Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres, 13 de Outubro de 2006

De Profundis: Un paso máis da animación galega.

O vindeiro mércores día 18 celebrarase a preestrea dun dos filmes galegos máis agardados.



Onte celebrouse a gala de presentación do filme "De Profundis" do que se anunciou un primeiro pase para o vindeiro día 18 de Outubro no Pazo da Ópera de Coruña. Un escenario de luxo para unha aposta sen precedentes ata o momento en Galiza, unha preestrea na que a música será interpretada en directo por 120 integrantes da Orquestra Sinfónica de Galicia.
O acto de presenatación contou coa presencia, ademais dos autores da fita, da Conselleria Anxela Bugallo así como con Pastor Lorenzo en representación da TVG. Ambos destacaron a aposta que supón o filme en favor da cultura e da modernidade.
E é que o filme, producido por Continental, a TVG, TVE e coa colaboración da Xunta de Galicia e Cabreiroá entre outras entidades é cando menos singular.
Trátase dunha historia contada sen diálogos a partires dos máis de 15 mil debuxos que o seu autor, Miguelanxo Prado, realizou para a ocasión. Pola súa banda, o ritmo e as inflexións do filme serán contadas a partires da música composta por Nani García e interpretadas pola Orquestra Sinfónica de Galicia. Á súa vez, o filme contará cunha colaboración de excepción a da soprano Ainhoa Arteta que xunto a Carmen Rey interpretarán o tema principal a partires dun poema de Eva Veiga. Xunto a elas, as únicas voces coas que contará o filme serán as do coro Cantábile que interpretarán pequenos textos acompañando á música.
De Profundis é un proxecto terriblemente arriscado. Unha aposta polo preciosismo e pola estética visual sen ningún precedente na animación galega, nin na española. Por dicilo dunha maneira sinxela, ben podería calificarse de "animación de autor" algo ó que se refería o propio Miguelanxo Prado cando aseguraba: "cando se fai unha longametraxe de animación hai demasiadas cousas que se pactan, queriamos ir cara ao outro lado".
De feito, este "ir cara ao outro lado" é algo completamente literal. Pensemos por exemplo que un filme de animación convencional conta cuns 700 mil fotogramas aproximadamente. Se temos en conta que "De profundis" se fixo a partires deses 15 mil debuxos, o resultado, como podemos ver nos avances do filme, é un producto máis próximo ó Diaporama que ó cinema convencional. Esto tradúcese nun gusto pola realidade contemplativa e unha forma de narrar a partires do estatismo que é moi complicado de ver no cinema actual. De feito o referente máis claro dunha narración destas carácterísticas semella "La Jetee" de Chris Marker, sen embargo "De profundis" conta co handicap de tratarse dunha obra de 80 minutos de duración.
A mala noticia é que aínda teremos que agardar uns meses para poder vela en salas comerciais xa que de momento a estrea nos cines está prevista para xaneiro do ano próximo. Antes da súa estrea, e como anunciaba o seu productor, Pancho Casal, o filme ten previsto viaxar a Berlín para a súa posta de largo no festival ó tempo que participará no mercado internacional de animación que se celebra na capital alemana.
Dicir tamén que a obra está baseada nos textos do escritor portugués Cardoso Pires do cal se acaba de publicar a súa obra por primeira vez en España gracias á editorial catalana Libros del Asteroide.
Paralelamente á rodaxe de De Profundis, a realizadora Sandra Sánchez dirixiu o documental "Soños desde o abismo" no que se conta a estreita colaboración entre Miguelanxo Prado e o músico Nani García durante o proceso de elaboración do filme, así como o longo proceso de creación dos debuxos e da concepción estética dos óleos que ilustran o filme. Segundo a productora, o documental, dirixido ás televisións, poderase ver nos días previos á estrea oficial do filme.

Por: Fagot | Cinema | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos