Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Mércores, 04 de Outubro de 2006

Alatriste

Hala que coñazo.



Título Orixinal: Alatriste
Ano: 2006
Nacionalidade: España, Francia, EE.UU.
Dirección: Agustín Díaz Yanes
Guión: Agustín Díaz Yanes, baseada na novela “Las aventuras del capitán Alatriste” de Arturo Pérez Reverte.
Interpretes: Viggo Mortensen (Alatriste), Elena Anaya (Angélica de Alquézar), Javier Cámara (Conde Duque de Olivares), Jesús Castejón (Luis de Alquézar), Antonio Dechent (Garrote), Juan Echanove (Francisco de Quevedo), Eduard Fernández (Copons), Francesc Garrido (Saldaña), Ariadna Gil (María de Castro), Enrico Lo Verso (Malatesta), Cristina Marcos (Joyera), Eduardo Noriega (Duque de Guadalmedina), Blanca Portillo (Bocanegra), Unax Ugalde (Íñigo Balboa), Luis Zahera (Pereira).
Producción: Antonio Cardenal, Álvaro Agustín.
Producción Executiva: Belén Atienza, Íñigo Marco
Fotografía: Paco Femenía
Dirección Artística: Benjamín Fernández
Música: Roque Baños
Son: Pierre Gamet
Montaxe: Pepe Salcedo
Vestiario: Francesca Sartori

Sinopse:
O capitán Alatriste é un membro dun tercio español destinado en Flandes que despois de ver como van caendo os seus compañeiros regresa a España para comprobar a decadencia do seu imperio. Sen a penas cartos e sobrevivindo gracias á mestría da súa espada, Alatriste terá que instruir ó xoven fillo dun compañeiro caído ó tempo que se ve involucrado en distintas conspiracións para facerse co goberno.

