Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Mércores, 04 de Outubro de 2006

Manolo Gómez comparece ante os medios por primeira vez despois da súa demisión como Presidente da Academia.

Técnicos e Clúster do Audiovisual celebran reunións paralelas co fin de decidri o futuro inmediato do filme "Os mortos van depresa".

Onte era unha desas datas clave na intensa historia do filme “Os mortos van depresa”, a primeira aposta de Dygra polo cine de ficción convencional e que leva desde hai uns días paralizada por problemas de fondos. E é que onte tiveron lugar dúas reunións, máis ou menos a un tempo que podían decidir o futuro inmediato do filme.
Por un lado reuníronse os actores e o equipo técnico do filme para decidir cales ían ser os seus parámetros de actuación. Hai uns días chegaron a afirmar publicamente que estaban dispostos a denunciar a Dygra pola paralización da rodaxe.
Na outra reunión, celebrada no Clúster do audiovisual, Ángel de la Cruz reuníase con productoras e representantes da TVG.
O resultado das reunións pódese calificar de satisfactorio “a medias”. Por unha banda os “técnicos” nomeaban un comité de 6 persoas destinado a facer un seguemento do caso e que servirán de interlocutores do colectivo de afectados pola paralización da rodaxe para solucionar os posibles flecos económicos que poidan ter coa productora. Así mesmo, descartaron emprender accións legais contra Dygra, cando menos nestes momentos, ó tempo que se posicionaron en favor dun esforzo colectivo para que o proxecto poida seguir adiante. O mesmo tempo demandaron que ese compromiso se faga extensivo a productoras, membros do Clúster e Academia Galega, ós que lles piden que tomen unha posición definida no asunto.
A de area veu por parte da reunión celebrada no Clúster. Neste caso prima o mutismo e a pouca concreción dos datos que se fan públicos. Por un lado é un segredo a voces que varias productoras se ofreceron para continuar coa rodaxe sen que os nomes se fixeran públicos e sen que exista ningún tipo de resposta. Tamén é sabido que a propia televisión de Galiza fixo unha oferta polos dereitos de emisión do filme que supera a cantidade habitual pagada polo ente público por este tipo de productos. A reunión do Clúster segue a alimentar as incognitas xeradas ata o momento. O único dato que se fixo público é que se vai facer un estudio de viabilidade do proxecto e que podería retomarse a súa rodaxe en 2007.
O que é unha realidade é que a paralización da rodaxe pode seguir a ocasionar perdas e que esta paralización se se fai efectiva ata o 2007 vai ter como consecuencia principal un encarecemento do producto e ata o momento non hai quen asuma, cando menos oficialmente, eses custos. Pensemos por exemplo en todo o material filmado dos 5 días de rodaxe, servirá ese material dentro de cinco ou seis meses? Ou haberá que volver a rodar eso? O certo é que esa parada obrigada vai xogar cada vez máis en contra de Dygra xa que vai ter que rebaixar e moito as súas pretensións para que outra productora se faga cargo da película. Así non é de estrañar que para unha empresa, ou varias, que sexan relativamente solventes, este proxecto poida converterse nun gran negocio, xa que a efectos prácticos “os mortos” é un proxecto completamente armado, preproducido e subvencionado que ademais conta cunha oferta en firme da televisión polos dereitos de emisión e condicionado polas urxencias dunha empresa, Dygra, de sacalo adiante.
Outros dos puntos que pode ser clave e que non se mencionou ata o momento é que Dygra non é unha empresa coproductora. Ata o momento Dygra sempre produciu os seus propios productos e esa negativa á coproducción de Dygra pode rematar, neste caso, brindando en bandexa a película completa á productora que mellor xogue as súas bazas.
Neste senso, esta mañá se produciu a esperada comparecencia de Manolo Gómez ante os medios de comunicación. Gómez, deixara de facer declaracións o día en que dimitiu como presidente da Academia por atoparse visiblemente afectado. Na súa comparecencia de hoxe, Gómez, explicou os motivos que o levaron a tomar a decisión de paralizar a rodaxe do filme e aportou poucas novidades con respecto ás súas declaracións do día da paralización. Manolo Gómez explicou que a carencia de fondos foi debida ó incumprimento dos prazos nos que se ían realizar inversións para a rodaxe do filme feito que o obrigou a deter a rodaxe ante a falta de liquidez. Así mesmo a principal novidade foi que por primeira vez deu cifras concretas das pérdidas ocasionadas pola paralización do filme. Ata o momento os custes da rodaxe supuxeronlle a Dygra un gasto dalgo máis de 200 mil euros. Por outra banda, calcúlase que os gastos derivados da paralización poden ascender a outros 200 mil máis. En total “os mortos” acumula xa unha perdas de case que medio millón de euros que terá que ser asumido pola productora.
Por outra banda, Manolo Gómez non quixo entrar en profundidade na súa decisión de abandonar a Presidencia da Academia Galega do Audiovisual e aclarou simplemente que se trata dunha entidade que representa a todo o sector e que non quería “formar parte de ningunha polémica” ó mesmo tempo indicou que el non terá que esconderse nunca “detrás das saias de ninguén”.
Fora desto, Manolo Gómez quixo limpar a imaxe da súa empresa loubando a profesionalidade de Dygra, lembrando que rematarán o ano cunha plantilla de 150 traballadores e que ademais da rodaxe dos “mortos” Dygra ten actualmente dous proxectos máis como son “Espíritu del bosque” e “Noche de paz” e remarcou que a paralización da rodaxe de “Os mortos van depresa” é so un aprazamento e que confía en que o proxecto saia adiante “con ou sen el”.

Por: Fagot | Cinema | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Horoscopo de hoy