Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 22 de Setembro de 2006

Delirios

Unha historia de sexos débiles.



O pasado mércores estreouse a gran aposta de Antena 3 para competir en franxa de Prime Time: Ellas y el sexo débil. Cada un, e máis A3, que é unha canle privada, fai cos seus cartos o que lle peta e se o que queren e esto pois alá eles. O certo é que o mércores é un dos días de máis competencia da semana e un dos días nos que se xoga moi duro. Na Primeira podemos ver a 3ª Tempada de Perdidos, que ten considerable número de adeptos pero non moi bos resultados de audiencia en aberto. A Galega ten a xa consagrada "Pratos Combinados" que pese a perder audiencia é un valor seguro. Cuatro meteu o xa comentado reality Supermodelo 2006. E contra todo esto pretendía chegar Ana Obregón, a superstar, e arrasar con todo. Por se non fora suficiente Tele 5 decidiu cambiar dos martes ós mércores os episodios da nova tempada de Hospital Central, e arrasou. Así foi que entre uns e outros a aposta da Señora Bióloga e de A3 se quedou nun mediocre 16,1% de cota de pantalla que fai presaxiar a primeira ostia de grandes proporcións desta tempada 2006-2007.
De pouco lles serviu ós de A3 a campaña descomunal que fixeron en favor da serie, anunciandoa en tódolos informativos, vallas publicitarias, etc. E non lles sirve porque a estas alturas vendose o que se ve nas teles no referente a formatos de ficción Ana Obregón e as súas ideas de bombeiro parecen parte dun modelo xa obsoleto digno dunha España que morreu no 78.
É certo que Ana Obregón tivo un grande éxito con "Ana y los 7" pero analizando as tendencias da audiencia ata me atrevo a dicir que se tratou dun éxito dubidoso. Primeiro porque o bo arranque de "Ana y los 7" foi gracias ó exito rotundo de "Operación Triunfo" na súa primeira edición o que arrastrou á audiencia cara a serie de Ana Obregón (por non esquecer que un dos reclamos da serie era que Ana Obregón era bailarina de streptease). Por outra banda o éxito de OT provocou a caída de "Periodistas" e para sumar máis audiencia, "El Peliculón" de A3 sempre andaba por aquela época nunhas cifras modestas. Ante este panorama "Ana y los 7" tivo tempadas de esplendor de audiencia pero que foron minguando a partires da consolidación de C.S.I.
Pero xa se sabe que a lóxica non sempre funciona e menos en televisión, e o mércores non nos cansamos de ver a Ana Obregón para enterarnos de que ía o rollo. Na rolda de prensa a "Creadora" comezou o seu discurso dicindo que era "unha serie de mulleres" e divagacións varias, que si o papel da muller na sociedade, a valía da muller...,"Queremos darle una vuelta al tratamiento aportándole ironía, mucho humor y un estilo muy personal". Non dá para ser crible pero de momento cola. Para rematar dicindo que hai personaxes xóvenes, personaxes maduros e que se trata dunha serie para "toda a familia". Tendo en conta o que se entende por "toda a familia" esto xa mete medo.
E en efecto, o resultado é o que se agardaba, unha pretendida comdia blanca que non ten gracia e que desborda ñoñería por onde pasa. En primeiro lugar o título de "Ellas y el sexo débil" é unha forma de dicir "Ana y el resto de los paletos" no que supón un novo exercicio de egocentrismo dunha actriz mediocre que pretende eliminar a calquera que lle poida facer sombra para non evidenciar máis as súas carencias. A serie en sí segue a ter ese tono de bodevil cutre que chega a dotar de profundidade a outras obras con tono marcadamente naif. E Ana, Ana e Ana, sempre Ana, unha secuencia tras outra, o ritmo axil da serie consiste basicamente en meter a Ana Obregón en distintas localizacións e con distinta roupa porque ante todo ela é a protagonista. Cada unha das súas palabras dentro da serie son tomadas como dogmas de fe por outras personaxes que teñen como único matiz un elevado índice de retraso mental. E os nenos que como marca de estilo deste tipo de productos deixan de ser nenos para, con perdón, estar totalmente amariconados e sen nin o máis mínimo síntoma de maldade ou da curiosidade que os soe caracterizar (non confundamos inocencia con estupidez). Todo esto aderezado con Ana, outra vez, e outra, que esta vez é Presidenta do Goberno e que escribe no seu diario o que lle pasa e logo toma un algo coas súas amigas e se vai de compras e sería digna das páxinas centrais do Vogue como algunhas homónimas reais. En resumidas contas, unha serie que convirte a "Candy, Candy" en pornográfica.
O caso é que se esteou e a audiencia foi triste. O que non se agardaba era a reacción que hoxe lemos no xornal Galicia Hoxe. Ana Obregón arremetía directamente contra Hospital Central dicindo cousas como "A quen lle interesan as vísceras e o sangue..." ou acusando a T5 de facer contraprogramación para que a xente non puidese engancharse á súa nova serie.
A estas alturas xa non sei que é máis delirante, se a propia serie ou as declaracións da súa creadora pretendendo que se lle deixe o paso libre para que ela faga o seu negocio. A min faime coña porque me recorda a Yola Berrocal dicindo que se presenta como alcaldesa de Marbella, no fondo os dous comportementos teñen tal compoñente de surrealismo que parecen sacados dalgún gag de Faemino y Cansado.
Pensar que nun mundo onde tes que competir con produccións monstruosas como House, Anatomía de Grey, Mujeres Desesperadas, ou mesmo CSI poidas conseguir audiencia facendo teatro francés do XVII e aínda enriba do malo non só é un exercicio de inocencia senón que borda a estupidez. Afortunadamente o público ten cada vez acceso a máis cousas e pese a estar en moitos aspectos atrasado con respecto á programación doutros países comeza a distinguir un pouco o saber facer dos profesionais que fan determinados productos.
A pena é que no 2006 sigan existindo apostas que significan un paso atrás de 40 anos na producción televisiva cando deberíamos estar máis preocupados en modernizarnos que en rescatar modelos obsoletos. Cando menos series como Hospital Central, esa das visceras tan desagradable, e que pode gustar máis ou menos, é unha serie que tanto no seu fondo como na súa forma se axusta ós tempos e compite con outras de mellor factura aínda tendo o condicionante de contar cun orzamento infinitamente menor. Sen embargo parece que o que nos temos que tragar é unha visión elitista, desfasada e con marcada personalidade de Tele Tubbie que é a que se amosa en "Ellas y el sexo debil" igual que xa se fixo antes en "Ana y los 7".
En fin, contra os delirios, cura de humildade.

Deixo o comentario de La voz de Galicia que está bastante ben.

Por: Fagot | Televisión | Comentarios (5) | Referencias (0)

Comentarios

Ja,ja,ja. Moi bo post, encantoume.

A ver cando fai unha reseña (se non a fixo xa, logo miro o historial, a ver) da grandiosa serie da BBC, e emitida pola TVG, "A miña vida en películas".

TeRMi | 23-09-2006 05:00:18

Pois a verdade é que me gustaría vela máis veces porque é unha serie un chisco máis complexa que a de Ana Obregón.
Ata o momento vin só un episodio no que unha das personaxes sacaba o carnet de conducir e chamoume a atención o maxistral uso da ironía coa que se mesturaban referencias a "Carros de fuego" e a "Laranxa mecánica" durante o exame. Pareceume un exercicio de humor complicadísimo xa que sin ningún chiste nin ningún gag fixeron unha secuencia divertidísima.
Se lle gustan ese tipo de series eu recomendo "The Office" que creo que agora emite Cuatro e seguro que nalgún momento tamén da para un post.

Fagot | 23-09-2006 15:03:35

Eu creo que un debería coñecer ben a spelículas das que se fai referencia/parodia nos capítulos é graciosa, fágame caso.
A maior parte das gracias saen da inqueda e, a veces,neurótica mente do protagonista.
Fareille caso á súa recomendación.
E por favor, tutéeme.
;)

TeRMi | 24-09-2006 09:48:35

erro: "que se fai referencia/parodia nos capítulos(. Así a serie) é graciosa"

TeRMi | 24-09-2006 09:50:13

A ver que pasa coa nova programación da galega e a ver se poñen máis episodios porque de momento as únicas referencias a ficción extranxeira son "Maridos e mulleres" e "Os novos". Así que me temo que haberá que mirar de conseguir "A miña vida en peliculas" por outras canles.

Pd: O de tutear ten que ser recíproco :)

Fagot | 24-09-2006 14:46:27

Comentar


Recordar datos