Comentario:
Dí unha máxima non escrita, que cando te gastas 20 millóns de euros tes que mirar con lupa en que os gastas. Eu comparto plenamente esta máxima, sen embargo está claro que neste mundo hai outro tipo de perspectivas e de puntos de vista.
Xa no lo avisaran, por activa, por pasiva, pero nada, somos cabezóns e tiñamos que velo cos nosos propios ollos. E vímolo, cando menos parcialmente porque houbo algún instante no que nos venceu o sono e pechamos os ollos, que para seguir esta cousa ben chegan os oídos.
“Alatriste” é un filme ó que só se lle pode aplicar un calificativo: decepcionante. Un proxecto cheo de pretensións, con clara vocación de producción nacional en favor dun cine patrio que rabuñe espectadores ós colosos e curiosamente distribuído polo 20th Century Fox disposta a levarse a súa pasta e tamén a dos mercados “locais”.
De feito esto é o máis interesante da película, o proxecto. “Alatriste” nace como a gran superproducción española. Está dirixida por Díaz Yanes, director que mira ó mercado internacional en tódalas súas produccións e que se caracteriza por facer cine “apátrida” dese que chaman “universal”. Rodada en varios países e con coproducción francesa e americana. Conta cun actor de primeiro nivel internacional: Viggo Mortensen. Baseada nun bestseller do rei dos superventas da literatura española: Arturo Pérez Reverte. Co maior orzamento que se viu nunca nun filme español. Distribuída pola Fox. Apoiada por Tele 5 e por tódalas institucións existentes e igual por algunha que se está por crear. E un obxetivo claro: amosar que o cine español é quen de facer unha gran producción destinada a que o espectador acuda ás salas en masa e que esto pode ser rendible para a industria. Resultado: Cagada.
E é que “Alatriste” non pode compararse a nivel técnico nin orzamentario con ningunha producción das que se poderían considerar da súa “competencia”. En primeiro lugar porque por moito que se empeñe, Díaz Yanes non sabe dirixir acción. Esto provoca que os supostos momentos de intensidade do filme sexan directamente cutres. Esta eiva é un lastre que transcorre ó longo dos interminables 140 minutos que dura o filme e provoca unha sensación de indiferencia sobre secuencias de loita que chegan a parecer intrascendentes e das que nin sequera se pode chegar a distinguir quenes son os bos e quen os malos.
Pese a esto, e pese a que ó espectador medio lle poida chegar a “colar” unha realización paupérrima, o que non lle cola, o máis lamentable e sen dúbida o máis ferinte deste proxecto é que falla escandalosamente na súa base: o guión.
Cando cometes a ousadía de enfrontarte, ou de pretender enfrontarte a Hollywood, é obvio que contas cunha desventaxa económica, que eles contan con tódolos medios do mundo, que contan cun mercado creado por eles, cun star system que eles mesmos inventaron, que contan cun público fiel, e así un longo etc. Só hai un campo que tódolos cartos do mundo non poden mercar, e esas son as ideas. Xa se sabe que en materia de producción tes a batalla perdida en tódalas frontes, sen embargo falar de guión é falar de igualdade de condicións aquí, en Nova Yorke e na China. Pero este plantexamento lóxico non se ten en conta en “Alatriste” onde o guión resultante é unha recopilación de anécdotas sen dirección no que hai máis preocupación de meter, como morcillas, a distintas personaxes históricas e alusións a feitos concretos que a narrar unha historia coa que nos poidamos enganchar.
Por dicilo dun xeito simple, “Alatriste” non ten historia. É a continua exaltación dunha personaxe nun determinado contexto histórico sen que saibamos cara onde camiña nin que obxetivos persegue. A definición de “trama” como tal, non existe nesta película, a personaxe vaga dun lugar a outro, dunha batalla a outra, case de xeito pasivo mentres o filme se centra en todo momento en resaltar as súas cualidades sen contarnos nada máis concreto. As personaxes secundarias forman parte deste patrón. Non teñen vida propia, a súa única labor é a continúa caracterización de Alatriste por medio da interactuación. Mesmo a fallida historia de amor na que se mete Unax Ugalde perde e gaña peso na medida en que se fai necesario retirar a Alatriste da pantalla.
Como non podía ser doutro xeito esto remata provocando aburrimento. O filme é tremendamente aburrido. Arrancamos en Flandes, o tipo volve a Madrid, despois comeza a guerra con Francia, despois volta a empezar e en ningún momento sabes cal é o fin último, cal é o santo grial que hai que atopar para rematar a peli, nin o sabe o espectador, nin o sabe o director que simplemente se dedica a facer o que pode dirixindo unha película na que non hai historia.
Mención á marxe merecen as tristes aparicións ou mencións a personaxes da época como Quevedo, ou Lope de Vega. As súas aportacións ó filme son puro atrezzo que ademais contan co condicionante de parecer sacado dun manual de tópicos deses que usan os mestres para facer interesantes as súas clases en 1º de B.U.P.
En resumidas contas é un filme que non se sostén por ningures, nin sequera coas interpretacións algunhas delas realmente patéticas, como a de Javier Cámara. Aínda así, neste apartado podemos destacar a Blanca Portillo que está moi ben no papel de Bocanegra, e facer tamén referencia á correcta intervención de Luis Zahera, algo histriónico nalgunha secuencia pero que resolve con solvencia o seu papel.
O máis triste de todo esto, é que despois da monumental inversión que se fixo, agora non se pode falar mal da película e desde tódalas frontes se lanzan loubanzas a un filme que é unha merda pero que publicamente non se pode recoñecer o que xa todo o mundo sabe na rúa e así lles vai na taquilla. Mesmo a Academia española preseleccionou o filme como posible candidato ó Oscar, igual coa intención de relanzalo comercialmente, aínda que tiveron a deferencia de rematar mandando a peli de Almodóvar, que este sen tanta pasta fai cine de verdade.
Agora o único punto curioso-morboso que nos queda e que nos gustaría ver algún día, é ler un deses fantásticos artigos do Semanal onde Pérez Reverte faga algunha das súas exhibicións de lucidez e edonismo comentando que lle pareceu a adaptación da súa novela. Seguro que a súa opinión é para enmarcar.

Nota: 3

Web oficial

Por: Fagot | Filmes | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Formula 1