jones
Dirección Artística: Peter Andrus
Deseño de Producción: K.K. Barrett
Música: Graeme Revell
Son: Gregoire Couzinier, John Reese, Larry Commans
Montaxe: Russell Icke
Vestiario: Nancy Steiner
Sinopse:
Un científico obsesivo e unha naturalista, que sufre unha enfermidade pola cal non deixa de medrarlle o pelo por todo o corpo, atopan a un home que vive como un simio aillado da humanidade. Mentres o científico intentará con tódolos seus medios civilizar ó home-simio a naturalista intentará preservar o seu estado de simio como máxima expresión da liberdade.
Comentario:
A única forma que se me ocorre de comezar este comentario é cunha declaración de intencións: Adoro a Michel Gondry. Adoroo desde o “Human Behaviour” ou o “Army of me” de Bjork, pasando polo “Come into my world” de Kyle Minogue, ata o marabilloso “Like a rolling stone” dos Rolling Stones. Adoroo pese a que os seus filmes non estean entre os meus favoritos nin sexan as mellores obras de arte do celuloide. Simplemente adoro a Michel Gondry porque no século XXI fai cinema do século XXI e porque desborda inxénio, e porque intenta ser orixinal e porque en cada un dos seus traballos vai sacar algún truco da manga para deixarte abraiado. Lonxe de tódolos directores que pasan desapercibidos nos seus traballos, Gondry asume un papel activo facendo do oficio de director unha seña de identidade e esto nos tempos que corren, onde priman os técnicos industriais de factura comercial, e case unha fazaña.
Con todo, parecía que Gondry nunca ía dirixir un filme xustamente porque segundo chegou a afirmar non quería unha longa “plagada de efectos especiais co único fin de ser atractiva visualmente”. E foi entón cando outro dos meus adorados, Spike Jonze lle presentou a Charlie Kaufman que levaba un tempo paseando este guión polos estudios e desta unión naceu “Human Nature”, unha reflexión filosófica en clave de comedia. O filme é deses ós que xa nos ten acostumados Kaufman, grandes doses de delirio, moita ironía encuberta e sobre todo o que máis destaca nos seus filmes, puntos de xiro extremadamente potentes. Por extensión o mellor do filme é o que sempre che atrapa de Gondry e de Kaufman que é que estas a ver unha película na que todo é posible e eso engancha. O peor é que, quizais neste caso, a trama principal se faga un chisco predecible aínda que Kaufman sempre ten un xiro final para alardear de que todo pode cambiar nun segundo se a el lle peta.
Como cabe esperar da camarilla que fan este filme, a técnica é unha cuestión ampliamente superada e a peli conta cunha fotografía absolutamente xenial e unha gran montaxe. A estética que consegue Gondry é realmente boa.
Sen embargo, que ninguén se leve a engano e pense que se trata dunha fonda reflexión sobre o seu humano porque non é así. “Human Nature” é un divertimento, un filme entretido cunha factura impecable que conta unha historia con personaxes moi humanos e moi animais. É probable que sexa algo frívola ou que se quede nunha visión extremadamente naif da natureza humana pero desde logo dá para pasar un moi bo rato.
A única dúbida que me queda e que me asaltou lendo un dos post de Martín Pawley é: Se Charlie Kaufman presentara un guión coma este ás axudas a desenvolvemento da Xunta, concederíanlle a subvención?
Nota: 7
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (2) | Referencias (0)
Obviamente, non. Non lle daría subvención a Xunta, nin a Generalitat, nin o ministerio de cultura, nin ninguén, pode estar ben seguro. Digo máis: un filme así sería rexeitado na maior parte dos festivais españois.
Martin Pawley | 09-09-2006 21:31:28
Si, seguro que así sería. Ata fai gracia imaxinar, Festival de Málaga. Sección Oficial: "Los Aires difíciles", "Azuloscurocasinegro" e "Human Nature" :)
Dá a impresión de que non pega :)
Fagot | 10-09-2006 11:46:13