Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 16 de Setembro de 2006
Información de La voz de Galicia
Prolongando a duración dos vellos programas dobres nos cines de barrio Galicia, terra de cine iniciou o traballo de difusión e promoción dos proxectos cinematográficos galegos cunha xornada maratón na que se puideron coñecer algúns dos detalles de máis de corenta propostas, entre longametraxes de ficción, documentais, animación e televisión.
As sucesivas presentacións de películas por estrear, proxectos en desenvolvementos e algunhas longametraxe en fase de rodaxe foron orientadas a dar a coñecer aos medios de comunicación cal é o momento actual e que se pode esperar dos próximos meses no sector audiovisual galego. Neste sentido, o calendario cinematográfico galego apunta tres estreas de ficción para o que queda de ano e outras tantas para os primeiros meses de 2007.
Segundo o xerente do consorcio, Nacho Varela, estes «encontros permiten ofrecer unha imaxe de conxunto e reforzan o carácter do sector».
A primeira parte da mañá estivo dedicada a subliñar a actividade documental, orientada basicamente á televisión, destes meses en Galicia. Cinco documentais de argumentos tan variados como a recuperación da memoria por Xan Leira en Exilios ou Crónicas do 36 ata o repaso ao mundo circense en Galicia, de Pela del Álamo, que asegurou que A cuarta Pista era «o reflexo dunha nova xeración».
Outono movido
As longametraxes de ficción marcan un outono movido no sector. Presentáronse Abrígate e Concursante, desde Continental, as dúas con actrices galegas nos seus repartos, María Bouzas e Miriam Gallego. Filmanova presentou a segunda longametraxe de Antón Reixa, Hotel Tívoli, que está finalizada e que tamén será estreada nos vindeiros meses. Xunto a esta cinta, a produtora presentou unha orientada a un público completamente diferente, aventuras dunha familia nunha casa á que acaban de mudarse, Os totenwackers.
Formou parte das presentacións matinais a primeira película dirixida por Jorge Algora. O neno de barro , unha longametraxe filmada en Buenos Aires e que conta a historia do primeiro cativo asasino en serie. Unha historia que, segundo o seu director «resultará dura para moitos espectadores, pero este tamén un dos cometidos do cine». A cinta está producida por Adivina.
Vía Láctea presentou Metílico, unha película en fase de desenvolvemento que está baseada nos casos reais de adulteración do alcohol para consumo que provocaron varias mortes nos arredores do Carballiño nos anos sesenta. Milou Films presentou unha das poucas cintas estreadas das que pasaron polos encontros, Días Azuis, con premiere recente en Ferrol e protagonizada por Óscar Jaenada.
A produción para televisión está marcada por unha serie presentada por Continental integrada por telefilmes autoconcluíntes, thrillers do que o primeiro deles titúlase Ecos e que trata a desaparición dunha nena despois de que a súa nai trate de salvala dun accidente na piscina da súa casa.
Para o mesmo soporte, Vaca Films participou nos encontros coa presentación de tres tv movies , entre as que xa está finalizada O partido, cun elenco entre os que figuran Carlos Blanco, Antonio Durán, Morris, e Xosé Bonome. A produtora prepara unha película que adapta unha obra de Mihura.
Por: Fagot | Cinema | Comentarios (0) | Referencias (0)