Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com
Luns, 23 de Outubro de 2006
Xa se coñecen os gañadores do 34 Certame Audiovisual de Vilagarcía así como do Curtocircuito de Compostela.
Esta fin de semana foi unha fin de semana de premios. As cerimonias comezaban o venres en Vilagarcía coa clausura do Certame Audiovisual. O acto, amenizado coa música da banda de jazz, Mr Dizzie serviu ademáis como estrea da curtametraxe de Alex Marzoa "Temporada 92-93" na que actuaron dous dos conductores da gala, Carlos Blanco e Miguel de Lira.
Despois da estrea chegou a quenda dos premios. "O conxuro" de Pablo Millán levouse o premio Liceo Casino que se otorga ó mellor traballo arousán. Pola súa banda o premio ó realizador máis novo foi para Tomás Silberman pola súa curtametraxe "Botellón". Ozo foi o gañador do Premio Galicia, que se otroga á mellor curtametraxe en galego, con "Baseado en feitos que puideron ter acontecido". Noutra categoría, "Perpetuum mobile" de Enrique García recibiu o premio á mellor animación. Pola súa banda os premios ós mellores traballos do certame tiveron un marcado acento arxentino. O premio ó mellor audiovisual foi para "El amor a las cuatro de la tarde" de Sebastián Alfie, o segundo para "El ángel de Dorotea" de Juán Matías Loiseau, mentres que a curtametraxe producida pola Ecam e dirixida por Alauda Ruiz de Azúa, "Clases particulares" se fixo co terceiro premio do festival.
Unha vez finalizado o turno de Vilagarcía, o sábado celebrouse a clausura do Curtocircuito compostelán. Ademáis do premio a Gustavo Taretto que se levou o premio do público con "Medianeras" o realizador arxentino recolleu tamén o premio que o acredita como gañador da edición 2006 do Curtocircuito. "Valle Paraíso" de Eduardo Marín recibiu o premio á mellor animación, mentres que o premio á mellor curta documental marchou para suiza nas mans de Marcel Wyiss autor do traballo "Nach dem Fall". Outro suizo, Bart Wasen foi o gañador do premio á mellor videocreación con "Dark room".
Noutras categorías tamén resultaron premiadas: Way, do tailandés Chin Tangsakulsathaporn como mellor "micromovie" e La Génie de la Boîte de raviols, do alemán Claud Barras, mellor curta en 35 mm.
Pola súa banda, o acento galego puxérono Jairo Iglesias e Tamar Novas que coa súa curtametraxe "Claustrofobia" se levarón o premio á mellor peza de menos de 5 minutos.
Por: Fagot | Festivais e Proxeccións | Comentarios (0) | Referencias (0)