Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Sábado, 23 de Setembro de 2006

"Lavado de cara"

Unha historia da TVG. Parte II

Cal é mellor?





Este luns é unha desas datas clave para a televisión galega, así o constatan: La voz de Galicia, Galicia Hoxe, O Xornal ou O correo Galego. E é que onte os responsables do ente público anunciaron para este luns o cambio total e efectivo da imaxe da “TVG” que pasa a denominarse “A Galega”. Novo logo, novos platós, novos coches, novas alcachofas, todo novo menos os programas. O certo é que onte foi o día do anuncio do “cambio”. “Mira... e verás” reza o novo lema. Presentaron a nova imaxe, Xesús Iglesias, director do ente, que a modo de anécdota temos que comentar que en tódolos xornais o mencionan como “Xesús” cando ata hai ben pouco aparecía sempre como “Suso”. En fin, curiosidades, pero non deixa de ter un punto irónico o feito de que ó tempo que se coloquializa o nome da TVG se “institucionaliza” (por dicilo dalgunha maneira) o nome de seu director. O outro protagonista foi Pastor Lorenzo, director de relacións externas da compañía, que falou da “necesidade dun cambio de imaxe” sobre o que teñen unha “grande ilusión” xa que o modelo anterior estaba “esgotado”. A verdade é que Pastor Lorenzo é un gran profesional, desde logo cada unha das súas intervencións públicas irradian control da situación, cintura para saber moverse no seu entorno e sobre todo un discurso convincente que neste caso gañaba moito máis peso pola súa obviedade. Coincidía plenamente con Lorezo, Xesús Iglesias quen asegurou que a nova imaxe supoñía un “lavado de cara” en favor dunha canle xeneralista.
Non sabemos se foi traizón do subconsciente pero a expresión, “lavado de cara”, semella completamente acertada. Primeiro porque falar de “lavado” é aludir directamente ó desentendemento de Pilatos nos tempos de convulsión relixiosa que vivimos. Segundo porque algo “lavado” é tamén algo superficial, un aclarado, algo diluído. Non sabemos se foi o subconsciente ou a mala baba pero..., expresión lapidaria que reflicte a pura verdade: “cambio” da Galega é un simple “desentendemento superficial” da antiga TVG.
Pero non nos queixemos en Galiza os cambios fanse a modiño, tardan xeracións, lembremos que estamos nun país onde hai mortos que segue votando.

A nova Imaxe.

Merece un apartado especial falar do novo logo e as novas cortinillas que comezamos a ver en emisión pero antes de nada está o nome. A TVG deixou de existir para chamarse “A Galega”. Non nos atrevemos a xulgar esta decisión. Ó certo é que pode gañar complicidade co espectador pero por outro lado ese xiro coloquial pode chegar a distar bastante do contido xeral e especialmente da imaxe de televisión para vellos de corte máis institucional que cercano.
Fora deste cambio que pode resultar máis ou menos interesante está no novo logo, a G. O logo foi creado pola empresa Rez (da que buscamos información en internet pero non a demos atopado) e foi presentado por Vicente Gómez ó que xa podemos bautizar como o “vendemotos”. Reproduzo un anaco de texto da Voz de Galicia que fala da intervención deste señor:
De hecho, la campaña de lanzamiento mantiene la intriga para transmitirle al espectador un nuevo ambiente, de color y punto de vista, a través de esta -g como la ventana que muestra la realidad y los contenidos de la compañía.”

Esto é unha ladronada. Esa G do carallo é o que fai un estudante o primeiro día que toca o Freehand na escola. Esa G probablemente apareza tal cal en calquera libro de tipografías. E esta carallada custaría, seguramente, unha pasta e non ten nin a cuarta parte de personalidade que o logo anterior.
Despois está o tema das cortinillas que roza o surrealismo. Fálase de modernizar a imaxe do ente e de darlle un aspecto máis urbano e o que se fai é meter unha G traslúcida que deixa ver unhas bateas. Estamos parvos??? Persoalmente non agardaba as cortinillas de Cuatro ou de AXN pero a imaxe que se da é a de “rios, fontes e regatos pequenos”. Sexamos un pouco coherentes, se a tele vai seguir sendo rural que sexa rural pero que non se faga un discurso que contradí tódolos feitos.
O director da Radio Galega, Virgilio Costas, dicía que a nova imaxe será “máis urbana e cosmopolita”, pois será na radio porque o máis urbano da tele debe ser o fútbol e están metidos nun pleito.


Do discurso oficial á realidade en emisión.

