Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Martes, 12 de Setembro de 2006
Xa vale, esto é demasiado.

Título Orixinal: Hostel
Ano: 2005
Nacionalidade: EE.UU.
Dirección: Eli Roth
Guión: Eli Roth
Interpretes: Jay Hernandez (Paxton), Derek Richardson (Josh), Eythor Gudjonsson (Oli), Barbara Nedeljáková (Natalya), Jana Kaderabková (Svetlana), Jan Vlasák (Empresario alemán), Rick Hoffman (Cliente norteamericano), Jennifer Lim (Kana), Keiko Seiko (Yuki), Lubomir Bukovy (Alex), Jana Havlickova (Vala), Takashi Miike (Miike).
Producción: Mike Fleiss, Eli Roth, Chris Briggs.
Producción Executiva: Boaz Yakin, Scott Spiegel, Quentin Tarantino.
Fotografía: Milan Chadima
Dirección Artística: David Baxa
Deseño de Producción: Franco-Giacomo Carbone
Música: Nathan Barr
Son: Pavel Vencl, Petr Stuchlík, Tim Tuchrello, Marcelo Teson, Herwig Maurer.
Montaxe: George Folsey Jr
Vestiario: Franco-Giacomo Carbone
Sinopse:
Dous estudantes universitarios americanos veñen a Europa de turismo sexual e rematan atopando unha rede que se dedica á cacería de seres humanos.
Comentario:
“Hoy, en Estrenos de Cartelera, presentamos Hostel, un apasionante thriller producido por Quentin Tarantino”. E eu iluso de min vou e créomo. Por algunha razón pensei que igual me ía atopar con “Chunking Express”. Erro.
Xa está ben, temos que aturar filmes como “A todo gas”, comémonos tódolos bódrios que bautizaron como “comedias románticas”, asistimos a como usurpan grandes obras cos remakes dos clásicos, pero esto é demasiado. “Apasionante Thriller” esto mesmo foi o que se dixo para promocionar o “Munich” de Spielberg e este “Hostel”, este enxendro, non é un thriller apaixonante, non é un thriller, non é unha historia, non é unha película. Pero imos desmembrala ben que merece a pena.
Esto vai de 3 tipos, dous ianquis e un islandés, que para eles é “vikingo”, que veñen a Europa para facer turismo sexual (ata aí podemos aceptar). Loxicamente como o retrasado espectador daqueles lares vive nunha cultura occidental que non se parece nada a esta, hai que explicarlle que en Europa tódalas mulleres fuman e se drogan e que “hai que respectar as súas costumes” (esto é moi bo). Despois de saír dun puticlub de Amsterdan atópanse cun tipo que lles dí que para mulleres onde hai que ir é ó leste, en concreto a Bratislava porque están todas moi boas e “por culpa da guerra quedáronse sen homes”. QUE GUERRA????, Eli Roth do carallo, puñetero analfabeto, léete un puto libro antes de comezar a escribir so mamón. Bratislava capital de Eslovaquia, mírate un puto mapa, busca na wikipedia se non dás para máis (Demografía por sexos de Eslovaquia). En fin, que tiran para Bratislava onde se meten nun albergue e comparten cuarto cunhas tipas do lugar que lles gusta andar en pelotas, drogarse e tirarse ós americanos que chegan a Bratislava, lóxico. Pero hai gato encerrado, é todo unha trampa para metelos nun galpón e despois cobrarlles a terceiros para que os torturen e descuarticen (case case como as prisións secretas da CIA pero á inversa). No galpón este, matar a un americano págase a 25.000 dólares, sae barato pero podes matar un oriental por 15.000 (que eles sempre teñen que ser o máis). Loxicamente o primeiro en palmar é os islandés que para que queríamos un “vikingo”? Despois palma outro. E despois queda o xenuíno macho californiano, que non quero pensar como sería se chega a ser de Utah ou de Winsconsin, que se ve amarrado a unha silla cun carniceiro disposto a cortalo pola metade. Primeiro ampútalle uns dedos pero..., vaia desgracia, escúrrese ó pisar os dedos amputados e córtase unha perna na caída coa motoserra que tiña nas mans. Moi instructivo todo. E nese momento o noble americano posuído polo espíritu de John Rambo, colle unha pistola mata a 3 ou catro vixiantes e cando chega á saída e pode fuxir escoita os berridos dunha turista xaponesa. Dá media volta sálvaa colle un coche e fuxe por Bratislava adiante pero a policía tamén está compinchada e agora toda Eslovaquia vai detrás del pero logra escapar correndo coa xaponesa despois de atropelar ás furcias eslovacas que se tirou e que o meteron en todo esto. Chega a unha estación de tren, a xaponesa comproba que as torturas lle desfiguraron o rostro e voluntariamente tírase a un tren en marcha, VIVA!!!! Pero o noble americano (que conste que non poño tantas veces americano por que queira senon porque é a personaxe a que o repite incesantemente) non ten tempo para desgustos porque na mesma estación está o asasino do seu amigo. En canto ve que vai ó baño, vai tras el e nunha estación de tren rodeada de cámaras con xente por todas partes, un cidadán do país que inventou o CSI, córtalle o pescozo ó asasino do seu amigo con total impunidade e acto seguido monta no tren para que aparezan os créditos da película.
