Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 03 de Outubro de 2006

Funny Games

Cinismo para momentos de moral baixa.



Título Orixinal: Funny Games
Ano: 1996
Nacionalidade: Austria
Dirección: Michael Haneke
Guión: Michael Haneke
Interpretes: Susanne Lothar, Ulrich Mühe, Arno Frisch, Frnak Giering, Stefan Clapczynski, Doris Kunstmann
Producción: Veit Heiduschka
Producción Executiva: Veit Heiduschka
Fotografía: Jürgen Jürges
Deseño de Producción: Christoph Kanter
Son: Walter Amann
Montaxe: Andreas Prochaska
Vestiario: Lisy Christl

Sinopse:
Un matrimonio disponse a pasar uns días de vacacións nunha pequena casa xunto a un lago. Todo marcha ben ata que un xoven chama á súa porta pedindo uns ovos para unha veciña. Antes de que se dean conta, o matrimonio e o seu fillo de 10 anos veranse recluídos no salón da casa e involucrados nunha macabra aposta na que deben escoller se sairán ou non con vida desa situación.

Comentario:
Estamos en tempos de carencia de ideas e de remakes e cada mes que pasa as novas lonxe de ser esperanzadoras se volven cada vez máis decepcionantes. E é que se xa de por sí a maioría dos remakes que se fixeron ultimamente nos parecen unha auténtica ladronada, agora chega Michael Haneke, provocador experimentado, disposto a facer o que pode ser o colmo da ladronada, é dicir “revisionarse” así mesmo cun título que ten 10 anos recén cumplidos.
E así é que imos falar de Funny Games, antes de que a versión ianqui, que contará con Tim Roth e Naomi Watts (que vai acabar facendo máis remakes que películas) no papel do matrimonio, estrague completamente un filme que como bos frikis sempre nos pareceu xenial.
Funny Games é un filme cínico, xenial por momentos, macabro, con interesantes xiros de humor negro, feito exclusivamente cunha idea, provocar ó espectador. Só desde este punto de vista, o da provocación, se pode entender un filme que lle plantexa abertamente ó espectador unha aposta para decidir se os protagonistas van rematar ou non o filme con vida. E aposta aberta significa aposta aberta, non se trata de ningunha interpretación senón que unha das personaxes, igual que xa fixera Woody Allen en “Anie Hall”, fálalle directamente á cámara incitándonos a facer a nosa propia hipótese.
O que ven a continuación é unha sucesión de animaladas que che manteñen cos ollos clavados na pantalla sen saber moi ben que pode suceder no instante seguinte.
E é que Haneke fai unha exhibición de como xogar cos prexuízos, e as realidades preconcebidas herdadas de tantas horas de visionado de filmes americanos para recrearse nunha crueldade desmedida que descoloca ó espectador durante bastantes minutos do filme.
O ritmo do filme está marabillosamente levado, tan ben que o seu director se permite o luxo de “parar” a película durante uns 10 minutos e cando parece que todo vai camiño do tedio e capaz de volver a retomala para rematala cun final que despois de 90 minutos avisando se antoxaba un chisco previsible.
O mellor do filme é o descaro co que afronta a historia Haneke e como se atreve ata a ser “tramposo” diante do espectador (Aínda que nesto non imos profundizar para non destripar nada).
O peor é quizais que esa “parada” que fai Haneke cando se achega o final do filme é un chisco excesiva e é probable que máis de un se poida chegar a desenganchar. Creo que ó filme, sen resultar longo, lle sobra algún minuto.
Polo demais pouco hai que criticar, xa que tanto a interpretación como os aspectos puramente técnicos son máis que correctos. Cabe destacar nalgunhas secuencias a iluminación (da escola do leste) que acaba convertendo unha casiña de campo nun espacio completamente sórdido.
E rematar sinalando o impacto que produce o cambio de música nada máis entrar os créditos e que resumen o que é o espítitu do filme, un espíritu completamente punki.
Altamente recomendable.

Nota: 7,5

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (2) | Referencias (0)

Comentarios

Enorme película, seguramente unha das máis desacougantes que vin na miña vida. E iso que eu non teño unha casa nun lago. De feito, o pasado ano estiven en Austria, nun lago moi semellante ao da peli, e vin casiñas e familias que poderían ser as protagonistas. Daba arrepíos pensar no que ían sufrir. Haneke é un auténtico cabronazo, sobre todo se es un burgués centroeuropeo (ou francés)

zerovacas | 03-10-2006 10:32:12

Si, si, o tipo é un experto en maltratar ás súas personaxes e ese punto cabrón sempre resulta interesante.
Aínda que ó final sigue sendo un director deses crucificados polos tópicos de que ou che apaixona ou o detestas cousa que non creo que sexa certa porque personalmente ten pelis que me gustan e outras que me dan bastante igual. Esta é a miña favorita pero estiven a ler algúns blogs nos que botan merda contra este filme a máis non poder.

Fagot | 03-10-2006 13:17:06

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Diario