Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Mércores, 18 de Outubro de 2006
Curtocircuito,O festival de curtas compostelán arrancou o pasado luns coa entrega do premio Curtocircuito na Rúa.
A curtametraxe arxentina "Medianeras" dirixida e escrita por Gustavo Taretto foi a gañadora do premio do público de Curtocircuito, o Curtocircuito na Rúa. O galardón concédese á película máis votada polo público durante as proxeccións que se celebraron en Compostela durante os meses de xullo e agosto.
O premio, un máis, na exitosa carreira de "Medianeras" serviu ademáis como punto de partida do Curtocircuito 06 que se celebra en Santiago desde o pasado luns ata o vindeiro sábado 21 de outubro.
Ademais das proxeccións dos filmes que este ano se presentan a concurso en sección oficial, o Curtocircuito conta con un amplio cartel de actividades paralelas nas que colabora a Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela.
Así desde onte e ata o próximo día 19 estase a celebrar un concurso de edición de Avid, o "Avid, Non te curtes", o gañador darase a coñecer durante a gala de clausura do festival. Á súa vez o vindeiro día 20 terá lugar un obradoiro de financiamento onde distintos profesionais do sector debatirán sobre os mecanismos para poder financiar unha curtametraxe.
Paralelamente, no Centro Galego de Arte Contemporaneo terá lugar durante os días 20 e 21 de outubro o I Mercado Internacional da Curtametraxe que se celebra en Compostela. O Mercado está destinado a servir de contacto entre productores e compradores á espera de poder servir como un punto de encontro para a compra-venda de curtametraxes.
Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)