Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Luns, 11 de Setembro de 2006

Hard Candy

O que costa sacar adiante unha boa película.



Título Orixinal: Hard Candy
Ano: 2005
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: David Slade
Guión: Brian Nelson
Interpretes: Patrick Wilson (Jeff Kohlver), Ellen Page (Hayley Stark), Sandra Oh (Judy Tokuda), Odessa Rae (Janelle Rogers), Gilbert Jones.
Producción: David Higgins, Richard Hutton, Michael Caldwell.
Producción Executiva: Paul G. Allen, Rosanne Korenberg
Fotografía: Jo Willems
Dirección Artística: Felicity Nove
Deseño de Producción: Jeremy Reed
Música: Molly Nyman, Harry Escott.
Son: Gerard Vernice, Richard Taylor, Dennis Grzesik
Montaxe: Art Jones
Vestiario: Jennifer Johnson

Sinopse:
Un fotógrafo queda cunha adolescente de 14 anos por medio dun chat. Despois da cita, o fotógrafo leva á xoven á súa casa onde beben un pouco e comezan unha festa na que a adolescente xa comezou a quitarse a roupa. Sen embargo nese momento o fotógrafo perde co coñecemento. Cando o recobra atópase amarrado a unha cadeira e a adolescente xa non é tan inocente como parecía.

Comentario:
Co mesmo título que un filme porno e mesmo con algún plano coincidente que denotaba a boa elección do título en ambos filmes, chegaba ó festival de Xixón unha película completamente descoñecida chamada “Hard Candy”. Esa foi a primeira vez que escoitamos falar dela e durante todo o 2005 non parou de comentarse nos corrillos de productores de festivais de medio mundo. E é que foras onde foras aí estaba “Hard Candy”. Sen embargo, a realidade para o espectador é outra e o filme pese andar acumulando premios por todo o globo non tiña data de estrea e pasou un ano sen que puidese ser vista nas salas. Finalmente estreouse este ano. A razón foi probablemente o tema do que fala o filme: A pederastia.
Queda claro que nos EE.UU. e no seu puritanismo aceptado é dificilmente asumible que un dos fillos do tío Sam se poña a falar abertamente do abuso a menores pero tampouco é menos certo que nesta sociedade europea que presume de apertura de miras, falar de certos temas segue a ser algo incómodo do que ás veces convén afastar a mirada. Sen embargo é como sempre se lle pode dar a volta á chaqueta para revestirte, o que podería ser unha historia de pederastia foi intelixentemente reconvertido nun thriller sicolóxico, que esto si que se pode aceptar, e acabou pasando polos santuarios do xénero, acostumados a ver calquera cousa e onde este filme arrasou por méritos propios. Así, en Sitges, marabillou e acumulou case que tódolos premios posibles ante a cara de pampos dos responsables de filmes de terror adolescente que compiten anualmente por ver quen se dirixe ó espectador máis parvo.
Paradóxica e nun punto indignante nos parece esta odisea, especialmente porque cremos que “Hard Candy” é unha boa película, unha moi boa película.
Para comezar, é unha oda á xestión dos medios escasos e a como rendibilizalos para facer que un producto condicionado pola precariedade poida competir contra os xigantes da industria. Só a idea de plantexarse un filme de 2 personaxes nunha localización é un exercicio de valentía, algo do que podería presumir Mankievitz pero que non está ó alcance de calquera. De feito pode estar orgulloso o director David Slade de saír airoso dun filme tan complicado. Se o comparamos con traballos similares como Tape de Linklater, hai que dicir que Slade parece que ten moito máis claro o que ten que facer en cada momento do filme e que sabe levar á perfección o tempo da película con continuos cambios de ritmo para meterche dentro. Loxicamente, nun filme destas características o outro gran triunfador é o guionista Brian Nelson que fai posible que o filme non remate caendo na teatralidade con diálogos áxiles e moi naturais nos que pese a contar cunha grande profundidade non resultan dogmáticos nin unha colección de máximas filosóficas.
E como é normal, máis alá dos aspectos técnicos está a historia. Unha historia de abusos a menores onde cobran unha importancia clave os actores, especialmente Ellen Page que está impresionante. O mellor do filme e da historia é que fuxe con intelixencia de calquer xuízo de valor sobre a pederastia e que lle pon o espectador as cartas sobre a mesa para que el mesmo decida con cal das dúas personaxes principais se identifica.
O peor é que, nalgún caso, consideramos que a intensidade do filme non está ben medida de todo e os puntos de maior tensión non está colocados de xeito adecuado o que fai que chegados ó final se produza un baixón que deriva nun desenlace no que entramos algo cansos e medio a trompicóns.
En todo caso, e pese a que algúns críticos do Fotogramas consideren que este filme é mediocre (despois de poñer polas nubes “El otro lado de la cama” por exemplo) a nós parécenos unha lección de cine e recomendámola.

Nota: 7,5

Web oficial

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Presupuestos generales