Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 08 de Setembro de 2006
As oposicións a tertuliano de T5 arrancan con polémica.

Esta mañá comprobamos que a edición dixital de La voz de Galicia abría a súa sección de cultura cunha nova que probablemente fara que temblen os pilares da civilización occidental: Un pucherirazo en Gran Hermano.
Pero recapitulemos por se alguén non sabe de que vai o rollo. Por se non fora suficiente arrancar unha edición cun "galán", unha "ex" e unha "amante" ese programa chamado GH decidiu este ano superarse a sí mesmo e ós responsables ocorreuselles que a mellor forma era facer a elección do último concursante en directo. Así tódalas persoas que se presentaran nos platós de T5 o día D á hora H eran potenciais concursantes, ou visto desde outra óptica, aspirantes a conseguir un bo chope nalgún programa morrallento post paso pola casa.
O resultado era de agardar, miles de persoas se agolparon arredor dos platós de T5 coa esperanza de poder convetirse nun famoso de 2 pesos máis nesa enorme constelación na que vai haber que comezar a distinguir entre "famosos" e "famosos ananos" igual que se fixo con Plutón.
O caso é que despois dun par de días de desvaríos varios que serviron para nutrir a outros programas da cadea e ó cachondeo xeral ó comprobar que hai máis xente disposta a facer centos de kilometros coa esperanza de entrar nun concurso que a manifestarse polo prezo da vivenda, chegou a hora H.
A hora H foi toda unha homenaxe ó humorista Andy Kaufman, xa que en pleno xuízo sobre a presunta compra ilegal de accións por parte da ONCE, GH8 abre cunhas azafatas en plan "Telecupón" sacando boliñas para ver quen é o afortunado. E todo ía ben "unidades de millar... el 0", "centenas... el 1", "decenas... el 3", "unidades... el 3" e premio entra unha tal Romina, madrileña en paro, "no se lo puede creer".
Pero pouco despois en Internet salta a polémica. A azafata do telecupón puxo torta a súa boliña e as centenas non son un 1 senón un 7. "É un 7". "É un 1", "É un 7". "É un 1", "É un 7". "É un 1" e así ate o infinito. Tele 5, non sabemos se inconsciente ou de xeito intencionado xa ten polémica coa que manter enganchados a millóns de persoas e anuncia que buscará ó 733. E continúa o show que para quen estexa interesado Javi Carrera conta no seu blog tódalas novidades.
En fin, este é o retrato do país onde vivimos, especuladores, corruptos, pirómanos e un largo etc, sen que ninguén se movilice sen embargo unha boliña torta nun programa de máxima audiencia está a piques de provocar unha tractorada
Paso de facer máis comentarios. Por se a alguén lle interesa a representación galega deste ano chega desde Porriño.
Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)