Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A peli do día

Acerca de

Todo o que queirades debatir sobre o audiovisual. Mandade os vosos comentarios, suxerencias, calificacións sobre os filmes ou o que se vos ocurra a apelidodia@gmail.com

Búsqueda

Líganos


Estadísticas

Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Créditos

Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com

Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Xoves, 26 de Outubro de 2006

A épica do suicidio

Xosé Zapata, productor executivo de IB. Cinema, anuncia a súa retirada ó tempo que carga contra as subvencións nunha entrevista en La Voz de Galicia:

(César Wonenburger | A Coruña)
O documental A casa da miña avoa , única produción galega que representará á comunidade nos próximos Premios Europeos do Cine, foi rexeitado pola TVG por non haberse rodado en galego, segundo o seu produtor, Xosé Zapata. Zapata (A Coruña, 1975), responsable da película Ou agasallo de Silvia e da curtametraxe Minotauromaquia , premiado en varios países, considera que esta decisión é o froito dunha «política audiovisual lamentable». Obtivo premios en festivais de Holanda, Chicago e Toronto, e foi preseleccionada para representar a España nos Oscar. A TV3 comprou os seus dereitos para emitilo, sen dobralo ao catalán, en horario de prime time.

-Con anterioridade, vostedes xa lograran un primeiro nomeamento para o cine galego, nos premios da Academia Europea, co seu curto «Minotauromaquia». A pesar deses logros, ¿séntense vostedes maltratados polas autoridades?

-Fai dous anos pensei en emigrar a Barcelona, agora quero abandonar o audiovisual nun par de anos, cando cumpra os meus compromisos.

-¿Recibiron axudas en Galicia para a produción do seu documental?

-Pola casa da miña avoa , a pesar de cumprir a normativa, pensei que non debía beneficiarme destas axudas á «produción en lingua galega». Pero logo de non recibir ningún apoio por Pensando en soidade , sobre a vida do pai do cine galego, José Ernesto Díaz-Noriega, ou de ver o recibido por películas feitas en inglés e rodadas fóra de aquí, como Cargo , penso que é un erro crer que as subvencións en Galicia teñen algún tipo de lóxica ou motivación cultural.

-O actual goberno, cando era oposición, criticaba a política audiovisual. Con todo, quen aplican as novas directrices son case os mesmos agora que antes. ¿tivo que cambiar todo para que todo siga igual?

-O problema do audiovisual galego é a falta de criterios de calidade. é bastante rechamante que unha película tan regular como Sempre Xonxa siga sendo unha referencia, iso quere dicir que non habemos avanzamos nada. A situación da nosa cultura audiovisual é lamentable.

-¿Parécelle lóxica a política de promoción do cine galego que leva a cabo o Consorcio do Audiovisual?

-A convocatoria de festivais publicada pola Xunta dá risa. Por representar a Galicia nos festivais de Cannes, Berlín ou San Sebastián tes un apoio de 1.000 euros, e por representarnos en Kolkota (India) obtés un apoio de 500. Iso é coma se désenlle a un deportista 1.000 euros por participar nas Olimpíadas e 500 por xogar unha pachanga no seu pobo.
____________________________________________________________

