Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Martes, 17 de Outubro de 2006

1906: Chega o primeiro reality da Galega

Mañá mércores iniciase a emisión da "Casa de 1906" un programa no que dúas familias retrocederán no tempo para vivir como hai 100 anos.

Con nome dunha marca de cervexa e con reticencias, desde a televisión, a bautizar o programa como "reality" mañá comezarán as emisións de "A Casa de 1906" a nova aposta da Galega para o Prime Time.

Cambre versus Padrón.

Dúas familias. A familia González do Temple (Cambre), composta por 6 integrantes, e a familia Peñá de Padrón, composta por 5, convivirán durante 7 semanas en casas veciñas co condicionante de ter que vivir como hai 100 anos. Sen auga corrente nin electricidade, nin ningunha das comodidades actuais, as familias veranse obrigadas a desempeñar tarefas como traballar para conseguir o seu propio alimento, coidar do gando, etc, mentres compiten porque a audiencia os considera gañadores da estancia dunha semana nunha casa do Caribe que se ofrece como premio.
O programa, que se estrea mañá ás 21.30 horas, emitirase na galega tódolos mércores, xoves e venres a esa mesma hora.

O proxecto

"A Casa de 1906" é un programa producido por dúas das máis potentes productoras galegas, Continental e Filmanova e co apoio de Augas Cabreiroá. Desde ambas productoras coincidiron no interese deste proxecto ó confluir nel a divulgación, o entretemento e a proximidade. Os productores, Pancho Casal e Antón Reixa, destacaron a a numerosa presencia nos castings, sinalando que incluso houbo familias que se presentaron con fillos demasiado pequenos como para poder participar. O programa foi gravado no Concello coruñés de Irixoa onde as familias participantes conviviron durante as 7 semanas de gravación.
Para saber máis sobre os participantes acábase de abrir un blog onde se están a publicar entrevistas con algúns dos concursantes que contan as súas reflexións sobre as situacións vividas.

Fuxindo de "Gran Hermano"

Desde a Galega prefire evitarse o termo "reality" á hora de falar do programa pola mala imaxe que teñen este tipo de formatos como vemos nas distintas opinións manifestadas en foros de Internet como o blog Madeira de Uz. Así, non so se fixo fincapé en elementos diferenciadores con programas como "GH", como o feito de que non exista intervención de guionistas, senón que desde o ente público prefiren referirse ó programa como un "docu-show" e non como un "reality". Así quere destacarse que se trata dun "formato cultural" importado da cadea británica Channel 4 e que conta xa con varias tempadas emitidas no Reino Unido.
Por outra banda, existe un elemento diferenciador moi claro entre "A Casa de 1906" e "Gran Hermano" que é que o novo programa da Galega non é "un directo" e esto ofrece un maior control sobre os contidos, tanto por parte das productoras como da propia tv.
Fora desto e para non armarnos tacos cos nomes dos formatos, hai que dicir que os "docu-shows" son ese tipo de programas tan de moda nas illas británicas e que soíamos ver na canle People and Arts, onde alguén che tunea o coche, arranxanche o xardín, ou che decoran a casa. Mirese por onde se mire "A Casa de 1906" é un "reality" en toda regra, o primeiro da historia da Galega e cremos que un paso adiante na modernización da canle.

Moita sorte, ogalla que se trate dun deses productos de calidade que tanto demandamos.

Por: Fagot | Televisión | Comentarios (0) | Referencias (0)

Comentarios

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Wall street