Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 21 de Setembro de 2006

V de Vendetta

O retorno dos Wachowski



Título Orixinal: V for Vendetta
Ano: 2005
Nacionalidade: EE.UU., Reino Unido, Alemania
Dirección: James McTeigue.
Guión: Andy Wachowski, Larry Wachowski. Baseada na novela gráfica de Alan Moore e David Lloyd
Interpretes: Natalie Portman (Evey), Hugo Weaving (V), Stephen Rea (Finch), Stephen Fry (Deitrich), John Hurt (Adam Sutler), Tim Pigott-Smith (Creedy), Rupert Graves (Dominic), Roger Allam (Lewis Prothero), Ben Miles (Dascomb), Valerie Berry (Bane), Sinead Cusack (Delia Surridge), Nathasha Wightman (Valerie), John Standing (Lilliman).
Producción: Joel Silver, Grant Hill, Andy Wachowski, Larry Wachowski.
Fotografía: Adrian Biddle
Dirección Artística: Marco Bittner Rosser, Sarah Horton, Sebastian T. Krawinkel
Deseño de Producción: Owen Paterson
Música: Dario Marianelli
Montaxe: Martin Walsh
Vestiario: Sammy Sheldon

Sinopse: Inglaterra está baixo o control dun réxime opresor e totalitario. Every, unha rapaza obreira, comete unha leve infracción ó violar o toque de queda e esto pode causarlle serios problemas coas autoridades. Sen embargo, vai ser rescatada por V un enigmático terrorista disposto a plantarlle cara ó goberno e a liberar ós cidadáns de Inglaterra.

Comentario:
O pasado 12 de setembro, aproveitando a paranoia terrorista do día previo, saíu á venda a edición en Dvd de V de Vendetta, probablemente un dos dvds máis agardados do ano e que está plagado de contidos extras e toda serie de chorradas que seguro que fan as delicias de todo friki e tamén dalgún que outro profesional ou neófito, ó tempo que vai correndo para a enorme saca dos Reis Magos que se forrarían este nadal se levaran unha porcentaxe. Moi estudiado teñen esto os Wachowski, especialmente do que supuxo o mundo Matrix.
Fora da maquinaria de facer cartos, os irmáns Wachowski, son desa xente que produce sentimentos encontrados. Neste, o seu retorno, escúdanse na dirección detrás da figura de James McTeigue, que por outro lado non ten o maior rubor en facer público que moitas das decisións na dirección corresponderon ós Wachowski. Por unha banda, a negación da autoría dunha obra sempre representa un acto heroico ou cando menos reivindicativo, por outro está o odio dos Wachowski á prensa, froito non só de que mundialmente se dixese que tanto “Matrix Reload” como “Matrix Revolutions” son dous auténticos bodrios senón polo tratamento que lle deu a prensa á vida de Larry Wachowski, agora Laurenca despois do seu cambio de sexo, co que se meteron de forma despiadada na revista Rolling Stone ó facer público que era cliente habitual de Ilsa Strix, coñecida actriz porno sadomaso que no seu clube dos Anxeles presume de ser capaz de cravar máis de 300 agullas no membro de quen lle pague (sobran os comentarios).
Pero vamos a pasar da crónica rosa que temos unha peli diante. V de Vendetta é un filme correcto, sen máis. Unha historia digna de ver no cine, xa que en pantalla grande se convirte en toda unha experiencia, pero que perde bastante ó chegar ás pantallas de tv. O argumento está sacado dun comic, moi do estilo Wachowski e probablemente decepcione ós seguidores de Alan Moore, pero aínda tratándose dunha adaptación frouxa, bastante aleatoria e centrada sobre todo na anécdota de fácil reproducción cinematográfica, o filme consegue entreter e nalgún momento mesmo alucinar a base de golpes visuais e de estética neovictoriana. O principal acerto, ou erro, segundo se mire de V de Vendetta, vai ser que fuxe da profundidade e da complexidade da relación individuo-estado, e dalgunhas derivas existencialistas que puidemos apreciar noutros filmes clásicos, como Farenheit 451. O resultado é un filme onde ten máis peso o romanticismo do ideario revolucionario que as propias reflexións profundas que pode supoñer para unha colectividade o feito de ter que facer fronte ós seus gobernantes. Neste senso o realmente criticable de V é que se semella máis a filmes como “Equilibrium” que a “1984”. Eso sí tirar polo fácil sempre ten importantes beneficios en taquilla.
Máis alá desto, hai elementos na fita que merece a pena ver e moito. A ambientación de Londres, así como toda a concepción estética do filme son realmente abraiantes. A estética está lograda a partires dun bariburrilo de cousas de distintas épocas das que podemos sacar centos de referencias e coas que no filme conseguen unha unión curiosa e efectiva. Non son hai elementos de Farenheit, ou do Londres victoriano, hai alusións bastante claras a “Un mundo feliz” de Huxley e loxicamente V, o protagonista, é unha recreación da Pantasma da Ópera reconvertida en terrorista antisistema con fondos principios.
O que queda detrás desto é acción e máis acción nun filme no que as formas están en todo momento por riba do fondo. É unha pena xa que posiblemente podería dar pé a discusións fondas e mesmo a polemizar sobre os modelos de estado, sen embargo e como ven sendo costume neste tipo de cine quedámonos nun camiño do medio onde as reaccións do colectivo son as que necesita a película para chegar ó punto que interesa e en ningún momento se nos amosa como tal a revolución como tema porque os seus autores prefiren diluíla ou escudala detrás dunha historia de amor decimonónica que ten interese a outro nivel.
En canto a interpretación non hai moito que dicir xa que prima a corrección e a solvencia duns actores máis que recoñecidos como son Natalie Portman e Hugo Weaving que despois de ser “reinona” en “Priscila” se está a convertir en actor fetiche de toda macroproducción que se precie.
Como punto anecdótico sinalar que uns meses atrás da estrea do filme, nun programa do Canal de Historia, “los más” (programa de rankings”) fíxose un especial sobre conspiradores no que se mencionou a figura de Guy Fawkes, un home que en 1605 planeou facer estalar o edificio do Parlamento británico. Este feito será un dos detonantes de V de Vendetta xa que tanto o rostro do enmascarado como os seus plans serán idénticos ós de Fawkes, voar o parlamento e facer saltar unha revolución que cuestione o sistema de goberno vixente.

Nota: 6

Web oficial

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009