Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Sábado, 14 de Outubro de 2006

Morre Gillo Pontecorvo ós 87 anos.

Infromación de La Voz de Galicia:

O director italiano Gillo Pontecorvo, falecido na madrugada do xoves en Roma aos 87 anos, pasará á historia do cine como o autor da batalla de Alxer . Foi un mítico e controvertida alegación contra o colonialismo coroado en 1966 co León de Ouro en Venecia e prohibido en Francia durante décadas.
A transcendencia desta película deixou nun segundo plano o resto da obra de Pontecorvo, un dos máximos representantes do cine político e para algúns o director italiano máis influente tras a segunda guerra mundial. Pontecorvo pechou a súa carreira con Operación Ogro , unha recreación do atentado de ETA que matou a Carrero Blanco en 1973.
Comprometido coa resistencia italiana, moi marcado pola guerra de Alxeria, Gillo Pontecorvo quixo pronto facer unha película sobre o conflito, pero non o logrou ata tres anos despois do final das hostilidades, cando Saadi Yacef, ex comandante das tropas alxerinas, propúxolle a idea dunha película baseada nos seus propios recordos dos combates.

Resultado realista

Rodada cunha gran maioría de actores non profesionais, A batalla de Alxer trata da loita polo control da medina en 1958 entre os paracaidistas franceses e os resistentes do FLN, coas torturas ao carón e os cegos atentados ao outro. O guión, inspirado por Saadi Yacef, que se interpreta a si mesmo na cinta, foi confiado a Franco Solinas. O resultado é tan realista que moitos espectadores pensaron que se trataba dun documental.

Por: Fagot | Cinema | Comentarios (1) | Referencias (0)

Comentarios

D.E.P. Gillo Pontecorvo, D.E.P. Almirante don Luis Carrero Blanco

catolico | 17-10-2006 14:17:49

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Loteria nacional