Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Venres, 06 de Outubro de 2006
O festival aurousano renóvase e propón unha grande cantidade de actividades ata o vindeiro día 4 de Novembro.
Hoxe arranca un dos máis veteranos festivais de cine dos que se celebran en Galiza: o Certame audiovisual de Vilagarcía.
O festival de Vilagarcía nacía no ano 1973 como "Certame de cine afeccionado", un punto de encontro para amantes do super-8 que acudían desde tódolos puntos da nosa xeografía.
Despois de 33 edicións, o festival arranca hoxe cunha dirección renovada e cun amplo cartel de actividades co fin de revitalizar o certame e convertir a Vilagarcía nunha pequena Meca do cine galego en formato corto.
O pistoletazo de saída terá lugar esta noite no Auditorio municipal onde a partires das 21 horas se proxectará a multipremiada curta "Madres" de Mario Iglesias, gañador, por exemplo, do premio de Versión Española. Ademais do director estarán no acto de presentación a escritora Teresa Moure e a actriz Isabel Rey.
As proxeccións continúan ó día seguinte con "Pensando en Soidade" de Marcos Nine. E retomaranse o martes con "Vivir rodando" de Tom DiCillo.
Na presente edición, máis de 30 traballos optan ós premios do concurso arousán, entre eles algúns que xa contan cun importante percorrido como "Te quiero mal" de Mireia Giró, curtametraxe gañadora dun importante número de premios como por exemplo o Mestre Mateo á mellor curtametraxe na pasada edición. Tamén están en concurso "Cicatrices" de Jairo Iglesias que se estreaba recentemente, ou "Baseado en feitos que puideron ter acontecido" de Ozo que podedes ver aquí.
As curtametraxes gañadoras serán proxectadas en distintos pases unha vez finalice o concurso.
O programa do festival complétase con espectáculos de maxia e un taller de guións.
Mais información na web.
Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)