Que merda é esto???? Estas cousas non se poden tolerar. Onde están os críticos??? Como cadeas de televisión, ou xornais, ou radios no seu sano xuizo poden dicir algunha palabra deste filme sen facer público que se trata dunha porcallada de niveles inalcanzables. Como se lle permite a unha distribuidora colocar este lixo nas nosas salas? Señores do Ministerio de Cultura que co monopolio que se teñen montado entre a distribución e a exhibición e que nos tapan o espacio co pus dos seus granos. E que estas cousas castíganse. Amigos de Lions Gate que porque teñades Hard Candy non teño que soportar esto. Metédeo no cu e dádelle voltas. Que esta cousa se estreou con 200 e pico de copias, que estivo varias semanas en cartel, que impediu que se estreasen filmes, xa non digo cousas mellores, impediu que se estreasen filmes. E esto, que ten un tufo a vídeo que apesta e que a súa relación co cine é levar o nome de Tarantino como productor está coméndose o espacio que pode ter un ou mil cineastas para ensinar o seu traballo. A ver se nos damos conta dunha vez do que estamos falando. En lugar de facilitarlle o terreo a un Carlos Alberto Alonso, ou a un Alex Sampaio, ou a un Dani de la Torre, ou a un Rafa Calvo, a quen lle poñemos a pista libre é ó puñetero Eli Roth que non deixa de ser un matado sen puta idea, pero claro, un matado dos deles. Tarantino and company se cagan de risa deste mercado, deste público e de todos nós e o único que fan é levarse algún profesional daquí (eso sí o mellor que haxa) para consolidar os beneficios que xa teñen. Mentres tanto nós somos os que nos comemos toda a súa merda porque o que fan ben xa o saben colocar no momento que lles interesa. É lamentable.
Nota: 0,5
As 5 décimas lévaas Takashi Miike que fai un cameo.
Por: Fagot | Filmes | Comentarios (2) | Referencias (0)
En primeiro lugar, estou completamente dacordo co de Takashi Miike, o único que paga a pena en toda a película.
Inda que esta película é un insulto ao cinema, e entendendo o teu enfado, teño que dicirche algo do que parece que ninguén se decatou, e é que Eli Roth seguramente só quería facer unha parodia mais ou menos gore da película dun par de anos antes "Eurotrip". Xa sei que parece unha estupidez, parodia dunha merda. Pero comparando ámbalas dúas, as similitudes son demasiado evidentes. Lamentable o xeito co que venderon a película, pero só quería dicir que probablemente a pretensión de Eli Roth era papar cartos e brindar un pouco de entertainment baleiro para as masas sedentas de soma.
Un saúdo, e que non teñas disgustos tan grandes coma este proximamente
Anxo | 13-09-2006 12:29:51
Pois..., verei "Eurotrip" porque a verdade é que non a vin e non podo dicir nada do que comentas.
E sí probablemente sexa brindar entretemento porque sí, pero é que eso tamén se pode facer ben. E en todo caso, tamén se pode facer así para o Michigan profundo e que non no lo exporten. Nós tamén podemos dicir que as pelis de Héctor Carré son "entertainment baleiro" pero non se estrean nos EE.UU.
Eu no fondo, máis que que a peli sexa unha merda, que o é (pese a ter esa posible lectura de parodia, que eu descoñecía) o que me molesta realmente é a permisividade coa que filmes como este ocupan o noso mercado. Existe unha competencia completamente desleal, o espectador habitual de cine está obrigado a ver filmes como este simplemente por ocupación.
Fagot | 14-09-2006 00:40:16