Igual nos estamos a pasar, igual estamos a ser excesivamente quisquillosos e impacientes pero a realidade é que o factor tempo xoga contra os intereses da TVG que non evolucionou case que nada desde o cambio de goberno, que perdeu importantes puntos de audiencia e que vive permanentemente de xustificarse polos propios erros.
Se ese cambio do que falan os responsables do ente se fai efectivo, a “grande ilusión” da que fala Pastor Lorenzo seguro que de fai extensiva á inmensa maioría dos galegos e desde aquí compartímola plenamente. Sen embargo o que vemos detrás do discurso é que mentres os altos cargos da tele falan dun cambio, na propia tele, nunha tele pública, aparece Isabel Pantoja rodeada dunha recua de señoras de idade avanzada que están completamente extasiadas ante a figura dunha muller que está sendo investigada pola fiscalía anticorrupción pero que sen embargo cubre tódalas súas necesidades cobrando dos orzamentos públicos. E francamente, contra Isabel Pantoja non teño nada, é unha artista contrastada pero agora mesmo é unha “presunta estafadora” e do mesmo xeito que non se contrata a un Ernesto Neyra cando está a ser xuzgado por malos tratos non pode facerse coa Pantoja porque esa actuación di moito máis da imaxe da canle que catro logos pintados nun coche.
Esa é a televisión que temos, a televisión dos 15 anos de Luar, programa que imos a ter que ver durante máis tempo do que vimos a Fraga.
En canto á nova programación, retorno do que había antes do verán coa incorporación de “O pequeno gran show” a serie “Maridos e mulleres”, o reality “A casa de 1906” e atención “OS NOVOS”!!!!!!! Perdóenme señores porque sei que hai moito adepto a esa serie, a min tamén me encanta pero non se pode presentar como elemento dunha nova programación dunha canle que pretende modernizarse unha serie de hai 25 anos.
Todo esto xa nolo contaron nunha gala hai un ano e xa se despreciou durante 3 meses de verán para “volver ó Rego” mentres o espectador vai facendo zapping.

A teoría conspiratoria

Xa admitín varias veces que son un paranoico, pois si, son. Digo esto porque despois dun ano vendo como evoluciona a política da “Galega” xa non me creo a incompetencia. A nosa televisión conta con grandísimos profesionais e eso afírmoo con rotundidade en calquera foro. Logo que se tarde, 9 meses!!!!, en crear unha G, a persistencia de determinados programas, a sucesión de contratos a determinadas productoras, a modernización transformada en cortinillas de pinos e eucaliptos, todo eso non pode ser un problema de incompetencia dos profesionais. O meu temor de hipocondríaco é que estamos ante un novo episodio de guerra entre socios de goberno e que se está a usar á tele para tapar batallas internas que son un segredo a voces pero que ninguén comenta porque hai pasta por medio. Unha batalla que xa vivimos e que tivo os seus puntos máis tensos coa loita polo control do CGAI e que culminou con ataques desde distintos puntos, primeiro a Manolo González, despois a Antonio Simón e que igual agora remata con máis nomes, esta vez da “Galega”, sumándose á lista de afectados. Esto é só unha teoría pero me inclino a pensar que é máis probable que o que se aproba nun despacho se deslexitima en outro que que pidas unha imaxe urbana e che planten un piorno.

Por: Fagot | Televisión | Comentarios (6) | Referencias (0)

Comentarios

as opini9ons desta página seguem a ser moi interesantes. noraboa pola constáncia e o trabalho.
só engadir que outra posível causa de mudar o nome da canle pode ser evitar a discussom "galiza/galicia", como ocorreu com a seleçom galega de futebol.

nemtele | 25-09-2006 13:56:38

Pois tes razón. A verdade é que esa escapouseme. Supoño que tamén porque o termo "a galega" estaba moi extendido e sí que hai unha xustificación para ese cambio.
Por certo que xa lin o texto que sae en Arredemo a prol da reemisión dos Novos. Hai que joderse, fixeronvos caso!!! :)
En fin, eu téñoa en dvd con tódalas dobraxes menos a galega (que hai que joderse) e a nova dobraxe non me gustou (baixeime no emule os episodios coa anterior). E co tema da reemisión tampouco quería polemizar demasiado, como dixen é unha serie que me encanta pero estamos no 2006 e xa quedou un chisco desfasada, aínda que se miramos o conxunto da programación parece que é o máis moderno que hai.

Fagot | 25-09-2006 14:06:51

¿Que che pareceu o arranque dos novos informativos? A min gustoume a nivel formal: cor, cabeceira, mesmo a estrutura de presentación (en pé para os titulares e a primeira conexión). Non é orixinal (copia bastante a Cuatro), pero, jo, que diferencia co fondo azul de antes. Outra cousa é o contido...

zerovacas | 26-09-2006 20:28:55

Pois gustoume. Coa excepción do logo, todo o que puidemos ver novo onte, platós e deseño formal dos espacios pois parece bastante atractivo. Sen embargo é o que comentaba no post, contrasta a imaxe que se quere dar co que se ensina realmente e ogalla se produza unha melloría xeral pero o certo é que o tempo perdido xa non hai forma de gañalo.

Fagot | 26-09-2006 22:59:41

se quitan pratos combianados xa non vale a pena sintonizala galega

mike | 28-09-2006 20:56:08

Home, digo eu que se poderán facer máis cousas a parte de Pratos Combinados, que lle poidan gustar á xente, non?

Fagot | 28-09-2006 22:56:54

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Whitney houston