Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Mércores, 27 de Setembro de 2006

Pocholo, os seus amigos e Kusturica

O alcalde de Ortigueira fai unha aparición estelar en Pocholo Ibiza 2006

Cando La Sexta comezou a emitir un programa chamado Pocholo Ibiza 06, algúns, entre os que me atopo, nos botamos as mans á cabeza. O plantexamento do programa parecíanos chabacano, innecesario e terriblemente ordinario. E é que seguir ó neto de Franco, que se ben se desentende das súas ideas non se desentende do patrimonio familiar herdado da dictadura, por tódolos antros de Ibiza facendo alarde de poderío económico e de sobredose de testosterona era algo, por dicilo dunha forma elegante, de mal gusto.
Sen embargo, e despois do que vimos de ver, temos que rectificar e agradecerlle a Pocholo e por extensión a La Sexta, a vocación de servicio público deste programa.
E é que nun dos programas tivemos o gusto de ver como Pocholo se atopaba con Antonio Campo, alcalde de Ortigueira, e vimos como as "gasta" este edil dos nosos.
O alcalde estaba un punto contento e se permitiu o luxo de alardear de cartos e de mulleres diante das cámaras de televisión sen menor pudor.
Non imos calificar o video porque se califica por si só.
O que nos gustaría dicir e que todo este tipo de actos nos producen tristeza e sobre todo moito pesimismo. Hai uns días cargábamos contra a Galega pola súa modernización aparente e sen embargo non deixa de ser un reflexo dunha realidade social máis dura e na que todos temos algo que ver.
A realidade galega, a imaxe que os galegos exportamos ó mundo é a de políticos seguidos por escoltas con gaita e empanada, a de alcaldes acusados de acoso sexual que seguen exercendo o seu cargo respaldados pola poboación, a de homes que mallan nos cans e que seguen a ter o apoio dos veciños ou a que vimos na Poboa de Trives cando un alcalde por medio da garda civil era quen de proibir unha proxección privada de Hai que botalos.
Esto é triste. E a min lémbrame directamente ós filmes de Kusturica. Vemos a Kusturica falar da realidade de Serbia ou de Bosnia e ensinarnos a galería de frikis, maleantes, narcos e xitanos, e como intelectuais elitistas todopoderosos rimos a cachón deses entornos desfavorecidos desde a nosa posición de 1º mundo. Sen embargo, a nosa realidade non deixa de ser a mesma, sen guerra, pero rodeados de especuladores, cocainómanos, politicos corruptos e mafiosos ante unha poboación que ve, cala e consinte.
A pena é que Kusturica non é galego, ou que non hai ninguén por aquí que se lle asemelle porque se se fixera un filme no que un hortera de pelo en peito rodeado de cadeas douradas esnifa unha raia dentro dun crucifixo mentres escoita unha canción tecno titulada "Pitbull", poderíamos dicir que se está a retratar a realidade galega.

Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009