Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 05 de Outubro de 2006

Vieiros da Escola analiza a "telerrealidade"



A profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, Patricia Digón, analizou este tipo de programas co fin de amosar ós nenos que todo o que ven non é certo polo simple feito de saír na televición.

Información de Vieiros:

A quinta edición de Vieiros da Escola, logo de que Nova Escola Galega se puxese á fronte deste especial de Vieiros, trata o tema dos programas de máxima actualidade e, nalgúns casos, audiencia, das televisións. Falamos de Gran Hermano, Operación Triunfo e Supervivientes, entre outros, pertencen a este grupo de emisións audiovisuais baseadas na interacción de persoas descoñecidas ata o momento de celebrarse o concurso en cuestión.
Segundo a profesora Digón, estes programas son feitos unha vez que os produtores escollen as persoas cos patróns sociais máis exóticos e diferentes entre sí para que os conflitos e as disensións sexan constantes e iso aporte "vida" ao programa. Pero os nenos e nenas han de saber que esa vida non é real, senón que pertence a unha situación creada para e pola televisión e que hai que miralo como tal.
Este tipo de emisión ou "realitys" naceu a principios dos anos 70 nas televisións norteamericanas co obxectivo de pór en valor aqueles aspectos sociais máis anodinos ou carentes de trascendecia deixando aqueles máis relevantes para outro tipo de programas. Vieiros da Escola incorpora tamén e como ven sendo habitual un apartado no que os e as cativas poden afondar máis naquelas producións que superan os estándares que vimos de relatar como son The swan ou The Bachelor, entre outros.
____________________________________________________________

Sobre roles e anulación da vontade

A estas alturas, e vendo o forte calado que teñen na nosa sociedade certos contidos televisivos era xa unha necesidade de primeiro orde facer unha analise dos mesmos e intentar mudar ou cando menos ofrecer outro punto de vista ó sector máis feble da poboación, os nenos (aínda que non estaría de máis instruir tamén ós seus pais).
Cada ano que pasa, lonxe de minguar a expectación sobre este tipo de concursos, algo que si acontece relativamente coas audiencias, as probas e castings deste tipo de programas acollen a cifras escandalosas de persoas dispostas a deixarse a pel por entrar no mundo televisivo.
O reclamo do diñeiro fácil e da fama, aínda que sexa efímera, ten máis tirón na actual sociedade que outros valores como o traballo, a constancia ou a formación educacional que debería ser unha das máximas aspiracións de toda sociedade civilizada.
O problema é que debido á enorme cantidade de intereses que confluen neste tipo de espectáculos non se fai público o que se agocha detrás dos mesmos.
Nos programas de telerrealidade podemos distinguir varios tipos. Os de maior repercusión nos ultimos anos, aínda que con unha pequena tendencia a decaer son os que poderíamos chamar "programas de rol". Para abreviar son os do tipo "Gran Hermano". Os programas de rol funcionan como calquer obra de ficción, é dicir, non se produce unha elección máis ou menos democrática dos participantes senón que se constitúen uns roles e a partires de aí se seleccionan ás persoas en función do potencial que teñan para desempeñar ese rol. Así, un protagonista pode ser válido se se atopa un antagonista equivalente capaz de xerar conflictos que satisfagan ó público. O mesmo acontece cos criterios de expulsión ou eliminación das personaxes. Non existe a pretendida interactividade co público que se fai ver. Hai que entender que o programa non persegue un gañador senon unha continuidade temporal. Esto significa que non hai un interese marcado por conducir ata o final ós favoritos do público senón que o que se persegue é chegar ata o final cunha equidade de forzas entre protagonistas e antagonistas que poida soster ó programa dentro e fora do plató. Neste sentido adquire unha especial significación a montaxe, ou a selección que se fai da vida dos concursantes. A dirección do programa conta con material suficiente para ensalzar ou sepultar ó concursante que lle interese e así pode manter esa equidade de roles sen aparente inxerencia pola súa parte.
Á marxe desto está o que poderíamos chamar o lado escuro deste tipo de concursos. O feito de estar aillado durante un periodo indefinido de tempo e o contraste que se produce polo baño de masas na saída inmediata constitúen en sí un momento traumático. Esto pode ser positivo ou negativo depende da solidez mental de cada un, pero ten unha finalidade clara que é a continuación da vida do concurso alén das súas fronteiras. Así as personaxes continúan xerando beneficios durante máis tempo do que dura o seu contrato.
A lectura que podemos sacar deste razonamento é que o concurso é só unha fábrica para a exprotación de roles creados artificialmente destinada a crear beneficios a corto e medio plazo a través dunha figura autónoma pero que revirte beneficios a terceiros. É dicir, o concursante convértese nun producto que soporta o contacto realidade-ficción mentres os seus "creadores" obteñen beneficios de xeito completamente pasivo.
O outro formato, máis de moda ultimamente, é o que poderíamos chamar "programas de aprendizaxe". Estes estanse a facer cunha maior acollida nos ultimos tempos xa que posúen unha mellor imaxe pública escudándose baixo a fachada de que os concursantes "aprenden algo". Son programas do estilo "Operación Triunfo" ou actualmente "Supermodelo 2006". Estes programas, relativamente novos na televisión, responden a unha necesidade de mercado de toda industria, especialmente as chamadas industrias culturais, e que consiste en sacar cada ano un número indeterminado de material funxible e de consumo rápido para aumentar o volume e a facturación da industria en cuestión. É o caso tantas veces repetido na industria musical de lanzar grupos como "New Kids on the Block", "Take that" ou "Back Street Boys" para ter un éxito rápido, efímero, e ser substituidos ós dous anos por un cromo das mesmas características.
Hai varios puntos perniciosos neste tipo de programas. O primeiro deles é que se extende a crenza de que se pode crear un profesional en 3 meses e eso é completamente mentira. Outro deses puntos perniciosos é que esta "creación" dun profesional se produce a partires da anulación da vontade do concursante que se ve reducido a un "standard" marcado polo mercado. Estes programas supoñen unha sumisión dos concursantes a determinados parámetros de mercado que son asumidos nesas "clases" ó tempo que se ensinan a futuros concursantes máis influenciados polo éxito relativo dalgún dos gañadores que de percatarse de que unha carreira artística, ou profesional de calquera sector, pusúe máis vías alternativas que as obrigatorias neste tipo de concursos. Resultoume por exemplo chamativo o caso dunha concursante da pasada edición de OT, Soraya. Esta rapaza non tiña ningunha noción de canto, sen embargo despois de varias galas foi quen de facer unha enorme interpretación de "Mein Herr" que lle poría os pelos de punta á propia Liza Minelli. Sen embargo e pese a non por en dúbida en ningún momento a súa valía ou a súa potencialidade como cantante, esta muller ven de sacar un disco arquetípico cun single verdadeiramente horripilante que só sirve para encher espazos. Ademais, a súa fama actual débea en gran medida a unha mala dicción durante a interpretación dun tema que lle valiu a outro programa de televisión para facer coñas durante os 3 meses de verán.

En resumidas contas parécenos unha necesidade esta iniciativa de Vieiros e agardamos que pouco a pouco a audiencia comece a tomar en consideración o que son estes programas realmente: puro entretemento.

Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009