Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Sábado, 30 de Setembro de 2006
O autor do artigo "El pesebre de Nunca Máis" publicado en ABC, no que se denunciaba o trato de favor recibido por profesionais galegos do audiovisual por parte do novo goberno, é colaborador dun programa da Televisión de Galicia.
Hai uns días o blog Quin2006 publicaba unha "lista negra" na que se acusaba a distintos profesionais do audiovisual galego de ter recibido un trato de favor por parte do goberno galego pola súa implicación en "Hai que botalos", un filme de marcado caracter político que pretendía ofrecer razóns para botar ó PP do poder.
Esa mesma nova collía peso ó ser publicada no diario ABC, onde nun artigo titulado "El pesebre de Nunca Máis" se deunciaba que nomes como Carlos Blanco, Evaristo Calvo ou Miguel de Lira entre un longo etc viron reconmensada a súa actuación en "Hai que botalos" con traballos posteriores en filmes como "Cargo" ou series como "Pepe, o inglés".
Pola nosa parte, xa nos ocupamos de demostrar que esta información era totalmente falsa, sen embargo o mellor aínda estabo por vir. E é que o autor do texto de ABC que denunciaba estes feitos, José Luis Jiménez, un xoven xornalista de ABC, é un colaborador máis ou menos habitual do programa "Hai Debate" que emite a Galega.
Sorpresa!!!!
Segundo José Luis Jimenez: "El caso más claro es el del actor Carlos Blanco, participante como monologuista en diversos actos electorales del PSOE y el BNG, e intérprete en el cortometraje «O Derradeiro», dentro de «Hai que botalos». " "El pasado 9 de junio, Blanco presentaba su nuevo programa en la TVG, «Somos unha potenzia». Este 2006, Blanco ha participado también en las películas «O partido» y «Hotel Tívoli», ambas producidas por la Televisión de Galicia y subvencionadas por la Consellería de Cultura de la Xunta. También apareció en «Cargo», otra cinta producida por el ente público autonómico."
Nos casos de "Hotel Tívoli", "O partido" e "Cargo" xa mencionamos que foron produccións que recibiron subvención da Consellería de Cultura de Pérez Varela, conselleiro do PP. Non así "Somos unha potenzia" unha das apostas da nova programación da Galega. Outra desas apostas é o programa "Hai Debate" no que participa o mesmo señor que acusa a Carlos Blanco de beneficiarse do goberno por traballar noutro programa de televisión.
O certo é que a Carlos Blanco xa o coñeciamos cando gobernaba Fraga, sen embargo a José Luis Jimenez, a verdade é que non me soa de nada. E se o buscamos na wikipedia saenos un futbolista chileno.
Quen di vostede que se está a beneficiar da política do bipartito?
A única verdade é que non hai ningún motivo para desconfiar nin nun caso nin noutro pero o certo é que é infinitamente mellor documentarse, para protexerse, antes de cuspir contra o vento porque senon o máis probable é que che vaia o lapo de volta.
Por: Fagot | Institucións | Comentarios (0) | Referencias (0)