O mundo audiovisual galego ten xiros realmente curiosos. O pasado martes publicabamos unha entrevista con Manolo González na que intentamos profundizar no polémico tema da adxudicacións de axudas ó audiovisual.
Ese mesmo día facíase pública a Nominación do filme "La casa de mi abuela" ós premios do cinema europeo. Ambos feitos quizais non teñen moito que ver, no sentido en que "La casa de mi abuela" é o máximo expoñente do que se pode chamar "Cinema independente" (para que ninguén se equivoque, este é o cinema que se fai UNICAMENTE con recursos propios). Así, e dada a incompatibilidade entre os termos "independente" e "axudas públicas" deberiamos pensar que se tratan de dúas visións completamente distintas pero que conviven perfectamente na engranaxe industrial do sector. A realidade non é esa, e o caso é que hoxe, na entrevista anterior publicada por La Voz de Galicia, Xosé Zapata arremete con dureza contra a política audiovisual galega.
Realmente hai varios puntos interesantes nestas miradas opostas. O primeiro deles é que por primeira vez (que recordemos) un productor se decide a criticar publicamente o sistema de axudas. E esto é así porque en Galiza somos moi susceptibles, e facer inimigos é moi facil, e ningunha persoa ó frente dunha empresa expresa en público a súa opinión porque en caso contrario non sería de extrañar que recibise un castigo. Cando menos a eso nos acostumaron durante 16 anos os mesmos que seguen facendo listas negras, que por certo, na última delas o propio Xosé Zapata é un dos integrantes.
Ante este panorama é normal que funcione a épica do suicidio e que saian a relucir algunhas opinións cando xa non hai nada que perder. E é que as críticas ás subvencións van precedidas dun: "Fai dous anos pensei en emigrar a Barcelona, agora quero abandonar o audiovisual nun par de anos, cando cumpra os meus compromisos.".
Loxicamente, para La Voz de Galicia, o titular é a crítica ás axudas pero realmente o que deberíamos estarnos a cuestionar é o porqué de que un dos productores máis novos que tivo presencia nos Goya co "Agasallo de Silvia" e "Minotauromaquia" con dúas nominacións ós premios europeos con "Minotauromaquia" e "La casa de mi abuela" e cunha preselección ós Oscar con este mesmo filme decide retirarse e anunciao dicindo unha verdade como un templo que ninguén se atreve a recoñecer publicamente: "desde Sempre Xonxa non avanzamos nada".
Máis que as críticas ás subvencións, as cales a brevedade da entrevista fai que se traten con certa superficialidade, o anuncio de retirada é algo que debería facer recapacitar a administración sobre o modelo do sector e sobre todo sobre que empresas, que non directores, son as que viven directamente dos fondos públicos. É moi evidente que o nome de "Cargo" saia a relucir, pese a ser un filme subvencionado pola administración anterior. "Cargo" supuxo a utilización da máxima cantidade de fondos públicos galegos nunha producción foránea que nin sequera serviu para xerar traballo no noso sector máis alá da anécdótica participación de Luis Tosar, Carlos Blanco e a Orquesta Sinfónica que gravou a súa música en Londres. Paradoxicamente este tipo de actuacións por parte dunha productora non merecen o menor "cargo" en detrimento de produccións infinitamente máis honestas que sen contar con orzamentos 12 millóns de euros están cinefatograficamente falando a anos luz. Este é o caso de "La casa de mi abuela" que se estreou no Centro Cultural A Fábrica de Oleiros, sen presencia de ningún político salvo o Alcalde do municipio, sen a colaboración de ningunha Consellería, sen subvención de ninguén pero eso sí cunha nominación ós premios europeos entre outros galardóns. Por contra, "Cargo" estreouse en Palexco no Centro de Ocio da Coruña, nunha estrea patrocinada por unha das Caixas, coa presencia do Director Xeral de Comunicación, con membros tanto das Consellerías de Cultura como de Presidencia, e cuns pinchos que costaron máis que o orzamento de moitas produccións que se fan en Galiza.
Esto por non falar da participación no filme da TVG a cambio dunha dobraxe. Polo contrario "La casa de mi abuela" é un documental en valenciá, que como documental non vai ser dobrado e pese os seus premios non vai ser visto na TVG por causa do idioma. Que conste que o raseiro do idioma é moi defendible pero perde o seu sentido cando a propia televisión mete nos seus programas a personaxes como José Luís Jiménez que, á marxe de facer públicas listas negras de profesionais no xornal para o que traballa, non se digna a dicir unha palabra nun idioma que non sexa o español.
Igual son estas boas razóns para retirase. O caso é que sabendo que Xosé Zapata estivo vinculado ó BNG (non sabemos se está), traballando no audiovisual, e anunciando a súa retirada cunha Consellería nacionalista no poder, volve facer boa unha célebre frase de Martín Villa: "Agárrate que vienen los míos".

Por: Fagot | Institucións | Comentarios (1) | Referencias (0)

Comentarios

Días despois a edición web de La Voz de Galicia publicou a entrevista íntegra con Xosé Zapata:

http://www.lavozdegalicia.es/se_cultura/noticia.js...

Fagot | 02-11-2006 17:55:19

Comentar


Recordar datos

ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Exposicion madrid